Os estatutos outorgados á compañía porCarlos II concedíanlle o monopolio sobre aconca hidrográfica de todos os ríos e arroios que desembocan nabaía de Hudson, unha área de 3,9 millóns de km², máis dun terzo do actual territorio canadense.
Terra de Rupert é tamén o nome dunha provincia eclesiástica daIgrexa Anglicana do Canadá, que abarca as pradeiras canadenses e gran parte da zona ártica. Ademais, é tamén o nome dadioceseanglicana enManitoba.