Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Teis, Vigo

Coord.:42°15′27″N8°41′12″O / 42.257516666667,-8.6866305555556
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Teis»)
Teis
Igrexa parroquial de San Salvador de Teis.[1]
ConcelloVigo[2]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°15′27″N8°41′12″O / 42.257516666667,-8.6866305555556
Poboación2.227 hab. (2022)
Entidades de poboación41[2]
editar datos en Wikidata ]

San Salvador de Teis é unha parroquia do concello deVigo, cuxa partemeridional forma parte do núcleo urbano. Segundo oIGE,[3] en2022 tiña 2.227 habitantes (1.121homes e 1.106mulleres). Limita coas parroquias deCandeán,San Paio ea cidade de Vigo e pertence óarciprestado de Vigo-Teis.

Entidades de poboación

[editar |editar a fonte]

Ten 6 entidades de poboación (A Mouta, A Paradela, O Paraixal, A Presa, O Pugariño, e Rorís) e 35 lugares (Arnela, Cacharela, A Calzada, Cancelo, Os Caños, A Chumba, As Coutadas, O Espiñeiro, A Ferreira, As Flores, Foxos, Frián, A Guía, Guixar, A Igrexa, A Lagoa, O Laranxo, Maceiras, O Montecelo, A Oliveira, Padín, Poulo, A Punta, A Ribeira, Ríos, A Rotea, Santa Trega, Tizón, Tobel, O Toural, Trapa, Travesán, O Troncal, Valbarda e A Xorxa).

Está situada nas abas domonte da Guía e domonte da Madroa.

Historia

[editar |editar a fonte]
Petróglifo en Teis (Gondesende).

No barrio de Teis atopáronse restospaleolíticos (bifaces) que datan a presenza de grupos de colleitadores ecazadores na zona. Tamén foron achados restosneolíticos (petróglifos datados nocalcolítico). Non obstante, descoñécese exactamente cando se asentou permanentemente a poboación no lugar. Sábese de asentamentoscastrexos (romanizados coma o da Guía) eromanos no barrio. Durante a década de1950 atopáronse restos romanos, entre os que salienta unha prensa deaceite que probablemente pertencía a unhavila romana, localizada precisamente nun lugar chamado hoxe en día a Oliveira. Os primeiros datos históricos conservados son de1145 d.C.

Guixar.

Nos séculosXVI eXVII, Teis vivía baixo o señorío de Pedro Fernández de Castro e Andrade,conde de Lemos. Noséculo XIX pasaría ó Cabido deTui.

RúaSanjurjo Badía.

Orixinariamente, Teis foi un barrio de pescadores localizado en Guixar. Pronto o lugar foi ocupado porestaleiros debarcos demadeira e outras manufacturas do mar. Aínda hoxe, malia o avance dos edificios, poden atoparse loxas derruídas onde se acubillaban aqueles estaleiros. Son casas e obradoiros construídos durante os séculosXVIII e XIX. Teis sufriu o embate da frota do pirataDrake no século XVI e foi asolado.

Instalación feita en 2007, no Troncal.

Dende o foco de Guixar, Teis estendeuse rapidamente pola faldra do monte da Madroa. Progresivamente, Teis foi abranguido por Vigo, perdendo toda posibilidade de crecemento autónomo. Converteuse axiña nunha barriada obreira e mariñeira. Durante o crecemento da cidade de Vigo ó longo dos séculos XIX eXX, Teis foi o barrio ó que acudían en aluvión osemigrantes procedentes maioritariamente deOurense e, en menor medida, deLeón, que chegaban á cidade. Así, por exemplo, en1914 construíuse otranvía que unía Teis e Chapela con Vigo, co obxectivo declarado de transportar os traballadores ata Vigo.

Praza de abastos.

No século XX a franxa litoral de Teis foi invadida polos estaleiros, entre os que cabe salientarVulcano, aberto en1940 e dedicado principalmente á construción de buques pesqueiros, eAscón (Astilleros y Construcciones), no lugar de Ríos, empresa fundada en1969 e cuxo peche foi decretado polo Goberno deFelipe González (PSOE) en1984, en plena crise do sector naval. Nas súas instalacións xurdiu o estaleiroRodman, hoxe en actividade.

Centro Sociocomunitario.

A mediados do século XX naceu, na aba domonte da Guía, o arrabalde marxinal deWichita, no Espiñeiro.

Durante un breve período no ano1936, Teis acadou a condición deconcello, segregándose doconcello de Lavadores. Non obstante, a finais de 1936 foi restituído a Lavadores. Precisamente, Teis, xunto a Lavadores, foron os derradeiros redutos de resistencia aogolpe de estado de 1936, o cal orixinou en ambos barrios unha forte represión que duraría toda aguerra e gran parte da posguerra. A progresiva proletarización do barrio converteuno en foco das loitas obreiras contra ofranquismo. Acosado pola crise depetróleo de1972 e polo previsible fin do franquismo, xurdiron diversas organizacións de xénesemarxista-leninista que se enfrontaron ao réxime. OsGRAPO,Organización Obreira (OO) e outrossindicatos ilegais contaban con afiliados no barrio e influían poderosamente sobre os traballadores do metal. Algúns dos militantes clandestinos, comaMoncho Reboiras,Abelardo Collazo e o seu irmán Anxo, Alonso Riveiro ou Xosé González (Pepiño), vivían ou traballaban en Teis. Abelardo Collazo e Alejandro López Vilas crearon aAsociación Cultural de Teis por eses anos. Neste cadro de contestación social e política constitúese en1976 aAsociación de Veciños de Teis, sendo a primeira asociación veciñal de Vigo legalmente establecida.

Auditorio municipal de Teis.

Coa chegada da restitucióndemocrática, a loita obreira devalou no seu sentido político. Así e todo, continuou a conflitividade laboral. Os estaleiros de Vigo, e entre eles, Vulcano e Ascón, sufriron unha dura reconversión ordenada en 1982 polo goberno dirixido polo PSOE. As protestas e manifestacións repetíronse no barrio durante anos. Finalmente, pouco se conseguiu e os estaleiros de Teis foron practicamente desartellados.

ETEA.

Todas estas reivindicacións, tanto durante o franquismo como durante a restauraciónborbónica, crearon no ánimo dos habitantes de Teis o convencemento de seren un barrio marxinado e esquecido, no que abondaban instalacións perigosas como os depósitos da CAMPSA, en Guixar, ou enclaves como os extensos terreos ocupados pola Armada española naEscuela de Transmisiones y electricidad de la Armada (ETEA) ó tempo que existía unha manifesta carencia de servizos e instalacións públicas. Esta soterrada conflitividade estoupou violentamente cando o concello de Vigo, presidido porCarlos González Príncipe (PSOE), ordenou, en contra do parecer dos veciños, a instalación dunha planta compactadora delixo no peirao de Guixar. Era1994, e pronto o conflito converteuse nunha revolta veciñal que se prolongou durante meses e que provocou unha forte represiónpolicial, que espertou nos veciños o recordo dos peores tempos. Finalmente, a revolta desgastou o prestixio do PSOE local e trouxo o goberno municipal doPP, partido que prometeu retirar a planta compactadora. Esta promesa nunca se cumpriu.

Fonte da Fenosa.

Morfoloxía

[editar |editar a fonte]

Trátase dun dos barrios históricos de Vigo. Teis alóngase dende o comezo da rúa Sanjurjo Badía ata a parroquiaredondelá deChapela de oeste a leste e dende a beiramar, enGuixar, ata a Travesía de Vigo de norte a sur. O barrio de Teis espállase por uns 5,80 quilómetros cadrados costeiros e ten unha poboación duns 25.000 habitantes. É un dos barrios vigueses máis densamente poboados.

O barrio artellouse arredor do mercado de abastos, situado no lugar doToural. Consta dun casco urbano antigo practicamente desaparecido e unha aglomeración urbana caótica e desordenada arredor da avenida Sanjurjo Badía, que divide o barrio en dúas metades. A súa orografía é ben complicada e está atrapado entre a beiramar e o voluminosomonte da Madroa. O barrio, deitado nesta estreita franxa, presenta un elevado desnivel, pois pasa do nivel do mar aos 350 metros de altitude da Madroa en escasos quilómetros. Omonte da Guía, que descende ata o mar, ten 100 metros de altura.

Infraestruturas e urbanismo

[editar |editar a fonte]

Malia estar plenamente integrada no casco urbano da cidade máis populosa deGalicia, Teis conserva trazos dunha distante orixe rural e mariñeira. A carón de modernas edificacións e de vías públicas tan importantes no territorio, como asliñas férreas e asautoestradasAP-9 eRande-Puxeiros, conviven vivendas unifamiliares, minúsculas explotacións agrarias, leiras ehortas, chalés e descampados. A zona de Guixar, por exemplo, non tiña sumidoiros ata finais da década de1990. Ademais o barrio, principalmente a rúa Sanjurjo Badía, sofre un intenso tráfico, tanto de turismos coma decamións, por ser ruta cara aPontevedra así como a situación de zonas industriais na súa costa. Sanjurjo Badía está considerada unha das rúas máis ruidosas, por mor do tráfico rodado, tanto de Galicia como deEspaña.[Cómpre referencia]

Teis na literatura galega

[editar |editar a fonte]

Xosé Luís Méndez Ferrín sitúa ao seu heterónimo Dosinda Areses, veterana galeguista fundadora daUPG, en Espiñeiro. As crónicas de Dosinda Areses, asinadas en Teis, foron publicadas entre1979 e1983 enEl Pueblo Gallego,Hoja del Lunes eA Nosa Terra, sendo compiladas porXerais en1998.

O Teis dos anos 70 e 80 do século XX é escenario e protagonista da novela publicada en2004 porGalaxia,Xeración Perdida, deFrancisco Castro.

Teis e a Igrexa Católica

[editar |editar a fonte]

Teis pertence adiocese de Tui-Vigo e aoarciprestado de Vigo-Teis. De feito, en Teis está situada a sé do Bispado, concretamente, na rúaDoutor Corbal. A parte, Teis ten algúns dos templos máis interesantes de Vigo. Entre eles, destacan aermida da Nosa Señora das Neves, un pequeno templo proxectado porManuel Gómez Román en1951 e erixido no curuto domonte da Guía, e aigrexa da Nosa Señora das Neves, da que depende a ermida. Esta igrexa organicista de1968 é obra doarquitecto galegoXosé Bar Boo sendo un magnífico exemplo da arquitectura funcional.

  • Tribunal eclesiástico.[4]
    Tribunal eclesiástico.[4]
  • Ermida da Guía.[5]
    Ermida da Guía.[5]
  • Nosa Señora das Neves.[6]
    Nosa Señora das Neves.[6]
  • Igrexa de Santo Cura de Ars.
    Igrexa de Santo Cura de Ars.
  • Santo Ignacio de Loyola.
    Santo Ignacio de Loyola.
  • Igrexa de S. Fco. Xabier.[7]
    Igrexa de S. Fco. Xabier.[7]
  • Mosteiro das Salesas.[8]
    Mosteiro das Salesas.[8]

No barrio atópanse tamén as parroquias de SantoIgnacio de Loyola, a de Santo Cura de Ars, de recente construción, ou a de San Francisco Xavier. Destaca igualmente omosteiro das Salesas Reais, sorprendente obra do arquitectoAntonio Palacios. Camiño de Chapela, encóntrase o fogar dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres, que naceu en1967 e acolle a vagabundos e marxinados.

Espazos naturais

[editar |editar a fonte]

Teis tamén tenáreas verdes moi importantes e, nalgún caso, conservadas nun estado semisalvaxe. No barrio poden visitarse a centenaria carballeira daGuía, oparque da Riouxa, deseñado polo arquitectoRicardo Bofill, o parque da Madroa cun inmensopiñeiral e exemplos desobreiras,carballos,bidueiros,castiñeiros etc. Teis tamén ten algúns dos miradoiros máis fermosos sobre aría de Vigo, como o da ermida domonte da Guía, ofaro situado no mesmo monte ou omonte da Madroa.

En cambio, o litoral de Teis está moi deteriorado. Dende mediados da década de 1990 diversos colectivos, entre eles a Asociación de Veciños do barrio, reivindican a recuperación e conservación dos escasos areais que aínda perduran. O resto de litoral de Teis xace baixo recheos e peiraos, principalmente o peirao de Guixar, construído a finais da década de 1980 e actualmente infrautilizado. En 2005 o litoral de Teis sufriu unha importante agresión cos aterramentos ilegais e construción, coa oposición de boa parte da veciñanza,[Cómpre referencia] dun macroporto deportivo na Lagoa promovido pola Autoridade Portuaria. A máis sonada praia do barrio, A Punta, fora xa alterada na súa morfoloxía, a finais de 1990, logo da controvertida construción dun paseo marítimo.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Piscina municipal.
    Piscina municipal.
  • IES Os Rosais II, nas Flores.
    IES Os Rosais II, nas Flores.
  • IES Rep. Oriental do Uruguai.
    IES Rep. Oriental do Uruguai.
  • IES A Guía.
    IES A Guía.
  • Placa catalogada.[9]
    Placa catalogada.[9]

Lugares e parroquias

[editar |editar a fonte]

Lugares de Teis

[editar |editar a fonte]
Lugares da parroquia deTeis no concello deVigo (Pontevedra)

Arnela |Cacharela |A Calzada |Cancelo |Os Caños |A Chumba |As Coutadas |O Espiñeiro |A Ferreira |As Flores |Foxos |Frián |A Guía |Guixar |A Igrexa |A Lagoa |O Laranxo |Maceiras |O Montecelo |A Mouta |A Oliveira |Padín |A Paradela |O Paraixal |Poulo |A Presa |O Pugariño |A Punta |A Ribeira |Ríos |Rorís |A Rotea |Santa Trega |Tizón |Tobel |O Toural |Trapa |Travesán |O Troncal |O Valbarda |A Xorxa

Parroquias de Vigo

[editar |editar a fonte]
Galicia |Provincia de Pontevedra | Parroquias deVigo

Alcabre (Santa Baia) |Beade (Santo Estevo) |Bembrive (Santiago) |Bouzas (San Miguel) |Cabral (Santa Mariña) |Candeán (San Cristovo) |Castrelos (Santa María) |Cíes |Coia (San Martiño) |Santo André de Comesaña (Santo André) |Coruxo (San Salvador) |A Florida (Santo Antonio) |Freixeiro (San Tomé) |Lavadores (Santa Cristina) |Matamá (San Pedro) |Navia (San Paio) |Oia (San Miguel) |Saiáns (San Xurxo) |San Paio (San Paio de Fóra) |Sárdoma (San Pedro) |Teis (San Salvador) |Valadares (Santo André) |Vigo |Zamáns (San Mamede)

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Conxunto parroquial de S. Salvador de Teis[Ligazón morta].
  2. 2,02,1Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  3. IGE (ed.)."IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia"(engalego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  4. Casa do Bispo[Ligazón morta].
  5. Esteban Fernández Cobián, congresoArquitectura religiosa contemporánea en GaliciaArquivado 23 de decembro de 2009 enWayback Machine., 2007(encastelán).
  6. Igrexa da Nosa Señora das Neves[Ligazón morta].
  7. Catálogo de Bens Culturais[Ligazón morta].
  8. Mosteiro da Visitación das Salesas Reais[Ligazón morta].
  9. Catálogo de Bens Culturais[Ligazón morta].

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Teis, VigoModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Onomástica do rueiro deVigo
Algúns dos persoeiros ouinstitucións que dannome ásrúas,prazas, avenidas, travesías, camiños,parques e paseos da Cidade olívica

Abade Juan de BastosAbeleira MenéndezAfonso X o SabioAfonso XIIAfonso XIIIAlcalde E. Martínez GarridoAlcalde Gregorio EspinoAlcalde José Ramón FontánAlcalde PortanetAlexandre BóvedaAlfredo BrañasAlmeidaAlonso OjedaÁlvaro CunqueiroAmador MontenegroAndrés GaosAmor RuibalÁngel de Lema MarinaÁngel IlarriÁngel Llanos (fotógrafo)Ángela Iglesias RebollarÁngeles AlvariñoAntía CalAntón BeirasAntonio Nieto Figueroa "Leri"Antonio OdriozolaArcebispo XelmírezArgüellesArquitecto Alberto BaltarArquitecto Antonio ComingesArquitecto Gómez RománArquitecto PalaciosArquitecto Pérez BellasArquitecto Xosé Bar Boo • ArquitectosCastro eAlonsoBenedicto CondeBenito Castro NogueiraCachamuíñaCalatravaCamilo José CelaCamilo TucheCamilo VeigaCantigasCánovas del CastilloCarlos Blanco YáñezCarlos Casares MouriñoCarlos MasideCarlos OrozaCarmen Miguel AgraCarralCasiano MartínezCastelaoCastelarCayetano Pérez de LimiaCelso Emilio FerreiroCelso Rivas PérezCervantesCesáreo GonzálezCesáreo VázquezChano PiñeiroCharlie RivelCitröenChurrucaClara CampoamorColónConcepción ArenalConde de GondomarConde de TorrecedeiraCondesa Casa BárcenaCronista Álvarez BlázquezCronista EspinosaCronista Rodríguez ElíasCurros EnríquezDarío Álvarez BlázquezDesiderio Pernas (arquitecto)Doctor ToscanoDoutor CanoaDoutor Carlos Colmeiro LaforetDoutor CarracidoDoutor CorbalDoutor CadavalDoutor Darío Durán GómezDoutor Enrique Suárez GuntínDoutor González SierraDoutor Juan Fernández CasalDoutor MarañónDon BoscoDon QuixoteDona CristinaEduardo Blanco AmorEduardo CabelloEduardo ChaoEduardo IglesiasElduayenElio Antonio de NebrijaElisardo Dacosta TorresEmilia Pardo BazánEnric MirallesEnrique Alonso-XalueiroEnrique Blein BudiñoEnrique LorenzoEnrique X. MacíasErasmoErnesto LecuonaEscritora M. Xosé QueizánEscultor Gregorio FernándezEscultor NogueiraEscultor Xoán PiñeiroEscultor Xosé María AcuñaEsperantoEugenio ArbonesEugenio FadriqueEugenio González de HazEugenio KraffFaustino ÁlvarezFeliciano RolánFermín PenzolFernando CondeFernando Conde Montero-RíosFernando ElorrietaFernando Lago OlanoFernando o CatólicoFotógrafo Felipe PrósperiFotógrafos Irmáns SarabiaFrancisco Fernández del RiegoFrancisco de SalesFrancisco Rey RiveroGaiteiro Ricardo PortelaGaiteiros AiriñosGalileoGamboaGarcía BarbónGarcía LorcaGarcía OlloquiGarcía PicherGenaro BorrásGerardo Campos RamosGonzalo Torrente BallesterHeraclio BotanaHernán CortésHipólito de SaIglesias EspondaIgnacio GrobasIlustraciónInés Pérez de CetaIrmandiñosIrmáns Misioneiros dos Enfermos PobresIsaac Díaz PardoIsaac PeralIsabel IIIsabel a CatólicaJacinto BenaventeJaime BalmesJenaro de la FuenteJoaquín Fernández Santomé QuinochoJoaquín LorigaJoaquín YáñezJohan CarballeiraJosé Antela CondeJosé Franco MontesJosé Gómez Posada CurrosJuan Ramón JiménezJulia MinguillónJulián EstévezLeonardo da VinciLlorenteLópez de NeiraLópez MoraLuis BrailleLuis Ksado (fotógrafo)Luis SeoaneLuis TaboadaMagallanesManuel de CastroManuel NúñezMaría BerdialesMaría do Carme KruckenbergMarie CurieMarqués de AlcedoMarqués de ValladaresMartín Alonso PinzónMartín CodaxMartín EchegarayMaruxa MalloMaxwellMéndez NúñezMenéndez PelayoMercedes Núñez TargaMestre ChanéMestre MateuMestre SoutulloMiguel Ángel BlancoMiguel HernándezMontero RíosNazario González MoxenasNúñez de BalboaOtero PedrayoPablo IglesiasPablo MorilloPadre FeijooPadre Ramón María AllerPadre SarmientoPedro AlvaradoPaz PardoPi y MargallPintor ColmeiroPintor José Frau RuizPintor LaxeiroPintor LugrísPintor Mario F. GranellPintor San LuisPizarroPoeta AñonPoeta PondalPoeta Vesteiro TorresPolicarpo SanzPríncipePrincesaPurificación SaavedraRamiro PascualRamón NietoRamón del Valle-InclánRamón y CajalReyesRicardo MellaRogelio AbaldeRosalía de CastroRosario Hernández Diéguez (A Calesa)Salvador AllendeSan AmaroSan BernaldoSan FranciscoSan GregorioSanto IgnacioSan LourenzoSan PaioSan RoqueSan SebastiánSanta TregaSan VicenteSuárez-LlanosSan TelmoSan XoánSan Xoán de DeusSan XoséSanjurjo BadíaSanta AnaSanta LucíaSantiagoSerafín AvendañoSevero OchoaSimón BolívarSuso Vaamonde PoloTaboada LealTeófilo LlorenteTomás A. AlonsoTomás Delmiro Martínez SilvaTrobador MendinhoUrania Mella SerranoUrzáizValentín Paz-AndradeVázquez VarelaVelázquez MorenoVentura González PrietoVicente RiscoVirxilio Blanco GarridoXaime PachecoXeración NósXoán XXIIIXosé Gil (fotógrafo)

Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Teis,_Vigo&oldid=6805096»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp