Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Terra Adelia

Coord.:66°39′47″S140°00′10″L / -66.66306,140.00269
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTerra Adelia
Imaxe

EpónimoAdèle Dumont d'UrvilleEditar o valor en Wikidata
Localización
lang=glEditar o valor en WikidataMapa
 66°39′47″S140°00′10″L / -66.66306,140.00269
Territorio reivindicado porFranciaEditar o valor en Wikidata
EstadoFrancia
Territorio dependenteTerras Austrais e Antárticas FrancesasEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación33(1956)Editar o valor en Wikidata (0hab./km²)
Xeografía
Superficie432.000 km²Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con

Terra Adelia (francés: Terre Adélie) é unterritorio reclamado no continente daAntártida. Esténdese desde unha zona costeira ao longo doocéano Antártico polo interior ata oPolo Sur.Francia adminístrao como un dos cinco distritos dasTerras Austrais e Antárticas Francesas desde 1955 e aplica as regras doTratado Antártico desde 1961. O artigo 4 trata das reclamacións territoriais e, aínda que non se renuncia nin diminúe as reclamacións preexistentes de soberanía, tampouco prexudica a posición das Partes Contratantes no seu recoñecemento ou non recoñecemento da soberanía territorial. Francia ten unha estación permanente en Terra Adelia desde o 9 de abril de 1950. A actualBase Dumont d'Urville ten unha poboación de inverno ao redor de 33 habitantes, pero chega a preto de 78 durante o verán da Antártida.

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Terra Adelia atópase entre136° E (preto dePourquoi Pas Point en66°12′S136°11′L / -66.200,-136.183) e142° E (preto dePoint Alden en66°48′S142°02′L / -66.800,-142.033), cunha lonxitude de costa de aproximadamente de 350 km. e coa súa parte interior estendéndose como unsector dun círculo sobre 2,600 kilometres (1,616 mi) cara aoPolo sur. Terra Adelia ten fronteiras coTerritorio Antártico Australiano tanto no leste como no oeste, concretamente enTerra de Clarie (parte daTerra de Wilkes) no oeste deTerra de Xurxo V no leste. Estímase que a súa superficie total de terra, na súa maioría cuberta por glaciares, é de 432.000 quilómetros cadrados.

Historia

[editar |editar a fonte]

A costa de Terra Adelia foi descuberta en 1840 polo explorador francésJules Dumont d'Urville (1790-1842) que a nomeou pola súa esposa,Adèle.[1] Esta é a base da reclamación francesa nesta terra antártica.

Estacións de investigación

[editar |editar a fonte]

Estación Dumont d'Urville

[editar |editar a fonte]

Desde o 12 de xaneiro de 1956, unha base de investigación francesa permanente localízase en66°40′S140°01′L / -66.667,-140.017, a estación Dumont d'Urville ten unha poboación no inverno de ao redor de 33 persoas, pero chegan a preto de 78 durante o verán da Antártida.

Porto Martín

[editar |editar a fonte]

A primeira estación francesa,Porto Martín, construíuse o 9 de abril de 1950, con66°49′04″S141°23′39″L / -66.81778,-141.39417, pero foi destruída por un incendio durante a noite do 22 ao 23 de xaneiro de 1952. Porto Martín albergou unha poboación invernal de 11 persoas en 1950-51 e 17 en 1951-52.[2]  

Base de Charcot

[editar |editar a fonte]

Base de Charcot (69°22′30″S139°01′00″L / -69.375,139.016667) foi unha base francesa situada na capa de xeo antártica a 320 km. da costa e da estación de Dumont d'Urville, nunhaelevación de aproximadamente 2400 m.. A estación, construída para oAno Xeofísico Internacional de 1957-58, rendeu homenaxe aJean-Baptiste Charcot, e estivo ocupada só desde xaneiro de 1957 ata 1960, só vivían tres homes.

A base estaba composta por un corpo principal de 24 metros cadrados (o "barracón") que consistía en seccións semicilíndricas de chapa metálica ensambladas de punta a punta. Esta forma foi planeada para soportar mellor a presión de neve acumulada nel. As galerías horizontais conectáronse para albergar dispositivos de medición científica, mentres que un conduto de aire vertical abríase a poucos metros sobre o nivel de neve proporcionando ventilación.

Base de Cap Prud'Homme

[editar |editar a fonte]

Cap Prud'Homme () é un campamento italo-francés, inaugurado en 1994, situado na costa da capa de xeo antártica, en Terra Adelia, a uns 5 km dailla Petrel, onde está a base francesa Dumont d'Urville.

Todos os materiais e equipamentos da Estación Concordia italo-francesa son transportados por un convoi combinado de ata 7 tractores Caterpillar de Cap PrudHomme, con pistas Kassbohrer e un equipo de ata 9 persoas, cada convoi transporta unha media de 150 toneladas de carga útil.[3]

Na cultura popular

[editar |editar a fonte]

A estación de investigación de Dumont d'Urville foi a localización do filme do documentalMarcha dos Pingüins (2005).[4]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Dunmore, John (2007).From Venus to Antarctica: The Life of Dumont D'Urville. Auckland: Exisle Publ. p. 209.ISBN 9780908988716. 
  2. "Fire destroys station in Antarctica, French expedition's loss".The Times. 26 de xaneiro de 1952. 
  3. "Cap Prud’Homme".Italiantartide. Arquivado dendeo orixinal o 29 de maio de 2019. Consultado o 7 de outubro de 2018. 
  4. "The Emperor's Close-Up".National Geographic's Adventure. National Geographic Society. 2007. Arquivado dendeo orixinal o 05 de xuño de 2013. Consultado o 29 de maio de 2013. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Terra AdeliaModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Terra_Adelia&oldid=6931096»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp