Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

The Cure

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo contén variasligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto.
Por favor,mellora o artigo introducindonotas ao pé,citando as fontes.
Podes ver exemplos de como se fainestes artigos.
The Cure
Robert Smith en concerto
OrixeCrawley,West Sussex,Inglaterra
Período1976 - presente
Xénero(s)post-punk,rock alternativo,rock gótico,New Wave
Selo(s) discográfico(s)Fiction,Geffen
MembrosRobert Smith
Simon Gallup
Roger O'Donnell
Jason Cooper
Reeves Gabrels
Antigos membrosLol Tolhurst
Michael Dempsey
Matthieu Hartley
Phil Thornalley
Andy Anderson
Boris Williams
Porl Thompson
Perry Bamonte
Artistas relacionadosMalice, Easy Cure,Siouxsie and the Banshees,The Glove,Fools Dance,Levinhurst,The Magazine Spies,Babacar,Presence,Shelleyan Orphan
Na rede
www.thecure.com
IMDB: nm1872712Facebook: thecureTwitter: thecureInstagram: thecureMySpace: thecureYoutube: UCL_zMdXdM51oSi5XpxTvRtQTikTok: thecureSouncloud: thecureofficialSpotify: 7bu3H8JO7d0UbMoVzbo70siTunes: 566519Last fm: The+CureMusicbrainz: 69ee3720-a7cb-4402-b48d-a02c366f2bcfSongkick: 474439Discogs: 28972Allmusic: mn0000137390Deezer: 381Genius: The-cureEditar o valor en Wikidata

The Cure é unha banda depost-punk inglesa, liderada porRobert Smith, que comezou a súa carreira a no ano1976 enCrawley,West Sussex. Smith vén sendo o único membro permanente da banda dende a súa fundación. O seu primeiro álbum foiThree Imaginary Boys, editado en1979, e colocou á banda nos movementospost-punk eNew Wave que surxiran a raíz da revoluciónpunk rock noReino Unido. Durante os primeiros anos da década dos 80 as letras e música cada vez máis escuras da banda axudaron a formar o xénero dorock gótico.

Despois da edición dePornography en1982 o seu futuro tornouse incerto e Smith quixo deixar atrás a triste reputación que a banda adquirira. Co sinxelo "Let's Go to Bed", aparecido ese mesmo ano, Smith comezou a inxectar unha sensibilidade máis pop na súa música. A popularidade de The Cure incrementouse a medida que pasaba a década, especialmente nosEstados Unidos onde os temas "Just Like Heaven", "Lovesong" e "Friday I'm in Love" entraron nas listasBillboard Hot 100. Co inicio dos anos 90, The Cure foi unha das bandas derock alternativo máis populares do mundo, e aínda que esa popularidade diminuíu na actualidade, estímase que venderon uns 27 millóns de discos ata o2004. The Cure leva editados trece álbums de estudio e uns trinta sinxelos dende o comezo da súa carreira.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Inicios

[editar |editar a fonte]

Robert Smith, líder e único membro da banda dende a súa formación, naceu enBlackpool,Inglaterra, o21 de abril de1959, e mudouse de neno para a periferia da cidade deCrawley. Aos 16 anos montou cos compañeiros da escola a banda Easy Cure, que sería o embrión de The Cure, precursora e principal divulgadora do rock que sería coñecido comogótico.

En1977, Easy Cure participou nun concurso dunha discográfica alemá chamada Hansa. O premio era un contrato para a gravación dun disco. Easy Cure gañou o concurso, pero ao gravar o disco déronse conta de que os produtores o que querían era un novoSex Pistols, o que fixo queRobert Smith deixase as gravacións e compuxese un tema ao respecto, "Do the Hansa". En1978, unha demo coa canción "Killing an Arab" caeu nas mans de Chris Parry, executivo da discográfica Polydor. Impresionado coa música e principalmente coa actitude estraña e orixinal da banda, Chris resolveu pagar a produción dun sinxelo, sendo dende entón o seu empresario.

O sinxelo foi lanzado e seguido dun intenso traballo de divulgación e concertos, esgotando a primeira tirada rapidamente. A pesar de que a canción non chegou aos primeiros lugares nas listas (polo menos non cando foi lanzada), a boa repercusión foi suficiente para que a banda puidese gravar o seu primeirolong play, o clásicoThree Imaginary Boys, en1979. NosEstados Unidos o disco foi lanzado en1980 comoBoys Don't Cry, engadíndoselle os sinxelos non existentes enThree Imaginary Boys.

Os sinxelos que seguiron, "Boys Don't Cry" e "Jumping Someone Else's Train", serían éxitos aínda maiores. Ao final de1979, The Cure xa tivera dous cambios de formación e dende entón ningún compoñente durou moito tempo. Proseguiu como un trío ata1982 (Bob Smith naguitarra, voz e sintetizadores;Laurence Tolhurst como batería, e despois teclista; eSimon Gallup nobaixo).

Etapa gótica

[editar |editar a fonte]

O segundo álbum,Seventeen Seconds de1980, marcou un avance na técnica de estudio da banda, con moita experimentación, teclados e arranxos moi elaborados, que os caracterizarían a partir de entón. É deste disco o seu primeiro gran hit, "A Forest". A banda converteuse nun éxito enInglaterra e comezou a súa primeira xira mundial.

O terceiro álbum,Faith, editado en1981, e o cuarto,Pornography, de1982, marcaron a fase máis sombría de The Cure. Eses tres álbums reflicten un período moi confuso deRobert Smith, que tiña problemas coas drogas e principalmente co alcol. As letras son tristes pero destacan tamén os arranxos, onde Robert imprime toda a súa depresión.

Despois da publicación deste último disco, e tras a xira promocionalFourteen Explicit Moments, a banda estivo inactiva durante un tempo por problemas internos, que levaron a Robert Smith a considerar seriamente a separación do grupo. A saída deSimon Gallup da formación, tras os incidentes que protagonizou xunto a Smith durante a xira dePornography, deixou ao grupo como un dúo, composto só polo propio Smith eLol Tolhurst.

DeJapanese Whispers aThe Head on the Door

[editar |editar a fonte]

O fin desta etapa escura da banda chegaría a finais do ano1982 coa edición do sinxelo "Let's Go to Bed", un tema cun carácter alegre e con certas tendéncias cara á electrónica. A este seguiríanlle en1993 dous sinxelos cun son electrónico máis acusado, "The Walk" e "The Lovecats", converténdose nuns dos seus primeiros éxitos comerciais de importancia tema jazzístico baseado no filme de animaciónThe Aristocats, que se converterían nos primeiros éxitos comerciais de importancia (números 12 e 7 noReino Unido, respectivamente), relanzando a carreira do grupo. Todos os sinxelos e as caras-b deste período compilaríanse no álbum de1983Japanese Whispers.

Á banda incorporaríansePhil Thornalley eAndy Anderson, aos que posteriormente se lles sumaría o antigo membroPorl Thompson. The Cure volveu a entrar no estudio e gravouThe Top, editado en1984. Durante a xira mundial de promoción, a banda volveu a sufrir cambios na formación.Andy Anderson foi expulsado polos seus problemas co alcol e sería substituído porBoris Williams, e, ao final da xira, o baixistaPhil Thornalley deixou o grupo e entrearíaSimon Gallup no seu lugar. Neses momentos xa eran recoñecidos pola crítica musical, e co lanzamento do seu álbumThe Head on the Door en1985 volveron a recuperar o recoñecemento dos seus seareiros con sinxelos como "A Night Like This", "In Between Days" e "Close to Me", proporcionándolles este último o seu primeiro número 1 noReino Unido.

En1986, coincidindo co décimo aniversario da formación da banda, publicouseStanding on a Beach: the Singles 1978-1986, tamén tituladoStaring at the Sea na súa versión en vinilo. Trátase dun recompilatorio onde se recollen todos os seus sinxelos entre1978 e1986.

Éxito internacional

[editar |editar a fonte]

En1987 The Cure lanzou o álbum dobreKiss Me, Kiss Me, Kiss Me. Grazas á ascendente popularidade do grupo nese momento, o traballo acadou o número 6 nas listas doReino Unido e o 35 nosEstados Unidos. O primeiro sinxelo do álbum, "Why Can't I Be You?", foi top 30 en varios países europeos. A este seguíronlle "Catch" e "Just Like Heaven", o sinxelo de maior éxito de The Cure ata ese momento. Despois da edición do disco, a banda comezou oKiss Tour, que foi un éxito de público. Porén, durante a xira,Lol Tolhurst atopou problemas para tocar polo seu excesivo consumo de alcol. Para solucionar o problema, a banda contratou aRoger O'Donnell, teclista de Psychedelic Furs, para substituilo.

Rematada a xira en1988, o grupo tomou un descanso dun ano. Tras este parón, en1989 The Cure editouDisintegration, no que retomou a estética escura de traballos anteriores. Converteuse inmediatamente no seu maior éxito ata ese momento, entrando nas listas británicas no terceiro posto. Tres dos sinxelos do disco, "Lullaby", "Lovesong" e "Pictures of You" enrtraron entre os 30 máis vendicos en varios países, incluído oReino Unido.Disintegration acadou o posto 12 nas listas deEstados Unidos. "Fascination Street", o primeiro sonxelo editado neste país, acadou o primeiro posto naAmerican Modern Rock Chart, e o terceiro, "Lovesong", o segundo posto nas listas absolutas. Tan só 3 anos despois da súa edición, en1992,Disintegration vendera tres millóns de copias en todo o mundo.

Durante as sesións de gravación deDisintegration a banda enfrontouse abertamente conLol Tolhurst. Estes feitos desembocaron na saída de Tolhurst en febreiro de1989. Como resultado,Roger O'Donnell converteríase en membro permanente do grupo. Smith quedaba deste xeito como único membro fundacional na banda. A pesar da súa saída, Tolhurst apareceu nos créditos do álbum, tocando "outros instrumentos". Porén, algúns opinan que non contribuíu en absoluto á gravación do disco. A xira seguinte chamousePrayer Tour e a súa popularidade enEstados Unidos xa era tan grande que abanda deixou de tocar en salas de concertos para tocar en estadios en moitas cidades daquel país.

En maio de1990Roger O'Donnell deixou a banda e foi substituído porPerry Bamonte, técnico de guitarras do grupo. En novembro The Cure editou unha colección de remesturas tituladaMixed Up, que contiña unha canción nova, "Never Enough", editada posteriormente como sinxelo.

En xaneiro de1991 o grupo actuou dentro da serie de concertosMTV Unplugged e ese mesmo ano recibiu o premio BRIT á mellor banda británica do ano. Tamén en 1991,Lol Tolhurst demandou aRobert Smith e aFiction Records polo pago dos dereitos de autor. Na demanda incluíase tamén a aspiración de Tolhurst a compartir a propiedade do nome "The Cure" con Smith. A demanda resolveríase en1994 a favor de Smith.

Dous anos despois de editarMixed Up, en1992, a banda lanzouWish, o seu disco máis vendido ata a data.Wish foi número un noReino Unido, e número dous nosEstados Unidos. Os seus sinxelos "High" e "Friday I'm in Love" converteríanse en éxitos internacionais. No disco, o nome da banda transformaríase de "The Cure" a sinxelamente "Cure". Porén, dita denominación non duraría, xa que se retomaría o tradicional "The Cure" enWild Mood Swings.

Da xira que acompañou ao álbum, aWish Tour, a banda extraería dous álbums en directo,Show eParis, editados en setembro e outubro de1993, respectivamente.

DeWild Mood Swings a Reflections

[editar |editar a fonte]

En 1994 a banda compuxo o tema "Burn" para a banda sonora da películaThe Crow, que chegaría ao número 1 da lista de álbums estadounidenseBillboard 200.[1]

Entre1994 e1995 houbo varios cambios na formación.Boris Williams saíu e foi substituído polo bateríaJason Cooper, ePorl Thompson deixou de novo o grupo e no seu lugar regresaríaRoger O'Donnell para ocupar o posto de teclista. En1996, con esta nova formación, a banda editouWild Mood Swings, un disco cun contido bastante irregular. O álbum foi acollido con frialdade pola crítica, pero sobre todo polos tradicionais seguidores do grupo, marcando o final da etapa de máis éxito comercial da banda.[2]

En1997 a banda publicouGalore, un recompilatorio de todos os seus sinxelos lanzados entre 1986 e 1996, así como o novo seinxelo "Wrong Number", que contaba co guitarrista deDavid BowieReeves Gabrels.[3] Este recompilatorio foi dalgún xeito continuado porStanding on a Beach, editado once anos despois deste, no que se recollen os sinxelos publicados entre1987 e1997.

En 1998 The Cure colaborou coa canción "More Than This" á banda sonora do filmeThe X-Files, así como cunha versión de "World in My Eyes" ao álbum tributo aDepeche ModeFor the Masses.[4]

O limitado éxito artístico e comercial deWild Mood Swings, unido ao feito de que só tiñan un disco máis por publicar baixo o seu contrato con Fiction, fixeron que Smith considerase, unha vez máis, terminar coa banda. En1998, neste contexto, o grupo decidiu pospoñer o lanzamento dun álbum previsto para ese mesmo ano, de cara á compoñer un disco que, en forma de despedida, recollera a cara máis seria de The Cure. Froito deste esforzo foi o álbumBloodflowers, publicado no ano2000, co que o grupo recuperou as súas esencias.

A publicación deste álbum viría acompañada dunha extensa xira mundial baixo o título deDream Tour. A xira obtivo un gran recoñecemento, tanto demedios de comunicación como de público, con máis dun millón de asistentes. O éxito de álbum e xira motivaron a Smith a reconsiderar a súa decisión de disolver a banda.

A banda ao vivo no 2007

No ano2001, The Cure, aproveitando o fin do seu contrato, abandonou o seu tradicional selo discográficoFiction Records para asinar conGeffen Records. Como despedida de Fiction, Smith accedeu á publicación dun recompilatorio de grandes éxitos, a condición de que o repertorio de cancións fose elixido por el. Resultado deste acordo foi o álbumGreatest Hits, que inclúe sinxelos e outros temas de toda a carreira da banda, dende1978 ata2000.

En2003 Fiction publicou o DVDTrilogy, con dous concertos enBerlín onde a banda interpreta na mesma orde quenos discos todas as cancións dePornography,Disintegration eBloodflowers.

No ano2004, xa en Geffen e tras varios proxectos menores do grupo, The Cure lanzou o seu álbum homónimo. De carácter variado comoWild Mood Swings,The Cure non foi recibido positivamente por crítica e público. Ese mesmo ano, en paralelo, Fiction lanzou un recompilatorio chamadoJoin the Dots, no que publica moito do material inédito que a discográfica aínda posuía nos seus arquivos.

Tras unha xira mundial por festivais, a mediados de2005Robert Smith decidiu prescindir do teclistaRoger O'Donnell e do guitarristaPerry Bamonte, pouco antes do inicio da extensa xira que debería levalos porEuropa no seu habitual encontro cos diferentes festivais de importancia. Ese mesmo ano, o grupo recrutou de novo aPorl Thompson, converténdose outra vez nun cuarteto, feito que non ocorría dende1994.

Durante a xira europea de2008, a banda comezou a ensinar retazos do seu, ata o momento, último álbum de estudio,4:13 Dream. O disco foi lanzado o28 de outubro do2008, precedido polos sinxelos "The Only One", aparecido o13 de maio, "Freakshow", o13 de xuño, "Sleep When I'm Dead", o13 de xullo, e "The Perfect Boy", o13 de agosto.

No 2010 Porl Thompson abandonou a formación (semella que de modo definitivo, porque ao longo do 2012 vendeu tódalas súas pertenzas relacionadas coa banda, mesmo as guitarras, e cambiou o seu nome artístico por "Pearl"), mentres ao ano seguinte volvía a ela Roger O'Donnell.

Na xira "Reflections", que acontecera ao longo do 2011, Lol Tolhurst volveu excepcionalmente ao grupo, pechando desta maneira oficialmente a ferida aberta trala súa marcha 22 anos atrás. Na xira do ano 2012 uniuse ao grupo o guitarristaReeves Gabrels, músico habitual deDavid Bowie eTin Machine, substituíndo a Porl. Gabrels non era novo dentro da formación, posto que no ano 1997 xa colaborara na gravación do hit "Wrong Number". Anunciouse que Gabrels estaría durante a xira pero que non era un membro de pleno dereito do grupo.[5] Varias semanas despois a banda invitou a Gabrels a unirse como membro e el aceptou.[6]

The Cure rendeu homenaxe aPaul McCartney no álbum tituladoThe Art of McCartney, que foi publicado o18 de novembro de2014. The Cure versionou a canción dosBeatles "Hello, Goodbye", que contaba con voces e teclados do fillo de Paul,James McCartney. Un vídeo da banda e James interpretando a canción foi publicado o día 9 de setembro de 2014. O vídeo foi filmado no Brighton Electric Studio enBrighton.[7] Robert Smith tamén versionou o tema de McCartney "C Moon" no disco extra do álbum. No verán de 2015 o tema deDisintegration "Plainsong" apareceu nun momento da películaAnt-Man, pero non apareceu na súa banda sonora.[8]

2017-presente:Songs of a Lost World

[editar |editar a fonte]

En xuño de 2018 The Cure foi cabeza de cartel do 25 Meltdown Festival enLondres.[9] Smith tamén seleccionou as bandas participantes no festival, entre as que estaban varios dos seus artistas favoritos comoNine Inch Nails,My Bloody Valentine,Deftones,Placebo,Manic Street Preachers eKristin Hersh, entre outros.[10] O 7 de xullo de 2018 The Cure realizou un concerto de 40 aniversario enHyde Park como parte da serie de concertos British Summer Time.[11] Para oRecord Store Day de 2018, The Cure editou unha versión remasterizada de luxo deMixed Up, xunto cunha secuela tituladaTorn Down con 16 novas remesturas creadas por Robert Smith.[12]

Nunha entrevista para aRolling Stone o 30 de marzo de 2019 Smith comentou o próximo álbum da banda dicindo, "Por vez primeira en 20 anos entramos nun estudio - de feito entramos no estudo onde [Queen] fixeron 'Bohemian Rhapsody'. As cancións teñen como 10 minutos, 12 minutos de duración. Gravamos 19 cancións. Entón non teño nin idea de que facer agora... Rematarémolo antes de comezar no verán, e mesturarase durante todo o verán. E entón data de lanzamento, non sei, outubro? Halloween! Veña!"[13] Nunha entrevista publicada o 5 de xullo enNME, sinalou que a banda volvería gravar tres ou catro cancións en agosto de 2019, pero que, "Teño a intención de que sexa un lanzamento de 2019 e sería extremadamente amargo se non o fose".[14] O ano pasou sen ningún novo lanzamento de estudo, do mesmo xeito que os catro anos seguintes.

Concertos en Galicia

[editar |editar a fonte]

En toda a súa historia, só se ofreceron dous concertos en Galicia. NaCoruña no ano1998 e enSantiago no2004.

O primeiro concerto tivera lugar naPraia de Riazor da cidade herculina, o día8 de agosto, dentro da súa xira "The Summer Festivals". Foi un concerto gratuíto o que facilitou que a praia estivera completamente chea de xente. O abreconcertos foi o cantantePablo Bicho, e inmediatamente despois subiron ao escenario The Cure. Dentro da actuación, Robert Smith decidiu, inopinadamente, botarse ao chan mentres cantaba un dos temas, ollando para aDomus. Tempo despois preguntáronlle o porque dese feito e Smith respondeu que, simplemente, estaba abraiado pola beleza do solpor na baía coruñesa.

Osetlist foi o seguinte:

Os "encores" ou bises foron os seguintes:

Encore 1

Encore 2

O segundo concerto en Galicia deuse no Auditorio doMonte do Gozo de Santiago de Compostela, dentro da súa xira "Euro Festivals Summer 04", e dentro á súa vez dosConcertos do Novo Milenio, que trouxeran á capital galega unha enchenta de grupos musicais punteiros naqueles anos. O concerto de The Cure tivo lugar o día16 de xullo, e foi precedido no cartel porStarsailor,Muse eLou Reed, quen substituiría nos días anteriores aDavid Bowie por un accidente que este tivera en Alemaña. Trala baixa de David Bowie, houbera unha certa confusión sobre quén debera ser o "cabeza de cartel" dese día: Lou Reed ou The Cure, cousa que se decantou pola formación británica. Finalmente deu comezo un concerto que, a dicir de moitos fans foi un dos mellores que deran na xira do 2004. A destacar a versión deFaith, que tivera unha especial significación naCidade do Apóstolo.

Osetlist fora o seguinte:

Encore 1

Encore 2

Encore 3

Discografía

[editar |editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Three Imaginary Boys1979Fiction Records
Seventeen Seconds1980Fiction Records
Faith1981Fiction Records
Pornography1982Fiction Records
The Top1984Fiction Records
The Head on the Door1985Fiction, Elektra
Kiss Me, Kiss Me, Kiss Me1987Fiction, Elektra
Disintegration1989Fiction Records
Wish1992Fiction, Elektra
Wild Mood Swings1996Fiction, Elektra
Bloodflowers2000Fiction Records
The Cure2004I AM, Geffen
4:13 Dream2008Suretone, Geffen
Songs of a Lost World2024Fiction, Lost, Polydor, Universal, Capitol

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "The Crow [Original Soundtrack]".AllMusic(eninglés). Consultado o2024-10-15. 
  2. Apter 2006, p. 275
  3. Gold, Adam (2012-05-30)."Reeves Gabrels Joins The Cure".Nashville Scene(eninglés). Consultado o2024-10-15. 
  4. "The Cure - EPK for The Masses Depeche Tribute (Robert Smith 1998)". 2017-05-10. Consultado o2024-10-15. 
  5. Craig (2012-05-26)."Chain Of Flowers: Reeves Gabrels joins The Cure for the Summer".Chain Of Flowers. Consultado o2019-12-28. 
  6. "Alumni Profile: Reeves Gabrels | Berklee College of Music".www.berklee.edu(eninglés). Consultado o2019-12-28. 
  7. "The Cure - Hello Goodbye". Consultado o2019-12-28. 
  8. "The Cure’s “Plainsong” featured during a fight scene in the Marvel film “Antman”".www.post-punk.com. Consultado o2019-12-28. 
  9. "The Cure perform career-spanning setlist at Robert Smith's Meltdown Festival: Video + Setlist".Consequence(eninglés). 2018-06-25. Consultado o2021-04-26. 
  10. "Nine Inch Nails, My Bloody Valentine to play Meltdown Festival curated by The Cure's Robert Smith".Consequence(eninglés). 2018-03-06. Consultado o2021-04-26. 
  11. "The Cure to headline BST Hyde Park festival in 2018".The Independent(eninglés). 2017-12-12. Consultado o2021-04-26. 
  12. "This is the full list of Record Store Day 2018 releases".NME(eninglés). 2018-03-06. Consultado o2021-04-26. 
  13. Doyle, Patrick (2019-03-30)."The Cure's Robert Smith on Rock Hall Induction and 'F-cking Great' New Album".Rolling Stone(eninglés). Consultado o2024-11-14. 
  14. Reilly, Nick (2019-07-05)."The Cure's Robert Smith is "intent" on releasing their next album before the end of 2019".NME(eninglés). Consultado o2024-11-14. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  The CureModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Barbarian, L.; Sutherland, Steve; Smith, Robert (1988).Ten Imaginary Years. Zomba Books.ISBN 0-946391-87-4. 
  • Bétrisey, Jean-Christophe; Fargier, David (2007).One Hundred Songs: The Dark Side of the Mood. 
  • Carman, Richard (2005).Robert Smith: "The Cure" and Wishful Thinking. Independent Music Press (UK).ISBN 978-0-9549704-1-3. 
  • Hopkins, S.; Smith, Robert; Foo, T. (1989).The Cure: Songwords 1978–1989. Omnibus Press.ISBN 0-7119-1951-8. 
  • Nuzzolo, Massimiliano (April 2004).The latest album by The Cure (L'ultimo disco dei Cure). Sironi Publishing.ISBN 88-518-0027-8. 
  • Thompson, Dave; Greene, Jo-Ann (1988).The Cure: A Visual Documentary.Omnibus Press.ISBN 0-7119-1387-0. 
  • Thompson, Dave (outubro de 2005).In Between Days: An Armchair Guide to The Cure. Helter Skelter Publishing.ISBN 1-905139-00-4. 
  • The Cure, A Book Of Song Words 1979-1985. autoedición deThe Cure. 1985. 
  • GREENE, Jo-Ann (1985).The Cure. Bobcat Books, Londres. 
  • SMITH, Robert (1987).Three Imaginary Weeks: What We Did On Our Holidays. Melody Maker. 
  • MATHUR, Paul (1987).The Cure Poster Book. Atlanta Press, Londres. 
  • MERCER, Mick (1988).Gothic Rock Black Book. Omnibus Press. 
  • SUTHERLAND, Steve (1989).Bands Of The Eighties: The Cure. Melody Maker. 
  • DISTER, Alain (1989).The Cure. Éditions A. Michel/Rock & Folk, París. 
  • ZARATA, Iñaki (1990).The Cure. Salvat Editores. ColecciónVideo Rock Salvat, Barcelona.ISBN 84-345-5317-1.  79 páxinas.
  • BUTLER, Darren (1995).The Cure On Record. Omnibus Press. 
  • BOWLER, Dave; DRAY, Bryan (1995).The Cure. Faith. Sidgwick & Jackson. 
  • THOMPSON, Dave (1996).The Making of Disintegration. CGP. 
  • LLORENTE, Jesús (1997).The Cure. Las vidas de Robert Smith. La Máscara. 
  • THOMPSON, Dave (2003).The Dark Reign of Gothic Rock. Helter Skelter. 
  • APTER, Jeff (2005).Never Enough. The Story of The Cure. Omnibus Press, Londres.ISBN 1-84449-827-1.  338 páxinas.
  • PAÍNO, Fernando O. (2008).La Década Obscura. Una aproximación a la subcultura gothic Rock. Mentenebre. 
  • Jeremy Wulc: My Dream Comes True: Carnet de route avec The Cure. 2009. 
  • PAÍNO, Fernando O. (agosto 2010).Oraciones por la lluvia. La Historia de The Cure. Quarentena Ediciones, Llinars del Vallés.ISBN 978-84-937880-7-0.  208 páxinas.

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
  • Sitio oficial(en inglés).
  • Chain Of Flowers(en inglés). O blogChain of Flowers (COF para os fans), escrito por Craig J. Parker, é un taboleiro extraoficial sobre a actualidade deThe Cure.
Álbums de estudio
Álbums en directo
Recompilatorios
EPs
Sinxelos
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=The_Cure&oldid=6887197»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp