Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Tau Ceti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Tau Ceti, sinalada cunτ, na constelación da Balea.

Tau Ceti (τ Cet,τ Ceti)[1] é unhaestrela daconstelación deCetus[2] que se asemellaespectralmente ósol, malia que só ten o 78% damasa do sol. A unha distancia de pouco menos de 12anos luz dosistema solar, é unha estrela relativamente achegada, e é a estrela solitaria máis próxima detipo G.[3] A estrela semella estable, cunha lixeiravariación estelar.

Tau Ceti édeficiente do metal, o cal se relaciona acotío cando non hai planetas xigantes e poucosplanetas rochosos. As observacións detectaron que hai dez veces máis po que o presente no sistema solar.

Dende decembro de 2012, hai probas de cinco planetas orbitando Tau Ceti, e un deles pode estar potencialmente nazona de habitabilidade.[4][5] Por mor dodisco residual, calquera planeta que orbite Tau Ceti pode padecer máisimpactos astronómicos que a Terra. Malia este atranco dehabitabilidade, as súas características comoanálogo solar (semellante ó Sol) fixeron medrar o interese pola estrela. De acordo coa súa estabilidade, semellanza e relativa proximidade ó Sol, Tau Ceti está sempre na lista de obxectivos do proxecto daSearch for Extra-Terrestrial Intelligence (SETI), e aparece na literatura de ciencia ficción.[6]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Oxford University Press (ed.)."Definición detau na versión online do Oxford Dictionary"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 28 de setembro de 2015. Consultado o3 maio 2014. 
  2. A 19º estrela da constelación.
  3. Alpha Centauri está máis preto, pero forma parte dun sistema triplo.
  4. "Tau Ceti's planets nearest around single, Sun-like star".BBC News. 19 de decembro de 2012. 
  5. "Tau Ceti May Have a Habitable Planet".Astrobiology Magazine. 19 de decembro de 2012. Arquivado dendeo orixinal o 14 de maio de 2013. Consultado o 27 de setembro de 2015. 
  6. Rutkowski, Chris A. (2010).The Big Book of UFOs. Dundurn. p. 33.ISBN 1554887607. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Tau CetiModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tau_Ceti&oldid=6174162»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp