Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Teixos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teixos (xéneroTaxus)

Flores do teixo europeo (Taxus baccata)
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Coniferophyta
Clase:Pinopsida
Orde:Pinales
Familia:Taxaceae
Xénero:Taxus
Especies
Oteixo de Bermiego (Asturias), considerado por algúns autores coma o teixo máis vello de Europa.
Arilo do teixo.

Taxus é unxénero deárboresconíferas da familiaTaxaceae, chamadosteixos.

Hábitat e distribución

[editar |editar a fonte]

Propios das zonas montañosas, con ambientes frescos e húmidos. Prefiren terreoscalcarios.

En Galiza atopamos só a especieTaxus baccata, hoxe moi escasa polas abundantes tallas durante aIdade Media, o mesmo ocorreu enInglaterra. Con todo, aínda atopamos algún teixedal nas serras ourensás. Sete individuos deteixo común aparecen recollidos noCatálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Descrición

[editar |editar a fonte]

Poden acadar unha altura de até 20 metros. Aínda que con frecuencia se desenvolve de xeito desigual, a súa copa é piramidal con abundantes pólas que saen do toro de xeito horizontal. Otoro é groso e cunha casca magra de tiras miúdas de cor parda avermellada ou cinsenta, acadando diámetros de 1,5 metros. Son moi lonxevos, podendo superar os 1.500 anos de vida.

Teñen follasperennes de 10 a 30 mm dispostas en dúas ringleiras opostas, de cor verde escura pola face superior e amarelenta ou glabra pola inferior. Son árbores dioicas, con pés masculinos ou femininos. Froitifica en xeito dearilo carnoso que arrodea a semente, de intensa cor vermella. Madurecen no outono e cada seis ou sete anos a árbore ten unha produción abundante de froitos. Raramente formanbosques, sendo o común encontrar os exemplares illados.

Case todas as partes da planta son ricas enalcaloides tóxicos:taxina,taxol, ebaccatina, sendo o primeiro o máis perigoso, pois pode levar á morte en poucos minutos. O arilo ou baga é a única parte libre de taxina, podendo ser inxerido coa precaución de retirar a semente.

A madeira é moi dura, de gran fino e apertado, o que a fai moi apta para aebanistaría e talla, aínda que a escaseza de pezas de suficiente grosor por mor do seu lento crecemento, limita o seu uso.

Usos e tradicións

[editar |editar a fonte]

Silio Itálico,Lucio Anneo Floro eSanto Isidoro de Sevilla sinalan o uso destas sementes por parte dos antigosgalaicos,cántabros eástures. Din que os poboadores daGallaecia empregábanas como veleno para se suicidar cando se atopaban sitiados polo inimigo ou presos deste.

Estes pobosceltas veneraban o teixo dado que formaba parte dalgúns dos seus rituais ao ser considerado unha árbore sagrada, probabelmente por mor á extraordinaria lonxevidade da planta, que a fai semellar inmortal. Por esta mesma razón ten sido plantado profusamente naCornixa Cantábrica ou nasIllas Británicas ao abeiro de ermidas, igrexas e cemiterios dende tempos remotos, como símbolo da transcendencia da morte. Véxase artigoSanto André de Teixido (Teixido de teixo).

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Teixos
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Teixos
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Teixos&oldid=6898742»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp