Terra Mariana, tamén coñecida como a Conferedación de Livonia, foi unha entidade política e cultural que existiu desde o ano1207 ata o1561 en territorio das actuaisEstonia eLetonia. A denominación Terra Mariana, en latín significando Terra de María, era unha referencia á Virxe María, santa patroa daOrde Livonia, a forza principal detrás da fundación da confederación.
A Orde Livonia foi unha orde católico-militar fundada no século XII para conquistar e cristianizar as tribos bálticas pagás. A coñecida comoCruzada de Livonia protagonizada maioritariamente por alemáns doSacro Imperio Romano Xermánico e daneses acabou coa conquista do territorio. Estas terras na costa oriental domar Báltico foron os últimos confíns de Europa en ser cristianizados. Trala conquista e apoiados polaOrde Teutónica establecen a confederación da Terra Mariana o 2 de febreiro de1207 como principado doSacro Imperio Romano Xermánico para perder tal status no1215, cando o papaInocencio III a designa territorio baixo vasalaxe da Santa Sede. A terra foi dividida en seis principados feudais deseñados polo legado apostólicoGuillerme de Módena: arcebispado deRiga ePierīga, bispado de Curlandia, bispado de Dorpat, bispado de Ösel-Wiek, as terras gobernadas polos Irmáns Livonios da Espada e o dominio directo do rei de Dinamarca o ducado de Estonia.
A confederación medrou como un nexo comercial europeo e participou asiduamente na política alemá, danesa, sueca e rusa.
Culturalmente as ordes critiáns impuxeron os seus costumes e tradicións aos locais.
Segundo Henrique de Livonia, o bispo Alberte de Riga enfatizou ao papa Inocencio III a importancia das cruzadas na Terra Mariana e a súa asociación a María, nai de Xesús en correspondencia enviada para oConcilio de Letrán IV en1215.[1]
Santo Pai, así como aprecias a Santa Terra de Xerusalén, casa do Pai, considera así non abandonar Livonia, a terra da Nai