Chámasetelecomunicación á técnica de transmitir unha mensaxe desde un punto a outro, normalmente co atributo típico adicional de ser bidireccional. Provén do gregotele, que significa distancia. Polo tanto, o termotelecomunicación cobre todas as formas de comunicación a distancia, incluíndoradio,telegrafía,televisión,telefonía, transmisión dedatos e interconexión deordenadores.
AOrganización das Nacións Unidas proclamou o17 de maio como oDía Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade de Información[1]. A data conmemora a fundación, en1865, da Unión Internacional das Telecomunicacións (organismo da ONU especializado en telecomunicacións, responsable da regulación das telecomunicacións a nivel internacional entre as distintas administracións e empresas operadoras), coa sinatura do primeiro Convenio Telegráfico Internacional. A celebración naceu comoDía Mundial das Telecomunicacións para converterse en 2006 enDía Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade de Información.
A base matemática sobre a que desenvolven as telecomunicacións foi desenvolvida polo físico inglésJames Clerk Maxwell. Maxwell no prefacio da súa obraTreatise on Electricity and Magnetism (1873) declarou que a súa principal tarefa consistía en xustificar matematicamente conceptos físicos descritos ata ese momento de xeito unicamente cualitativa, como as leis da indución electromagnética e dos campos de forza, enunciadas porMichael Faraday. Con este obxecto, Maxwell introduciu o concepto deonda electromagnética, que permite unha descrición matemática axeitada da interacción entre electricidade e magnetismo mediante as súas célebres ecuacións que describen e cuantifican os campos de forzas. Maxwell predixo que era posíbel propagar ondas polo espazo libre utilizando descargas eléctricas, feito que corroborouHeinrich R. Hertz en1887, oito anos despois da morte de Maxwell, e que posteriormente supuxo o comezo da era da comunicación rápida a distancia. Hertz desenvolveu o primeiro transmisor de radio xerando radiofrecuencias entre 31 MHz e 1.25 GHZ.
As telecomunicacións comezan na primeira metade doséculo XIX cotelégrafo eléctrico, que permitiu enviar mensaxes que contiñan letras e números. A esta invención fixéronselle dous notábeis mellorías: a adición, por parte deCharlles Wheatstone, dunha cinta perforada para poder recibir mensaxes sen que un operador estivera presente e a capacidade de enviar varios mensaxes pola mesma liña, que se chamou despoistelégrafo múltiple, engadida porEmile Baudot.
Máis tarde veu oteléfono, co que foi posíbel comunicarse utilizando a voz, e a revolución da comunicación sen fíos: as ondas deradio.
A principios doséculo XX aparece oteletipo que, utilizando ocódigo Baudot, permitía enviar texto en algo parecido a unha máquina de escribir e recibir texto que era impreso por tipos movidos por relés.
O termotelecomunicación foi definido por primeira vez na reunión conxunta da XIII Conferencia da UTI (Unión Telegráfica Internacional) e a III da URI (Unión Radiotelegráfica Internacional) que comezou enMadrid o día3 de setembro de1932.
A definición entón aprobada do termo foi:
Telecomunicación é toda transmisión, emisión ou recepción, de signos, sinais, escritos, imaxes, sons ou informacións de calquera natureza por fío, radioelectricidade, medios ópticos ou outros sistemas electromagnéticos.
O día9 de decembro de 1932, en virtude dos acordos atinxidos na reunión antes citada, firmouse en Madrid o Convenio polo que se criaba aUnión Internacional de Telecomunicacións (UIT) que no futuro substituiría aos dous organismos anteriores (UTI e URI).
O seguinte aparello revolucionario nas telecomunicacións (por aló da metade do século) foi omódem que fixo posíbel a transmisión de datos entrecomputadoras e outros dispositivos.
Na década dos sesenta comeza a unión entre a telecomunicación e mais ainformática co uso de satélites de comunicación e as redes deconmutación de paquetes.
A década seguinte caracterizouse pola aparición das redes de computadoras e os protocolos e arquitecturas que servirían de base para as telecomunicacións modernas (nestes anos aparece aARPANET, que deu orixe áInternet). Tamén cabe salientar que nestes anos comeza o auxe da normalización das telecomunicacións: oCCITT traballa na normalización das redes deconmutación de circuítos e de conmutación de paquetes e aOrganización Internacional para a Estandarización crea omodelo OSI. A finais dos anos setenta aparecen asredes de área local,
Nos anos oitenta ascomputadoras persoais volvéronse populares, aparecen as redes dixitais e as redes de telecomunicacións comezan a facerse omnipresentes.
Na última década do século XX aparece Internet, que se expandiu enormemente e a principios doséculo XXI estamos vivindo os comezos da interconexión total, a través de todo tipo de dispositivos que son cada vez máis rápidos, máis compactos e máis poderosos.
Consideracións de deseño dun sistema de telecomunicación
Os elementos que integran un sistema de telecomunicación son: untransmisor, unhaliña oumedio de transmisión e posibelmente, imposto polo medio, unhacanle e finalmente unreceptor. O transmisor é o dispositivo que transforma ou codifica as mensaxes nun fenómeno físico, osinal. O medio de transmisión, pola súa natureza física, é posíbel que modifique ou degrade o sinal no seu traxecto desde o transmisor ao receptor. Por iso o receptor ha ter un mecanismo de decodificación capaz de recuperar a mensaxe dentro de certos límites de degradación do sinal. Nalgúns casos, oreceptor final é o oído ou o ollo humano (ou nalgún caso extremo outros órganos sensoriais) e a recuperación da mensaxe faise pola mente.
A telecomunicación pode serpunto a punto,punto a multipunto outeledifusión, que é unha forma particular depunto a multipunto que funciona soamente desde o transmisor aos receptores, sendo a súa versión máis popular aradiodifusión.
A función dos enxeñeiros de telecomunicación é analizar as propiedades físicas da liña ou medio de comunicación e as propiedades estatísticas da mensaxe a fin de deseñar os mecanismos de codificación e descodificación máis apropiados.
Cando os sistemas están deseñados para comunicar a través dos órganos sensoriais humanos (principalmente vista e oído), débense ter en conta as características psicolóxicas e fisiolóxicas de percepción humana. Isto ten importantes implicacións económicas e o enxeñeiro investigará que defectos poden ser tolerados no sinal sen que afecten excesivamente á visión ou audición.
Posíbeis imperfeccións nunha canle de comunicación son:ruído impulsivo,ruído térmico,tempo de propagación,función de transferencia de canle non linear, caídas súbitas do sinal (microcortes), limitacións no ancho de banda e reflexións de sinal (eco). Moitos dos modernos sistemas de telecomunicación obteñen vantaxe dalgunhas destasimperfeccións para, finalmente, mellorar a calidade de transmisión da canle.
Os modernos sistemas de comunicación fan amplo uso dasincronización temporal. Ata a recente aparición do uso da telefonía sobre IP, a maior parte dos sistemas de comunicación estaban sincronizados areloxos atómicos ou a reloxos secundarios sincronizados áhora atómica internacional, obtida na maioría dos casos víaGPS.
Xa non fai falla establecer ligazóns físicos entre dous puntos para transmitir a información dun punto a outro. Vivimos nun mundo cada vez máis pequeno no que os feitos ocorridos nun sitio, ocorren á mesma vez en todo o mundo. Estamos a entrar nunha nova clase de sociedade na que a información é predominante. O coñecemento é poder, e saber algo é todo aquilo que se precisa.
Co fin de aclarar todos os factores implicados nunha telecomunicación vexamos un exemplo simplista:
Tomemos unha conversación normal entre vostede e un amigo. A mensaxe é a frase que a súa mente decide comunicar ao seu amigo. O transmisor é a área de linguaxe do seu cerebro, os nervios motores, as súas cordas vocais, a larinxe e a súa boca, que produce eses sons chamados fala. O sinal son asondas sonoras que poden ser identificadas como fala. A canle é o ar que transporta esas ondas sonoras. As propiedades acústicas do espazo no que vostede está son: os ecos, o ruído ambiente e a reverberación. Entre vostede e o seu amigo (o receptor) poden existir outras tecnoloxías que poden ou non introducir as súas propias distorsións no sinal vocal orixinal (por exemplo o teléfono, un ligazón por radio,teléfono sobre IP etc.). O penúltimo receptor é o oído do seu amigo, o nervio auditivo, as áreas de linguaxe na mente do seu amigo, que deberán distinguir entre a súa voz e o son dun coche que pasa, descodificando finalmente as súas palabras e construíndo a mesma frase que vostede pronunciou.
O coche que pasa, é un exemplo dunha propiedade importante da canle, chamadaruído. Outra propiedade importante da canle é a chamadaanchura de banda, e calquera se decatará dos efectos dunha anchura limitada de banda se no canto de estar falando por teléfono co seu amigo o fixera a través dunwalkie-talkie.
O científico dos laboratorios BellClaude E. Shannon publicou en1948 un estudo tituladoUnha teoría matemática da comunicación. Esta publicación foi un fito para a realización dos modelos matemáticos usados para describir sistemas de comunicación, dentro da denominadateoría da información. A teoría da información permítenos avaliar a capacidade dunha canle de comunicación de acordo co seu ancho de banda e a súarelación sinal-ruído.
Na data da publicación de Shannon, os sistemas de telecomunicación estaban baseados, predominantemente, en circuítos electrónicosanalóxicos. A introdución masiva decircuítos integradosdixitais permitiu que os enxeñeiros de telecomunicación aproveitasen completamente as vantaxes da teoría da información, emerxendo, a partir da demanda dos fabricantes de equipos de telecomunicación, unha área especializada no deseño de circuítos integrados chamadaprocesamento de sinais dixitais.