 |
---|
 |
Orixe | Braintree,Essex,Inglaterra |
---|
Período | 1990 - presente |
---|
Xénero(s) | big beat,dance-punk,electrónica,hardcore,dance alternativo,rave,breakbeat hardcore |
---|
Selo(s) discográfico(s) | Take Me to the Hospital, Ragged Flag, Cooking Vinyl,XL, Beggars Banquet, Mute,Maverick, Warner Bros., Elektra, Shock |
---|
Membros | Liam Howlett Keith Flint Maxim Reality |
---|
Antigos membros | Leeroy Thornhill Sharky |
---|
Na rede |
---|
http://www.theprodigy.com/ |
                    |
The Prodigy é unha banda inglesa demúsica dance electrónica formada por Liam Howlett in1990 enBraintree,Essex. Xunto conFatboy Slim,The Chemical Brothers e outros artistas, The Prodigy son considerados os pioneiros do xénerobig beat, que acadou a popularidade nos anos 90 e 2000. O grupo leva vendidos uns 25 millóns de discos en todo o mundo, e gañou numerosos premios ao longo da súa carreira, incluídos dous Brit Awards, tres MTV Video Music Awards, dous Kerrang! Awards e cinco MTV Europe Music Awards, ademais de estar dúas veces nomeados a unGrammy.
O estilo do grupo foi uso de varios xéneros que ven dende orave, ohardcore techno, amúsica industrial, e obreakbeat a principios dos 90, ata obig beat e orock electrónico con elementos vocais dopunk rock nos últimos anos. Os membros actuais son Liam Howlett (teclados e composición), Keith Flint (baile e voz), e Maxim (voz). Leeroy Thornhill (baile e teclista ocasional ao vivo) foi compoñente do grupo dende1990 a2000, e houbo unha bailarina e vocalista chamada Sharky que deixou The Prodigy nos seus primeiros tempos. A banda xurdía da escena raveunderground a principios dos 90 e dende entón acadou unha gran popularidade en todo o mundo.
Álbum | Ano | Selo |
---|
Experience | 1992 | XL Recordings,Elektra Records |
Music for the Jilted Generation | 1994 | XL Recordings,Mute Records |
The Fat of the Land | 1997 | XL Recordings,Maverick Records |
Always Outnumbered, Never Outgunned | 2004 | (XL, Maverick, Warner Bros., Sony |
Invaders Must Die | 2009 | Take Me to the Hospital, Cooking Vinyl |
The Day Is My Enemy | 2015 | Take Me to the Hospital, Cooking Vinyl |
No Tourists | 2018 | Take Me to the Hospital, Cooking Vinyl |