Atención:Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
tradución parcial sen referencias
Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo emellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, peronon quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador poroutro máis específico.(Desde xaneiro de 2018)
Ancián, porRubens.Home da terceira idade ollando pola fiestra.
O termoterceira idade fai referencia ápoboación de persoas maiores e xubiladas, normalmente de 65 ou máis anos. Este grupo de idade está crecendo napirámide de poboación ou distribución por idades na estrutura da poboación; a baixataxa de natalidade e a mellora dacalidade de vida e aesperanza de vida son as causas principais que producen este feito.
Os nados no ano1960 e seguintes, están agora entrando no grupo dos maiores. Isto crea tensións, pois aumentan osorzamentos daseguridade social e apoboación activa estaríase adaptando a esta nova situación, que aínda ten unha aptitude estereotipada de prexuízos, visible na redución do presunto problema apolítica social deseguridade social e máis residencias.
Pero a incipiente novasocioloxía da terceira idade ten outras dimensións: considerar a estas persoas como un grupo cultural nunha estratificación da poboación por grupos de idade, conigualdade de trato eigualdade de dereitos, pero isto na práctica pódese traducir pobremente ou só nun interesante segmento de consumidores e de clientela política, que de novo é reduccionista, pois asume homoxeneidade, ademais a exclusión domercado laboral remunerado non quita a súa inclusión en actividades típicas do voluntariado, comisións municipais, residencias,centro social, bibliotecas e outras institucións con enfoque comunitario, asociacionista e participativo como persoa e cidadán, Shanas (1968 e1977), co concepto da 'construción social da terceira idade' contraconceptos discriminantes, que comosímbolos esentimentos poden ser cambiados, Butler (1975 e1980), removendo cara a adiante a nova idade e isto é obvio cun enfoque de interaccionismo simbólico, Henslin (2000), e manterse activo é a 'Teoría da Actividade', con perspectiva funcionalista, para ser útil e máis feliz. Finalmente hai outro punto de vista de conflitos intergxeracionais e da súasolución en substitucións de cohortes.
O tema da senectude como preparación para a vellez preocupou aPlatón (s. -V) en 'A República' eCicerón (s. -II) en 'De Senectude' son escritos na ontoloxía das categorías de idades, que se configurou arredor de 'modos de ser', relacionados co decurso mesmo da vida persoal. Hai parágrafos que no esencial son idénticos en ambos autores. As 'apostilas ó diálogo da vellez' enInternet é un eloxio ó pensamento de Cicerón.
As diferentes denominacións: senectude, ancianidade, vellez, maiores, segunda mocidade, terceira idade, 'séniors', 'aging', teñen o propósito de esquecer prexuízos. Tamén os estudos sociolóxicos asignaron prioridades ó tema e varían nas distintas sociedades e épocas a par devivenda,saúde etransportes, que son algunhas das necesidades primarias e nalgúns casosalimentación. Tamén hai abuso dos maiores comodiscriminación por idade nos ambientes laborais.
ODía Internacional das Persoas de Idade celébrase o1 de outubro.[1]