The Fault in Our Stars é un filmeestadounidense dirixido porJosh Boone, que se estreou no2014. Baséase nanovela homónima deJohn Green. Está protagonizado porShailene Woodley,Ansel Elgort eNat Wolff, xunto conLaura Dern,Sam TrammellWillem Dafoe nos papeis secundarios. Woodley interpreta a Hazel Grace Lancaster, unha adolescente de dezaseis anos con cancro que é obrigada polos seus pais a asistir a programas de axuda en grupo. Alí coñecerá e namorarase de Augustus Waters, interpretado por Elgort.
A creación deThe Fault in Our Stars comezou en xaneiro de 2012, candoFox 2000, unha división de20th Century Fox, se fixo cos dereitos para adaptar a novela. A rodaxe principal comezou o 26 de agosto de 2013 enPittsburgh, cuns días adicionais enÁmsterdam, e concluíu o 16 de outubro de 2013.
The Fault in Our Stars foi estreado o 6 de xuño de 2014 nos Estados Unidos. Recibiu unha boa acollida da crítica, que eloxiou a interpretación de Woodley, así como o filme completo. Tamén foi un éxito comercial, sendo o número un en recadación na semana da súa estrea, e conseguindo $299 millóns en todo o mundo, partindo dun presuposto de $12. Foi estreado enBlu-Ray eDVD o 16 de setembro de 2014.
Malia que un milagre médico conseguiu reducir o seu tumor e darlle uns anos máis de vida, a adolescente Hazel (Shailene Woodley) sempre se considerou unha enferma terminal. Porén, cando Gus (Ansel Elgort) entra a formar parte do grupo de axuda para enfermos de cancro xuvenil, a vida de Hazel cambia de súpeto.