Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

The Smiths

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.
OrixeManchester,Inglaterra
Período1982 - 1987
Xénero(s)rock alternativo,indie rock,indie pop,jangle pop,post-punk
Selo(s) discográfico(s)Rough Trade,Sire,Warner Bros.
MembrosMorrissey
Johnny Marr
Mike Joyce
Andy Rourke
Craig Gannon
Artistas relacionadosThe Pretenders,D.A.R.K.,The Adult Net
Na rede
https://www.officialsmiths.co.uk/tqid/
IMDB: nm3058944Rottentomatoes: celebrity/the_smithsAllmovie: an1039033
Facebook: TheSmithsOfficialMySpace: thesmithsYoutube: UC-sdfo_ho6Nq3OH8RUHBrNgBNE: XX137114Souncloud: thesmithsSpotify: 3yY2gUcIsjMr8hjo51PoJ8iTunes: 829538Last fm: The+SmithsMusicbrainz: 40f5d9e4-2de7-4f2d-ad41-e31a9a9fea27Songkick: 209962Discogs: 83080Allmusic: mn0000899530Deezer: 1297Genius: The-smithsEditar o valor en Wikidata

The Smiths foi un grupoinglés derock alternativo activo entre 1982 e 1987. Foi formado enManchester porMorrissey (voz),Johnny Marr (guitarra),Andy Rourke (baixo) eMike Joyce (batería). Morrissey e Marr foron os principais comopositores da banda. The Smiths son considerados un dos artistas máis importantes que xurdiron da música independente británica dos anos 80.

The Smiths ficharon polo selo independenteRough Trade Records en 1983 e lanzaron o seu álbum de estrea,The Smiths, en 1984. O seu enfoque nun son de guitarra, baixo e batería que fusionaba o rock dos anos 60 e o post-punk, foi un rexeitamento ao sonsynthpop que predominaba na época. Varios dos seus sinxelos chegaron aotop 20 da lista británica e todos os seus álbums de estudio acadarían otop 5 no Reino Unido, conseguindo un número 1 conMeat Is Murder (1985).

En 1985 introduciron teclados, aínda que mantiveron a guitarra como instrumento principal, acadando o éxito entre o gran público en Europa conThe Queen Is Dead (1986) eStrangeways, Here We Come (1987), que entraron no top 20 da lista europea de álbums. En 1986 a banda converteuse brevemente nun quinteto coa incorporación do guitarristaCraig Gannon.

Tensións internas levaron á disolución de The Smiths en 1987, seguida de demandas públicas por dereitos de autor. Cada un dos membros dixo que a banda nunca se reuniría e rexeitaron todas as ofertas para facelo. Rourke morreu en 2023.

Entre as súas principais obras destácanse as cancións "The Boy With The Thorn In His Side", "How Soon Is Now", "This Charming Man", "Ask", "Heaven Knows I'm Miserable Now", "Bigmouth Strikes Again" e "Panic".

Formación principal (1982–1987)

[editar |editar a fonte]

Formación principal (1982–1987)

Outros membros

[editar |editar a fonte]
  • Dale Hibbert – baixo (1982)
  • Craig Gannon – rhythm guitar (1986)

Discografía

[editar |editar a fonte]

Álbums

[editar |editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
The Smiths1984Rough Trade,Sire
Meat Is Murder1985Rough Trade, Sire
The Queen Is Dead1986Rough Trade, Sire
Strangeways, Here We Come1987Rough Trade, Sire

Recompilatorios

[editar |editar a fonte]

Álbums ao vivo

[editar |editar a fonte]
  • Rank - 1988 (Rough Trade, Sire)

Notas

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Álbums de estudio
Álbums ao vivo
Recompilatorios
EPs
Control de autoridades

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobremúsica é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=The_Smiths&oldid=6944121»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp