Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

O corvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «The Raven»)

O corvo
"O corvo" describe a misteriosa visita na medianoite dun corvo a un narrador en loito, ilustrado porJohn Tenniel (1858).
Título orixinalThe Raven
Autor/aEdgar Allan Poe
OrixeEstados Unidos de América
LinguaInglés
Xénero(s)Poema narrativo
EditorialGaliciaUrco Editora
Data de pub.1845
Galicia2008
Páxinas47
ISBNISBN 978-84-935638-1-3
TraduciónTomás González Ahola
Na rede
BNE: XX2135733
editar datos en Wikidata ]

Información sobreficheiros multimedia.

O corvo[1] (eninglés:The Raven) é unpoema narrativo escrito poloestadounidenseEdgar Allan Poe. Publicado por vez primeira en xaneiro de1845, o poema caracterízase pola súa musicalidade, linguaxe estilizada e atmosferasobrenatural. Conta a misteriosa visita duncorvo parlante a un amante angustiado, trazando a lenta caída do home cara a tolemia. O amante, a miúdo identificado como un estudante,[2][3] láiase pola morte do seu amor, Lenore. Sentado no busto dePalas, o corvo semella angustiar aínda máis ó protagonista coa súa constante repetición da palabra "Nevermore" (Nunca máis). O poema emprega referenciasfolclóricas, mitolóxicas, relixiosas eclásicas.

Poe afirmou ter escrito o poema de xeito lóxico e metódico, coa intención de crear un poema que atraese os gustos críticos e populares, como explicou nun ensaio de 1846, "The Philosophy of Composition". O poema foi inspirado en parte polo corvo parlante da novelaBarnaby Rudge: A Tale of the Riots of 'Eighty deCharles Dickens.[4] Poe usa o ritmo complexo e amétrica do poema deElizabeth Barrett "Lady Geraldine's Courtship", e usa arima interna e aaliteración.

"O corvo" foi atribuído a Poe de maneira impresa enNew York Evening Mirror o29 de xaneiro de1845. A súa publicación deulle popularidade a Poe na súa vida, aínda que non lle retribuíu moito éxito financeiro. O poema axiña foi reimpreso,parodiado e ilustrado. A opinión crítica está dividida en canto ó status literario do poema, aínda que segue a ser un dos poemas máis famosos xamais escritos.[5]

Foi traducido ó galego porTomás González Ahola[6] e foi publicado porUrco Editora no ano2008.[1]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1O corvo. Traducido porTomás González Ahola (1ª ed.). Santiago de Compostela:Urco Editora. 2008.ISBN 978-84-935638-1-3 – víaBiblioteca da Tradución Galega. 
  2. Meyers, 163
  3. Silverman, 239
  4. Kopley & Hayes, 192
  5. Silverman, 237
  6. Urco Editora (ed.)."O corvo por Urco Editora". Consultado o 18 de xullo de 2019. 
Poemas
Historias curtas
Ensaios
Novelas
Coleccións
Teatro
Outros
Relacionados
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=O_corvo&oldid=5605831»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp