Tipo | rexión xeográfica![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Charles Wilkes![]() | ||||
Localización | |||||
Continente | Antártida![]() | ||||
División administrativa | Zona do Tratado sobre a Antártida(pt)![]() ![]() | ||||
| |||||
Comparte fronteira con | Terra de Vitória(pt)![]() American Highland(en) ![]() ![]() | ||||
ATerra de Wilkes é o maior distrito doTerritorio Antártico Australiano naAntártida Oriental, ao sur doocéano Índico entre aTerra da Raíña María e aTerra Adelia, estendéndose entre o Cabo Hordern en 100°31'E e Punta Pourquoi Pas, en 136°11'E. A rexión esténdese como un sector a uns 2600 km dopolo sur, cunha área estimada en 2.600.000 km², cubertos no seu maior parte por glaciares e capas de xeo permanente. Se subdivide nas seguintes áreas costeiras, que tamén se poden tomar como sectores que se estenden ata opolo sur:
En sentido máis amplo, aTerra de Wilkes esténdese máis ao leste ata Punta Alden en 142°02'E, incluíndoTerra Adelia, reclamada porFrancia.
Bautizada en honra aCharles Wilkes, exploradorestadounidense que comandaba a expedición do seu país de 1838-42. O nome foi aplicado a esta extensión en recoñecemento a que Wilkes recoñeceu a existencia dunha marxe continental por unha distancia de 1.500 millas de costa e polo tanto proveu por primeira vez de probas substanciais de que a Antártida é un continente. Esta definición de extensión exclúe a área ao leste dos 142°02'E, chamadaTerra de Xurxo V, que foi divisada por Wilkes, pero outros exploradores comprobaron que estaba máis ao sur que as posicións orixinalmente asignadas por el.
Baixo oinlandsis que cobre á Terra de Wilkes atópase un xigantesco cráter, o chamado precisamenteCráter da Terra de Wilkes tal depresión débese a unmeteorito duns 50 km de diámetro, que impactou hai uns 250 millóns de anos, evento que sería decisivo para aevolución da vida no planeta Terra. En efecto, o enorme cráter duns 450 km de diámetro é o maios cráter coñecido sobre aTerra. Como causa do impacto, ocorrido entre os períodosPermiano eTriásico estímase que que se extingiú o 90 por cento da vida presente naquel momento, e podería ser o causante da fractura que ocasionou o inicio do resquebraxamento do supercontineteGondwana.