Tbilisi[1] (transliterado doxeorxiano: თბილისი, [tʰb̥ilisi] (AFI), escoitar), antigamenteTiflis, é a capital e a maior cidade deXeorxia. Localízase no centro do país, noCáucaso, nas marxes dorío Kura. Segundo datos de 2005 a cidade ten 1.093.000 habitantes e a área metropolitana 1.300.000. Fundouna o reiVakhtang I Gorgasali noséculo V e foi a capital da Xeorxia a partir doséculo VI d.C.
A cidade ten máis de 1.345.000 habitantes e unha superficie de 726 km².
Tiflis é un importante centro industrial, social e cultural. A cidade é unha importante ruta de tránsito da enerxía global e o comercio. Localizada estratexicamente entreEuropa eAsia e antigamente situada naRuta da Seda, Tiflis foi a miúdo un punto clave nas relacións de imperios rivais. A historia da cidade pode ser vista pola súa arquitectura onde aavenida Rustaveli , deseñada polobarón Haussmann, e o centro están mesturados coas estreitas rúas do distrito medieval deNarikala.
A demografía da cidade é diversa e historicamente foi fogar de xente de diferentes etnias, relixión e cultura. A pesar de ser maioritario o número decristiáns ortodoxos, Tiflis é un dos poucos lugares no mundo onde unha sinagoga e unha mesquita están próximas a unha da outra, no antigo distrito deAbanotubani a varios metros daigrexa de Metekhi. Recentemente, Tiflis foi coñecida pola pacíficaRevolución das rosas, que tivo lugar napraza da Liberdade e lugares próximos. A consecuencia diso, o entón presidente,Eduard Shevardnadze, foi desprazado do poder.
A cidade conta cun aeroporto internacional. Os seus principais lugares turísticos son acatedral de Sameba, a praza da Liberdade, acatedral de Sioni, Metekhi, Narikala, o Parlamento de Xeorxia, a avenida Rustaveli, o Teatro da Ópera e o Ballet, abasílica de Anchiskhati, a montaña deMtatsminda e aigrexa de Kashveti, preto da cal atópanse o Museo Nacional, o Museo Histórico e numerosas galerías de arte. A cidade foi inmortalizada polos pintoresNiko Pirosmani eLado Gudiashvili.