Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Téxtil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tea»)
Mercado dominical de teas nas proximidades deKarachi,Paquistán.

Otéxtil[1] (que provén dolatín "textilis" que, á súa vez provén de "texere", tecer) é aquilo relacionado coas telas fabricadas por medio de tramas e tecidos. Trátase dun material flexible que consiste nunha rede defibras, tanto naturais coma artificiais, chamadasfíos. Até oséculo XX había catro tipos de fibras empregadas, oalgodón e oliño, que proveñen de fibras vexetais, e ala e aseda, que son fibras animais. No presente, a maioría de telas fanse con fibras artificiais.

Historia

[editar |editar a fonte]

As primeiras roupas apareceron hai uns 70 000 anos, e se cadra mesmo antes, e estaban feitas de peles de animais que axudaron a protexer ós humanos do frío daglaciación. Nalgún punto da historia, os humanos aprenderon a tecer fibras de plantas para fabricar téxtiles.

O descubrimento de fibras de liño tinguidas nunha cova deXeorxia, datadas do -34 000, suxire que o emprego de materiais téxtiles é propio tamén dos tempos prehistóricos.[2][3]

Maquinaria téxtil enLlanwrtyd,Gales, na década de 1940.

A produción de produtos téxtiles sufriu unha constante evolución cuxa velocidade e escala de produción foi alterada polaindustrialización e pola introdución das modernas técnicas de fabricación. Porén, os principais tipos de tecido, como oligamento tafetán,ligamento sarga ou oraso sufriron poucas diferenzas entre a antigüidade e a era moderna.

Ó longo do século XX as fibras plásticas fixéronse cunha parte importante no uso. No século XXI as fibras feitas a partir de reciclados e amadeira[4] están probando o seu uso.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paratéxtil.
  2. Balter, M. (2009). "Clothes Make the (Hu) Man".Science325 (5946): 1329.PMID 19745126.doi:10.1126/science.325_1329a. 
  3. Kvavadze, E.; Bar-Yosef, O.; Belfer-Cohen, A.; Boaretto, E.; Jakeli, N.; Matskevich, Z.; Meshveliani, T. (27 de novembro de 2009)."30,000-Year-Old Wild Flax Fibers".Science325 (5946): 1359.PMID 19745144.doi:10.1126/science.1175404. Arquivado dendeo orixinal o 28 de novembro de 2018. 
  4. ambiente, Medio."Esta camiseta está hecha con madera".eldiario.es(encastelán). Consultado o2019-03-26. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Téxtil&oldid=6646525»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp