| Este artigo ou sección precisa contidos, imaxes ou perspectivas globais. Por favor, universalíceo. |
Tenente,[1][2] anteriormentelugartenente,[3][4] é un oficial dunexército, garda nacional ouforza aérea. Polo xeral, está ao mando dunhasección.
Emprego de oficial propio dos Exércitos deTerra,Aire e do Instituto Armado daGarda Civil que ostenta o mando de unidades de tropa do tamaño dunha sección ou similar. Na Garda Civil pode exercer o mando dun posto principal.[5] Equivale a inspector na policía. Áchase por enriba doalférez (emprego actualmente en desuso, relegado aos aspirantes a oficial e coñecido como alférez cadete) e por debaixo do capitán.[6] Adoita ser o emprego inicial dos integrantes das Escalas de Oficiais por acceso directo, tras cursar cinco anos de estudos nas diferentes Academias ou Escolas militares. A partir da promoción que ingresou nelas en 2010, a finalización destes estudos implicou, ademais do emprego de tenente, unha enxeñaría de grao válida tamén no ámbito civil.
O seu equivalente naArmada é oalférez de navío. A divisa consta de dúas estrelas amarelas de seis puntas sobre fondo de cor variable en función do Exército, caqui/verde (Exército de Terra), azul (Exército do Aire) e verde escuro naGarda Civil.
No ordenamento militar español tamén está contemplada a figura do tenente de complemento. Como o seu nome indica "complementa" aos militares de carreira para cometidos específicos. Asinan un contrato cun prazo determinado, ao final do cal deben abandonar obrigatoriamente as forzas armadas. A súa formación é bastante máis curta que a dos militares de carreira, pero esíxelles titulación universitaria previa.