Biografía | |
---|---|
Familia | |
Cónxuxe | Laophonte Eurythemis Deidamia ![]() |
Fillos | Evippus ( ![]() Toxeus ( ![]() Hypermestra ( ![]() Cometes ( ![]() Calidón (fillo de Testio) ( ![]() Althaea ( ![]() Plexippus ( ![]() Iphiclus ( ![]() Eurypylus ( ![]() Leda ( ![]() ![]() |
Pais | Ares Agenor ![]() Afrodita ![]() |
Testio foi un personaxemitolóxico, rei dePleurón, na rexión deEtolia (Grecia). Foi un dos catro fillos deAres e deDemónice (filla deAxenor)[1] (ou Pisídice, segundo Pseudo-Plutarco).
Nalgúns casos confúndese conTespio[2], rei de Tespias (Beocia) e fillo deErecteo, rei deAtenas, ePraxitea. Casado conMegamede tivo, con ela ou con concubinas, cincuenta fillas, asTespíades.
Testio casou conEuritemis (ou Euritemiste, ou Euritémide)[3], coa que tivo sete fillos:Altea (que sería a nai deMeleagro[4], rei deCalidón, unha cidade próxima a Pleurón),Leda,Hipermestra,Ificlo[5],Evipo,Plexipo eEurípilo[6]. Os fillos varóns morreron no transcurso da cacería doxabaril de Calidón.
Entre as fillas destaca Leda, que casaría conTindáreo e foi seducida porZeus. Como resultado desta relación co seu home e con Zeus na mesma noite, quedou embarazada e puxo dous ovos, dos que naceríanHelena de Troia ePólux (considerados inmortais por ser fillos de Zeus) e maisClitemnestra eCástor (considerados fillos de Tindáreo e, por tanto, mortais).
Pero outras fontes contan que tivo outro fillo, chamadoCalidón. A tradición di que Testio, cando regresou a Calidón tras unha longa ausencia, atopou ó seu fillo deitado na cama coa súa nai. Á vista de tal incesto, Testio mata os dous pero pronto se dá de conta do seu erro, e entón suicidouse botándose ó río Áxeno, que recibirá na súa memoria o nome de Testio (aínda que posteriormente será o denominado ríoAqueloo e, hoxe, Aspropótamos).
Cando os irmánsTindáreo eIcario foron expulsados deLacedemonia (Esparta) porHipocoonte (outro irmán) e os seus doce fillos, Testio aliouse con eles e axudounos a establecerse ó outro lado do río Aqueloo. Co tempo, Tindáreo terminou casando coa filla de Testio, Leda.