Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Thomas Mann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaThomas Mann

Thomas Mann en 1937
Biografía
Nacemento(de)Paul Thomas MannEditar o valor en Wikidata
6 de xuño de 1875Editar o valor en Wikidata
Lübeck, AlemañaEditar o valor en Wikidata
Morte12 de agosto de 1955Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Zürich, SuízaEditar o valor en Wikidata
Causa da morteAneurismaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio KilchbergEditar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismoEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic
Universidade Técnica de Múnic
Katharineum(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoNovela,Escrita creativa e profesional eProsaEditar o valor en Wikidata
Lugar de traballoMúnic
PrincetonEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónnovelista, autor de diarios, guionista, profesor universitario, crítico social, autobiógrafo, escritor de contos, ensaísta, escritorEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1890Editar o valor en Wikidata - 1955Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Princeton
SimplicissimusEditar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Democrático AlemánEditar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticonovelista eensaísta
Influencias
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeKatia Mann(–1955)Editar o valor en Wikidata
FillosErika Mann, Klaus Mann, Golo Mann, Monika Mann, Elisabeth Mann-Borgese, Michael MannEditar o valor en Wikidata
PaisThomas Johann Heinrich MannEditar o valor en Wikidata  e Júlia da Silva BruhnsEditar o valor en Wikidata
IrmánsCarla Mann
Julia Löhr
Heinrich Mann
Viktor MannEditar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1 de maio de 1906Railway Accident at Regenstauf(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteConcise Literary Encyclopedia(en)Traducir, (vol:4, p.584-589)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Манн Томас)Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0003407TV.com: people/thomas-mannIBDB: 11089
BNE: XX1051568iTunes: 17357088Musicbrainz: b6458172-8cd1-47c3-a8d3-2011dd96b4cfDiscogs: 247337WikiTree: Mann-8243Find a Grave: 7029Editar o valor en Wikidata


Thomas Mann, nado enLübeck o6 de xuño de1875 e finado enZürich o12 de agosto de1955, foi un novelistaalemán, considerado por algúns como un dos maiores novelistas doséculo XX. Recibiu o premioNobel de Literatura en1929. Foi o irmán máis novo do novelistaHeinrich Mann e o pai deKlaus,Erika,Golo (Angelus Gottfried Thomas),Monika,Elisabeth e Michael Thomas Mann.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Fillo do comercianteJohann Heinrich Mann e da brasileiraJúlia da Silva Bruhns, naceu enLübeck, unha cidade do norte daAlemaña, onde máis do 90% da poboación é protestante. A familia de Thomas Mann tiña alí un negocio, desde hai varias xeracións.

Thomas (sentado) e o irmánHeinrich Mann nunha fotografía tirada por volta de 1900. Nesta altura Heinrich tiña xa publicado polo menos dous libros, en canto queOs Buddenbrook de Thomas estaba a piques de saír.

En 1892 (cando tiña 17 anos) morre o seu pai, co que os negocios da familia son abandonados. No ano seguinte, el escribe algúns textos en prosa e artigos para a revista "Der Frühlingsturn" (a tempestade de Primavera) que el coedita. En 1894 (con 19 anos), non gustando da escola, el abandona o liceo e xuntase á nai enMúnic, cidade do sur daAlemaña, decididamente católica e conservadora. A nai mudárase a Múnic co resto da familia un ano antes.

Aló chegado, fai un estaxio non remunerado nunha sociedade de seguros, mais acabou por abandonar esta actividade en 1895, tornándose escritor libre.

Entre 1896 e 1898 estivo enPalestrina (Italia) de visita ao seu irmán máis vello Heinrich Mann, tamén el un romancista e que se tornou famoso máis cedo do que Thomas. Thomas acompaña o irmán nos seus paseos a Roma e por outros lugares da Italia. Thomas Mann comezou a traballar no manuscrito de "Buddenbrooks" en Italia. De volta a Munique, Mann tornase un dos editores do xornal satírico-humorístico "Simplicisimus".

En 1901 é editado "Buddenbrooks". Thomas Mann tornase famoso. Curiosamente, o editor (Fischer Verlag) tentou convencer Thomas Mann a recortar o libro. Thomas Mann non asentiu e o libro publicouse íntegro. En xeito de retrospectiva, Thomas Mann dixo que xulgaba que o libro pasaría desapercibido e sería posibelmente o final da súa carreira literaria. A realidade foi ben diferente, como el conclúe, con ironía.

O11 de febreiro de1905, casou conKatia Pringsheim, pertencente a unha coñecida e secular familia xudía de intelectuais. Katia era neta da activista polos dereitos da mullerHedwig Dohn. Nos anos seguintes nacen seus fillos Erika, Klaus, Golo (Angelus Gottfried Thomas), Monika, Elisabeth e Michael.

Durante aprimeira guerra mundial, Thomas Mann entra en conflito co irmán Heinrich Mann. Non se irán atopar durante algúns anos. Thomas acolleu con agrado a entrada de Alemaña na guerra. Tomábase por patriota. Defendeu a política dokáiserWilhelm II, en oposición directa a Heinrich Mann, que se vía do lado de Francia e da "Civilization" (termo de Thomas). Thomas Mann chegou mesmo a ignorar a casa que posuía enBad Tölz en1917 a favor do esforzo de guerra. A nai,Xulia da Silva Bruhns, escribiu aos irmáns tentando amenizar o conflito. A perspectiva de Thomas Mann ao longo deste período atópase sumarizada na novelaA montaña máxica, escrita entre 1912 e 1924.

En 1929, Thomas Mann volveuse aínda máis famoso tras gañar opremio Nobel de Literatura. O xurado xustificouse aludindo a Buddenbrooks, mais non houbo mención algunha aA montaña máxica. Hoxe, unha opción comprensible tendo en conta a posición proalemá de Thomas Mann neste período de guerra.

Emigrou daAlemaña Nazi paraKüsnacht, próximo aZürich,Suíza, en1933, o ano da chegada ao poder deHitler. Durante o réximenazi, o xornal Völkischer Beobachter (Observador Popular) publicaba as chamadas listas de expatriados. Os nomes de Thomas Mann, a súa muller e os seus fillos máis novos constaban da lista número 7. Dos máis vellos – Erika e Klaus – xa lle fora retirada a cidadanía alemá.

Despois de perder a nacionalidade alemá o2 de decembro de1936, Thomas Mann permaneceu en Suíza ata1938, mudándose entón paraPacific Palisades (California) en1941. En1944, obtivo a cidadanía estadounidense. Regresou aEuropa en1952, vivindo enKilchberg, próximo aZürich (Suíza) ata a súa morte, en 1955.[1]

A obra de Thomas Mann

[editar |editar a fonte]

Thomas Mann gañou repercusión internacional, aos 26 anos, coa súa primeira obra,Os Buddenbrooks (Buddenbrooks), un romance que conta a historia dunha familia protestante de comerciantes de cereais de Lübeck ao longo de tres xeracións. Fortemente inspirado na historia súa propia familia, o romance foi lido con especial interese polos lectores de Lübeck que descubriron alí moitos trazos de personalidades coñecidas. A publicación deste libro valeu a Thomas Mann unha reprimenda dun tio, que o acusou de ser un "paxaro que emporcallou o propio niño".

Thomas Mann é tamén un novelista analítico, que describe como poucos a tensión entre o carácter nórdico, protestante, frío e ascético (características típicas da súaLübeck natal) e os personaxes máis rústicos, simples, bonacheiros, das zonas católicas, de onde se destaca o señor Permaneder, o paradigma do Bávaro de Múnic, enOs Buddenbrooks. Esta tensión interior fíxoselle patente durante a súa estadía enPalestrina (Italia), onde visitaba o irmán, e onde comezou a escribir os "Buddenbrooks". Thomas Mann viviu entre estes dous mundos, tal como o irmán. Por unha banda a orixe familiar e o ambiente da ética protestante de Lübeck, por outra a voz interior e a influencia da súa nai brasileira, que o facían interesar menos polos negocios e máis pola literatura. Esta influencia da nai é a que acabou notándose máis. Thomas Mann vía na familia Buddenbrook un exemplo dunha familia en decadencia, onde os descendentes non saberían levar adiante o negocio que herdaron. Non sabia, porén, que, ao publicarOs Buddenbrooks estaba, non só a enterrar definitivamente a liña "comerciante" da súa familia senón que, tamén, a establecerse como un escritor de sona. Ironicamente, os seus fillos irian manter esta nova tradición (literaria) da familia, en especial Klaus e Erika.

Na novelaA montaña máxica (Der Zauberberg), publicado pola primeira vez en1924, Thomas Mann fai un retrato dunha Europa en ebulición, na eclosión daprimeira guerra mundial.

Escribiu romances, ensaios e contos. Psicólogo penetrante e estilista consumado, a súa extensa obra abrangue desde contos ata escritos políticos, pasando por novelas e ensaios.Nobel de Literatura (que lle foi outorgado debido aOs Buddenbrooks), en1929, Thomas Mann é autor de clásicos da literatura comoA morte en Venecia eTonio Kröger,Confesións do impostor Felix Krull,As cabezas trocadas eXosé e os seus irmáns.

Moitos dos seus romances lidan coa tensión entre a vea artística, rebelde e funesta por un lado, e a boa cidadanía, cumpridora da lei, das tradicións e bos costumes.

Os diarios de Thomas Mann, que foron mantidos en sixilo ata 1975, revelan un Thomas Mann en loita interior cos seus desexos homosexuais, que se tornaran patentes nalgunhas das súas obras, en especial enA morte en Venecia. Mann describe no seu Diario os seus sentimentos polo mozo violinista e pintor Paul Ehrenberg, que el describe como unha "experiencia central do meu corazón".

Obra

[editar |editar a fonte]
  • Der kleine Herr Friedemann (1898)
  • Os Buddenbrooks (1901) =Buddenbrooks - Verfall einer Familie
  • Tonio Kröger (1903)
  • Súa Alteza Real (1909) =Königliche Hoheit
  • A morte en Venecia (1912) =Der Tod in Venedig (trad. galega, pres. e notas deLaureano Xoaquín Araujo Cardalda, Cangas do Morrazo,Rinoceronte Editora, Colección Clásica, 14, 2015)
  • Betrachtungen eines Unpolitischen (1918)
  • A República Alemá (1922) =Von deutscher Republik
  • A montaña máxica (1924) =Der Zauberberg
  • Desorde e Tristura Ceda (1926) =Unordnung und frühes Leid
  • Mario und der Zauberer (1930)
  • Xosé e seus Irmáns (1933-43) =Joseph und seine Brüder
    • As Historias de Xacob (1933)
    • O mozo Xosé (1934)
    • Xosé no Exipto (1936)
    • Xosé, o Provedor (1943)
  • Das Problem der Freiheit (1937)
  • Lotte in Weimar ouO amado retorna (1939)
  • As Cabezas Trocadas (1940) =Die vertauschten Köpfe - Eine indische Legende
  • Doutor Fausto (1947) =Doktor Faustus
  • Der Erwählte (1951)
  • Confisións do impostor Félix Krull (1922/1954) =Bekenntnise des Hochstaplers Felix Krull. Der Memoiren erster Teil(non acabado)

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Araujo, Laureano (1 de decembro de 2015)."Arte e compromiso: Thomas Mann". Consultado o 3 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
AGalicitas posúe citas sobre:  Thomas Mann
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Thomas Mann
1901–1925
1926–1950
1951–1975
1976–2000
Dende 2001
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Thomas_Mann&oldid=6947500»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp