Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Tibia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tibia
Osificación da tibia
Graytema #61 256
ArticulaciónsFémur,astrágalo eperoné

Atibia é unóso humano longo que ocupa a parte interna daperna. Recibe o nome vulgar de canela.

Estrutura

[editar |editar a fonte]

Presenta, como todo óso longo, unhaepífise proximal, unha diáfise e unha epífise distal.

  • Epífise proximal: Ten unha forma cuboidea, e por iso, consta de seis superficies.
    • Superficie superior: Presenta dúas pequenas escavacións, destinadas a artellarse cos meniscos doxeonllo. Entre eles hai unha pequena espiña que separa dúas áreas de inserción: unhapreespiñosa, onde se inserta o ligamento cruzado anterior do xeonllo; e unharetroespiñosa, onde se insire o ligamento cruzado anterior.
    • Superficie inferior: É unha zona de transición entre diáfise e epífise. Nos nenos aínda non se osifica ata a puberdade.
    • Superficie anterior: Atopamos dous tubérculos, un anterior (tubérculo tibial anterior), que permite a inserción do ligamento rotuliano; e un lateral (tubérculo do tibial anterior ou de Gerdy), onde remata omúsculo tensor da fascia lata e comeza omúsculo tibial anterior.
    • Superficie posterior: Insírese o músculo semimembranoso, formando tres tendóns:
      • Tendón directo: É o tendón que se insire no óso, e é o de maior funcionalidade.
      • Tendón reflectido: É un tendón que nace a nivel tibial. Segue por unha canle ósea por toda a superficie posterior ata a interna.
      • Tendón poplíteo oblicuo: Ascende cara a parte posterior do xeonllo.
    • Superficie interna: Insírese o ligamento lateral interno do xeonllo, que consta de dous planos:
      • Plano superficial: Máis longo e máis ancho co fondo. Cobre ó fondo e chega a cubrir ó tendón reflectido do semimembranoso.
      • Plano fondo: Máis curto e menos ancho.
    • Superficie externa: Insírese nela parte domúsculo poplíteo e o ligamento lateral externo do xeonllo.
  • Diáfise
    • Superficie interna: Presta inserción ós músculos da pata de ganso na parte superior:
      • Semitendinoso
      • Recto interno da coxa
      • Sartorio
    • Superficie externa: Nos dous terzos superiores insírese omúsculo tibial anterior
    • Superficie posterior: Insírense:
      • Músculo poplíteo
      • Músculo sóleo
      • Músculo tibial posterior
      • Músculo flexor longo do primeiro dedo
    • Bordo anterior: Vaise desprazando cranio-caudalmente cara a parte interna. É un bordo moi afiado.
    • Bordo interno: Pouco importante.
    • Bordo externo: Artéllase co peroné. VéxaseArticulacións tibio-peroneas
  • Epífise inferior:
    • Superficie anterior: Pasan os tendóns de:
      • Músculo tibial anterior
      • Músculo extensor común dos dedos do pé
      • Músculo extensor propio do I dedo
      • Músculo peroneo anterior
    • Superficie posterior: Paso do músculo tibial posterior e dos músculos flexores.
    • Superficie superior: Continúase co resto do óso.
    • Superficie inferior: Artéllase co óso astrágalo.
    • Superficie interna: Continúase co maléolo tibial
      • Superficie interna do maléolo: É unha superficie subcutánea. Os impactos nela ocasionan moita dor.
      • Superficie externa do maléolo: É unha superficie articular. Artéllase co astrágalo.
      • Base do maléolo: Continúase co resto do óso.
      • Vértice do maléolo: Insírese o ligamento lateral interno do nocello.
    • Superficie externa: Presenta unha faceta articular para o peroné. Véxasearticulacións tibio-peroneas

Funcións

[editar |editar a fonte]

Ademais da función de sostén, contribúe á mobilidade doxeonllo e á donocello.

Articulacións da tibia

[editar |editar a fonte]

Ademais das xa mencionadas donocello e oxeonllo, están asarticulacións tibio-peroneas.

TA 2-4:
Músculo-esquelético
TA 5-11:
espláncnico/
vísceras
principalmente
Torácica
Tracto respiratorio superior (nariz,farinxe,larinxe· Tracto respiratorio inferior (traquea,bronquio,pulmón)
principalmente
Abdominopélvica
Aparato dixestivo+
glándulas anexas
Boca (glándula salivar,lingua· Tubo dixestivo superior (farinxe,esófago,estómago· Tubo dixestivo inferior (intestino delgado,apéndice,colon,recto,ano· Glándulas accesorias (fígado,vesícula biliar,páncreas)
Ril · Uréter · Vexiga · Uretra
TA 12-16
periférico (arteria,vea· Corazón
primario (medula ósea,timo· secundario (bazo,ganglio linfático)
N/S
Non-TA
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tibia&oldid=4325830»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp