Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

The Doors

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Doors
 Instancia de
 Epónimo
 Composto por
 Selo discográfico
Obra
 Discografía
Datas
 Inicio de actividade
1965Editar o valor en Wikidata
 Fin de actividade
2013Editar o valor en Wikidata
 Data de fundación
1965Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
 País de orixe
Premios
Identificadores
VIAF130191364Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000412022725Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
IMDB: nm1401980Facebook: thedoorsTwitter: TheDoorsInstagram: thedoorsTumblr: thedoorsMySpace: thedoorsYoutube: UCYgJ2M1mq8Ae0QOm_VQU4VQTikTok: thedoorsBNE: XX106875Souncloud: thedoorsSpotify: 22WZ7M8sxp5THdruNY3gXtApple Music: 1248588Last fm: The+DoorsMusicbrainz: 9efff43b-3b29-4082-824e-bc82f646f93dSongkick: 477246Discogs: 56798Allmusic: mn0000114342Deezer: 847Genius: The-doorsEditar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

The Doors foi unha banda de rock estadounidense formada nosÁnxeles (California) no ano1965. A súa historia xirou sobre a figura do seu vocalistaJim Morrison. Estaba composta tamén polo teclistaRay Manzarek, o bateríaJohn Densmore e o guitarristaRobby Krieger. Despois da morte de Morrison en 1971 o resto dos membros continuaron como trío, pero a banda finalmente desfíxose en 1973.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Jim Morrison naceu o8 de decembro de1943 enFlorida. Dende pequeno a Jim gustáballe ler libros de autores comoKafka eNietzsche. Un acontecemento marcou a súa infancia: nunha viaxe coa familia pasaron ao lado dun coche accidentado, segundo el mesmo, viu o espírito dun vello indio. Reza a lenda que o indio acompañou a Morrison durante toda a súa vida.

Despois de estudar psicoloxía enFlorida decidiu matricularse na facultade de cine da UCLA, nosÁnxeles, onde coñeceu aRay Manzarek. Manzarek era un teclista de formación clásica con bastante experiencia en bandas dejazz. Jim descubriu con el a súa paixón poloblues e ojazz, e decidiu amosarlle algunhas das súas poesías. Bastante impresionado, Ray formou con Morrison unha nova banda. O nome, escollido por Jim, vén dun verso do poeta inglésWilliam Blake: "Cando as portas da concepción sexan abertas, o home verá as cousas como elas realmente son: infinitas". Nacía asíThe Doors. O dúo coñeceu o bateríaJohn Densmore nunha conferencia do gurú hindú Maharishi Maheshi Yogi. Densmore xa tocaba noutras bandas pero decidiu xuntarse a The Doors.

Facendo unha combinación de piano, batería e poesía, conseguiron un contrato coa Columbia, grazas a Billy James, que xa contratara a The Byrds. James púxolles unha condición: deberían contratar un guitarrista. Aí entra en escenaRobbie Krieger, amigo de Densmore nas súas meditacións transcendentais. Robbie fora rexeitado por outras bandas polo seu estilo dejazz eflamenco. Pero foi xustamente este ecletismo o que o fixo entrar en The Doors.

Durante o ano1965 non gravaron nada e perderon o contrato coa Columbia. Comezaron entón a tocar porCalifornia. A transformación nos escenarios de Jim era evidente: deixaba de ser tímido e fráxil para converterse nun performer visceral, sensual e incendiario, creando a eterna fama de sex-symbol, a pesar de que el quería ser visto como un artista serio. Arthur Lee, da banda Love, apaixonouse do son de The Doors e levounos á discográfica Elektra, que contratou a Paul Rotchild para producilos.

The Doors

[editar |editar a fonte]

A finais de1966 The Doors iniciaron unha serie de presentacións no lendario bar Whisky A Go-Go, provocando un impacto enorme nos grandes medios. Rotchild aproveitou o momento e levounos para o estudio, onde rexistraron as cancións do primeiro disco en seis días. Unha semana máis para as mesturas e a elección dos temas e o LP,The Doors, estaba listo.

En xaneiro de1967 foi lanzado o álbum acompañado do sinxelo "Break On Through". A este tema realizouselle un vídeo promocional, unha especie de devanceiro do videoclip. O segundo sinxelo en aparecer foi "Light My Fire", que estivo durante 17 semanas nas listas.The Doors tamén tiña outros temas clásicos hoxe en día como "The End" ou "The Crystal Ship".

Strange Days

[editar |editar a fonte]

Pouco despois entrarían novamente no estudio para gravar o seu segundo traballo que sería publicado no mes de setembro de1967.Strange Days incluía outros temas temas como "When The Music's Over", "Love Me Two Time" ou o tema que lle daba título ao disco, "Strange Days". Este traballo reafirmou a The Doors como unha das grandes bandas do momento.Jim Morrison converteuse definitivamente nun ídolo dos medios e adoptou a súa identidadeThe Lizard King (o rei lagarto), saíndo aos escenarios co seu característico traxe de coiro.

O álbum foi disco de ouro e chegou ao número 3 da lista daBillboard en1967. "People Are Strange" acadou o número 12 nosEstados Unidos e "Love Me Two Times" posteriormente conseguiría o porto 25.Strange Days foi colocado no número 407 na lista daRolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos.

O9 de decembro de1967, aconteceu un grave incidente nun concerto da banda enNew Haven, Connecticut; Jim enfadouse cun policía que o empurrara, facendo un violento discurso contra o sistema policial. A polícia aproximouse ao escenario e Jim non parou co seu discurso. Ata que un oficial subiu e foi alcanzado na cara polo micrófono do vocalista. Os demais policías subiron e prendérono.

Waiting for the Sun

[editar |editar a fonte]

En abril a gravación do terceiro álbum estivo marcada pola tensión como resultado do incremento da dependencia de Morrison polo alcohol e as drogas, e polo rexeitamento do seu espectáculo poético "The Celebration of the Lizard" por parte do produtor da banda Paul Rothchild, que non o consideraba suficientemente comercial. Achegándose ao clímax da súa popularidade The Doors realizou unha serie de concertos ao aire libre no que se produciron enfrontamentos entre os seareiros e a policía, destacando o do10 de maio no Chicago Coliseum.

A banda empezou a variar o seu material a partir do seu terceiro traballo,Waiting for the Sun, cansos do seu repertorio orixinal, e empezaron a escribir material novo. Este converteuse no seu primeiro número 1 das listas, e o seu sinxelo "Hello, I Love You" foi o seu segundo e derradeiro número 1 nosEstados Unidos. O disco tamén incluía a canción "The Unknown Soldier", da cal realizaron outro vídeo, e "Not to Touch the Earth", extraída da súa peza conceptualCelebration of the Lizard, aínda que foron incapaces de gravar unha versión satisfactoria do tema enteiro para o álbum.

Despois dun mes de escandalosas actuacións no Singer Bowl de Nova York, realizaron a súa primeira xira fóra deEstados Unidos, realizando un feixe de concertos porEuropa. A banda celebrou unha conferencia de prensa no Institute of Contemporary Arts enLondres e tocou no teatro The Roundhouse. Estes actos foron televisados pola cadea británica Granada Television, nun programa chamadoThe Doors Are Open, posteriormente sacado á venda en vídeo. The Doors tamén realizou un concerto enÁmsterdan senJim Morrison, despois de que tivese un colapso polo uso de drogas. Morrison volveu a Londres o20 de setembro e quedou alí durante un mes.

O grupo realizou nove concertos máis enEstados Unidos, e púxose a traballar no seu cuarto disco.1969 sería un ano difícil para The Doors, pero empezou cun concerto cheo noMadison Square Garden deNova York o24 de xaneiro e un exitoso sinxelo, "Touch Me (The Doors)" (publicado no mes de decembro de 1968), que chegou ao número 3 nos Estados Unidos.

Discografía

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=The_Doors&oldid=7203054»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp