The Dark Side of the Moon é o oitavo álbum da banda inglesa derock progresivoPink Floyd, publicado o1 de marzo de1973. Baseouse nas ideas exploradas en anteriores gravacións e en concertos, pero carece das extensas excursións instrumentais que caracterizaban aos seus traballos tras a saída en1968 deSyd Barrett. Os temas deThe Dark Side of the Moon inclúen conflito, cobiza, paso do tempo e enfermidade mental, este último inspirado parcialmente na deterioración do estado mental de Barrett.
Desenvolvido durante actuacións ao vivo, unha primeira versión da suite foi estreada varios meses antes de que comezasen as gravacións no estudio; o novo material foi gravado en dúas sesións en1972 e1973 nosAbbey Road Studios deLondres. O grupo usou algunhas das técnicas máis avanzadas da época, como a gravación multipista e os loops de cinta. En varios temas destacan os sintetizadores analóxicos. O enxeñeiroAlan Parsons foi o responsable directo dalgúns dos aspectos sonoros máis destacables do disco, ademais do recrutamento do intérprete non-léxicoClare Torry. A icónica portada do álbum, deseñada porStorm Thorgerson, amosa un prisma que representa a iluminación da época da banda no escenario, os temas líricos do disco, e a petición do teclistaRichard Wright dun deseño "sinxelo e audaz".
The Dark Side of the Moon foi un éxito inmediato, acadando o número 1 das listas de LPs e casetes daBillboard durante unha semana. Posteriormente estivo nas listas durante 741 semanas, dende1973 ata1988. Cuns 50 millóns de discos vendidos, é o maior éxito comercial dePink Floyd, e un dos álbums máis vendidos do mundo. Foi remasterizado e reeditado dúas veces, e foi versionado na súa totalidade por distintos artistas. Do disco sacáronse dous sinxelos, "Money" e "Time". Ademais do seu éxito comercial,The Dark Side of the Moon é un dos traballos máis populares de Pink Floyd entre os seareiros e os críticos, e é frecuentemente considerado como un dos mellores álbums da historia. O22 de marzo de2013, o disco entrou na Biblioteca do Congreso dosEstados Unidos, como parte do Rexistro Nacional de Gravacións, sendo cualificado de "culturalmente, historicamente e esteticamente significativo, e como un reflexo da vida nos Estados Unidos".
|
|---|
|
| Álbums de estudio | |
|---|
| Álbums ao vivo | |
|---|
| Recompilatorios | |
|---|
| EPs | |
|---|
| Box sets | |
|---|