Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Tenase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Atenase oucomplexo tenase é un complexo proteico que actúa nacoagulación do sangue como proteína activadora que activa ofactor X (factor dez) orixinando por clivaxe o factor Xa por dous modos: extrinsicamente ou intrinsicamente.

Tenase é unha contracción da palabra inglesa "ten" ('dez') e o sufixo propio dos encimas "-ase", dado que osubstrato ao que activa este complexo é o factor X (dez) de coagulación do sangue. Ás veces abréviase comoXase.

O complexo tenase extrínseco está constituído por:factor tisular (unha proteína unida a membranas),factor VII eCa2+ como ión activador.[1]

O complexo tenase intrínseco contén ofactor IX activo (IXa), o seu cofactorfactor VIII (VIIIa), o substrato (factor X), os cales son activados por superficies cargadas negativamente (como vidro, membranas deplaquetas activas, e ás vecesmembranas demonocitos).[2] Estes factores procoagulantes dependentes devitamina K atracan sobre estas superficies por medio do seudominio Gla con pontes de Ca2+.[3] Isto fai o proceso de activación moito máis rápido e bloquea a unión de inhibidores.[4]

Como a tenase intrínseca activa o factor X a unha velocidade de 50 a 100 veces maior que a tenase extrínseca, desempeña un papel esencial na amplificación do factor Xa e na xeración detrombina durante a fase de propagación da coagulación.[4]

Control de autoridades

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. T. A. Kovalenko, M. A. Panteleev, A. N. Sveshnikova. The mechanisms and kinetics of initiation of blood coagulation by the extrinsic tenase complex. Biophysics. March 2017, Volume 62, Issue 2, pp 291–300.[1]
  2. L. Autin, W. H. Lee, M. A. Miteva, K. Mertens, K. P. Radtke e B. O. Villoutreix. Molecular Models of the Procoagulant Intrinsic Tenase Complex. Blood 2004 104:1723.[2]Arquivado 17/02/2019, enWayback Machine.
  3. Mark D. Blostein, Barbara C. Furie, Isabelle Rajotte e Bruce Furie. The Gla Domain of Factor IXa Binds to Factor VIIIa in theTenase Complex. The Journal of Biological Chemistry. Vol. 278, No. 33, número de agosto 15, pp. 31297–31302, 2003.[3]
  4. 4,04,1Science DirectTenase
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tenase&oldid=5331462»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp