Teodoro II, nado enRoma e finado na mesma cidade endecembro de897, foi oPapa n.º 115 daIgrexa católica. O seu pontificado durou tan só vinte días, e finou presuntamenteenvelenado.
Xa durante o seu papado, apareceron na beira dorío Tíber os restos do papaFormoso, que foran exhumados para a celebración doconcilio do cadáver e botados ao río durante o papado deEstevo VI. Despois, foron devoltos á súa tumba daBasílica de San Pedro.
Teodoro II convocou un sínodo, no que se anularon formalmente todas as decisións de Estevo VI, devolvéronse os seus dereitos aos eclesiásticos ordenados por Formoso e que Estevo considerara nulos, e ordenouse destruír as actas do mencionado concilio do cadáver.
Os numerosos partidarios dafamilia Spoleto, contrarios ás disposicións tomadas por Teodoro, intentaron impor a Serxio, conde deTúsculo, como papa, o que non acadarían até904, cando ocupou a cadeira de San Pedro comoSerxio III.