The Cramps | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Sacramento (California),Estados Unidos![]() |
Período | 1976 -2009 |
Xénero(s) | garage punk,psychobilly,rock & roll,punk blues,horror punk |
Selo(s) discográfico(s) | I.R.S. Records,Creation Records |
Membros | Lux Interior Poison Ivy Harry Drumdini |
Na rede | |
http://www.thecramps.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
The Cramps foi unha banda estadounidense degarage punk formada en1976 e activa ata o ano2009. A banda desapareceu despois da morte do vocalistaLux Interior.[1] A súa composición variou moito ao longo da súa traxectoria, sendo os únicos membros constantes o matrimonio formado por Lux Interior e a guitarristaPoison Ivy. O guitarrista Bryan Gregory e obatería Pam Ballam completaron a primeira formación en abril de1976.
O grupo formou parte do primeiro movementopunk rock xurdido deNova York. The Cramps destacan por influenciar a varios estilos musicais, xa que é unha das primeiras bandas degarage punk e tamén a primeira que mesturou opunk rock corockabilly, polo que son recoñecidos como un dos principais innovadores dopsychobilly, inspirando a moitas das primeiras bandas derock gótico.
Álbum | Ano | Selo | Observacións |
---|---|---|---|
Songs the Lord Taught Us | 1980 | Illegal | |
Psychedelic Jungle | 1981 | I.R.S. | |
Smell of Female | 1983 | Big Beat | Directo no Peppermint Lounge |
A Date with Elvis | 1986 | Big Beat | |
Stay Sick | 1990 | Enigma | |
Look Mom No Head! | 1991 | Enigma | |
Flamejob | 1994 | Creation | |
Big Beat from Badsville | 1997 | Epitaph | |
Fiends of Dope Island | 2002 | Vengeance |