Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Tiburón balea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tiburón balea
Rhincodon typus

Rango fósil:paleoceno -actualidade[1]

Tiburón balea
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Chondrichthyes
Superorde:Selachimorpha
Orde:Orectolobiformes
Familia:Rhincodontidae
J. P. Müller &Henle, 1839
Xénero:Rhincodon
Smith, 1829
Especie:R. typus
Nome binomial
Rhincodon typus
Smith, 1828
Distribución xeográfica do tiburón balea
Distribución xeográfica do tiburón balea

Distribución xeográfica do tiburón balea

Otiburón balea,[2]Rhincodon typus, é unhaespecie depeixe cartilaxinosoelasmobranquio daorde dosorectolobiformes, único membro dafamilia dosrincodóntidos (Rhincodontidae) e doxéneroRhincodon.

É opeixe máis grande do mundo, que pode excepcionalmente alcanzar os 20 m de longo e un peso de 34 t. Porén, o tamaño dos espécimes observados está en xeral comprendido entre os 4 e os 14 m de lonxitude.

Masivo, desprázase lentamente por augas cálidas e temperadas de todos os mares abertos e océanos. Desprovisto de agresividade, este tiburón é totalmente inofensivo para o home; a semellanza dabalea azul, o seu equivalente entre os mamíferos da megafauna mariña, este xigante dos mares aliméntase principalmente deplancto, é dicir, de algas e animais microscópicos que absorbe pola súa ancha boca.

Estímase que pode vivir entre 100 e 150 anos,[3] aínda que o máis vello espécime recollido tiña ao redor de 70 anos de idade.[4]

Estímase que habita na Terra desde opaleoceno, hai sesenta millóns de anos.[1]

Aínda que no hai datos precisos sobre o total da súa poboación actual, a especie considérase comovulnerábel.[5]

Taxonomía

[editar |editar a fonte]

A familia foi descrita en1839 polosmédicos ezoólogosalemánsJohannes Peter Müller eFriedrich Gustav Jakob Henle.[6] O xénero, foino en1829 polonaturalistabritánicoAndrew Smith,[7] quen, en1828, xa describira a especie.[8]

Clasificación

[editar |editar a fonte]
FamiliaRhincodontidaeMüller & Henle, 1839
  • Xénero †Palaeorhincodon
    • Palaeorhincodon daouii
    • Palaeorhincodon dartevellei
    • Palaeorhincodon wardi
    • Palaeorhincodon ypresiensis
  • XéneroRhincodonSmith, 1829

Sinónimos

[editar |editar a fonte]

Afamilia foi coñecida como a dosrinodóntidos,Rhinodontidae (e oxénero comoRhinodon), antes de1984.[9]

Ao longo do tempo, a especie foi coñecida polos seguintessinónimos:[8]

  • Micristodus punctatusGill, 1865
  • Rhicodon typusSmith, 1828 (incorrecto)
  • Rhineodon typusSmith, 1828 (incorrecto)
  • Rhiniodon typus(Smith, 1828)
  • Rhinodon pentalineatusKishinouye, 1901
  • Rhinodon typicusJ. P. Müller & Henle, 1839
  • Rhinodon typicusSmith, 1845

Nome vulgar

[editar |editar a fonte]

O primeiro exemplar identificado medía 4,6 m de lonxitude e foi capturado nas costas deTable Bay,Suráfrica, en1828. O espécime foi vendido por 6£, e o seuholotipo móstrase noMuseo de Historia Natural de París.[10]

A primeira cita científica foi dada ao ano seguinte porAndrew Smith, un médico militar do exército británico, ed naturtalista, que se encontraba destacado naCidade do Cabo. En1849 publicou unha descrición máis detallada da especie, á que denominouRhinodon typicus (despois coñecida comoRhinodon typus, e hoxe comoRhincodon typus).

Déuselle o nome vulgaringlés dewhale shark (tiburón balea) debido áfisioloxía do peixe, xa que se trata dun tiburón pero ten un tamaño comparábel ao dunhabalea e ademais, como estas, aliméntase deplancto. Na relixiónvietnamita venérase como unhadeidade, e denomínase "Ca Ong", que significa literalmente "Señor Peixe".

Características

[editar |editar a fonte]
Tiburón balea noGeorgia Aquarium (Atlanta,Xeorxia). Compárese o tamaño co dos espectadores.

Morfoloxía xeral

[editar |editar a fonte]

O corpo do tiburón balea é hidrodinámico, alongado e robusto, e presenta varios resaltes lonxitudinais na cabeza e no dorso. A cabeza é ancha e aplanada, e aos lados sitúanse os pequenos ollos, sen pálpebras, detrás dos cales están situados osespiráculos. A súa enorme boca pode chegar a medir até os 2 m de ancho, o que lle permite filtrar 2.000 t de auga por hora. A boca presenta gran número de minúsculos dentes dispostos en 300 fileiras en cada mandíbula.[11][12].

Os cinco pares defendeduras branquiais, moi longas, ademais de para a súafunción respiratoria, serven para filtrar a auga para separar o alimento antes da súa deglutición.

Tamaño

[editar |editar a fonte]

O tamaño dos tiburóns balea foi obxecto dunha serie de afirmacións máis ou menos xustificadas. Observacións feitas noocéano Índico revelaron que o seu tamaño oscilaba case sempre entre os 4 e os 14 m (95 % das observacións), cun máximo de observacións entre os 5,50 e os 10 m (71 % dos casos).[4] Pode alcanzar, por tanto, unha lonxitude máxima da orde dos 14 m, e mesmo un tamaño máximo de 20 m, e un peso de ao redor das 34 t (que foi rexistrado unha vez, en1999).[4]

Tamaño en comparación co dun humano.

O espécime máis grande do que hai rexistro fiábel foi capturado o 11 de novembro de1947, e augas da illa de Baba, cerca deKarachi,Paquistán. Medía 12,65 m de longo e pesaba máis de 21,5 t.[13]

Porén, existen moitas historias de tiburóns balea máis grandes, mencionándose lonxitudes de por riba dos 18 m que, por outra parte, non son nada estrañas na literatura popular, pero non existen rexistros nin probas científicas que sustenten a súa existencia.

En1868, obotánicoirlandésEdward Perceval Wright, mentres veraneaba nasillas Seychelles, observou algúns espécimes de tiburóns balea, e asegurou que vira exemplares de máis de 15 m de lonxitude, e incluso algún que supera os 21 m.

E nunha publicación de1925,Hugh McCormick Smith describiu un tiburón balea de enorme tamaño atrapado nunha trampa parapeixes de bambú enTailandia en1919. O tiburón era demasiado pesado como para desembarcalo en terra firme, pero Smith estimou que a súa lonxitude era de polo menos 17 m, e que o seu peso rondaría as 37 t, aínda que máis tarde se exaxeraron estas cifras, chegándose a afirmar que medía 17,98 m e que pesaba 43 t. Incluso houbo avisos de tiburóns balea de 23 m. En1934, un barco chamadoMaurguani topou cun tiburón balea mentres navegaba polo sur doocéano Pacífico, e golpeouno, o que fixo que quedara bloqueado na proa do barco; cóntase que medía 4,6 ms por un lado do barco e 12,2 m polo outro.[14] De todos os xeitos, nom existe documentación fiábel sobre ningún destes feitos, polo que seguen a ser pouco máis que "lendas mariñas".

O tiburón balea é o máis grandepeixe existente nos nosos días, e unicamente osLeedsichthys e osmegalodón, desaparecidos hoxe, o superaban en tamaño. No resto doreino animal é, porén, superado polabalea azul,mamífero que pode alcanzar os 30 m e as 170 t.

Pel

[editar |editar a fonte]
Tiburón balea noAcuario deOsaka.

A pel do tiburón balea é moi grosa —pode alcanzar os 15 cm de espesor— e é máis dura que a de calquera outra especie animal; está cuberta, como en todos os elasmobranquios, pordentículos dérmicos. É o seu principal medio de defensa.[15]

A coloración da rexión ventral é totalmente branca, mentres que o seu dorso é dunha cor agrisada, máis escura que a da maioría dos tiburóns, con multitude de pencas e liñas horizontais e verticais de cor branca ou amarelada, de tal forma que asemella un taboleiro dexadrez ou "dameiro". Estas manchas representan un patrón único en cada espécime, polo que se utilizan para identificalos e para censar as súas poboacións.[16]

Aletas

[editar |editar a fonte]

A primeiraaleta dorsal ten unha forma globalmente triangular. O extremo é arredondado nos individuos xuvenís e faise máis angulosa coa idade. As súas caras teñen a mesma librea en "taboleiro de xadrez" que o dorso do corpo. A segunda aleta dorsal é máis pequena.

Asaletas pectorais, potentes, teñen forma defouce. A súa cara superior é de cor escura e presenta manchas claras, mentres que a inferior é branca.

Aaleta caudal éheterocerca, co lobo superior moito máis grande que o inferior (esta asimetría é menos pronunciada nos adultos). É a que lle proporciona a forza motriz ao animal. Porén, o tiburón balea non é un gran nadador; utiliza todo o seu corpo para nadar, desprazándose a unha velocidade media de 5 km/h, unha velocidade relativamente lenta para un peixe se tan gran tamaño.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Os ollos, situafos ao mesmo nivel que a boca, permiten identificar ao tiburón balea como membro dos orectolobiformes.
    Osollos, situafos ao mesmo nivel que aboca, permiten identificar ao tiburón balea como membro dosorectolobiformes.
  • Andrew Smith, que foi o que describiu o animal, xa fixera notar a librea en dameiro do tiburón balea en 1845.
    Andrew Smith, que foi o que describiu o animal, xa fixera notar a libreaen dameiro do tiburón balea en1845.
  • Esre deseño en dameiro sobre os flancos permite recoñecer os individuos no seu medio natural.
    Esre deseño en dameiro sobre os flancos permite recoñecer os individuos no seu medio natural.
  • As longasfendeduras branquiais permítenlle extraee p alimento contido na auga do mar.
  • Tiburón balea de 8 m de longo, filtrando plancto pola noite, nas Maldivas.
    Tiburón balea de 8 m de longo, filtrando plancto pola noite, nasMaldivas.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1Jurassic Shark (2000), documental de Jacinth O'Donnell, producido por Anglia Television e emitido porDiscovery Channel o 5 de agosto de 2006.
  2. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000):Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.ISBN 84-453-2913-8.
  3. Rhincodon typus en ADW.
  4. 4,04,14,2Rhincodon typus Smith, 1828 enFishBase.
  5. Rhincodon typusArquivado 18 de setembro de 2019 enWayback Machine. naLista vermella de especies ameazadas daUICN.
  6. Rhincodontidae Müller & Henle, 1839 noWoRMS.
  7. Rhincodon Smith, 1829 no WoRMS.
  8. 8,08,1Rhincodon typus Smith, 1828 no WoRMS.
  9. van der Land, J.et. al. (2001).
  10. Compagno, L. J. V. (2001):Sharks of the World: An Annotated and Illustrated Catalogue of Shark Species Known to Date, vol. 2: Bullhead, Mackerel and Carpet Sharks (Heterodontiformes, Lamniformes and Orectolobiformes). Roma:FAO.ISBN 92-5-104543-7.
  11. Rhincodon typus (Smith, 1828) en "Species Fact Sheets". Fisheries and Aquaculture Department.Food and Agriculture Organization of the United Nations (FAO).
  12. Descrición do tiburón baleaArquivado 05 de setembro de 2006 enWayback Machine.(eninglés)
  13. Wood, Gerald W. (1990):Animal Facts and Feats. Sterling Pub. Co. Inc.ISBN 0-85112-235-3.
  14. Maniguet, Xavier (1991):Jaws of Death. HarperCollins Publishers. ISBN 0-0071-5690.1.
  15. Taylor, J. G. (1994):Whale Sharks, the giants of Ningaloo Reef. Sydney, Australia: Angus & Robertson.ISBN 0-207-18498-4.
  16. Os hábitos alimentarios do tiburón balea(eninglés)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Tiburón baleaModificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Tiburón balea

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Compagno, L. J. V. (2001):Sharks of the World: An Annotated and Illustrated Catalogue of Shark Species Known to Date, vol. 2: Bullhead, Mackerel and Carpet Sharks (Heterodontiformes, Lamniformes and Orectolobiformes). Roma:FAO.ISBN 92-5-104543-7.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. e Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J.et al., eds.European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 357–374.ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tiburón_balea&oldid=6639219»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp