Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Tashkent

Coord.:41°18′40″N69°16′47″L / 41.3111,69.2797
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTashkent
Тошкент (uz-cyrl)
Toshkent (uz-latn)Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Vista no inverno
Imaxe

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 41°18′40″N69°16′47″L / 41.3111,69.2797
EstadoUzbekistánEditar o valor en Wikidata
Enclave enProvincia de TashkentEditar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.956.384(2023)Editar o valor en Wikidata (8.830,3hab./km²)
Lingua oficiallingua uzbekaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie334,8 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porChirchiq(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Altitude455 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoShavkat Umurzakov(en)Traducir(2024–)Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal100000Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico71Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2UZ-TKEditar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webtashkent.uzEditar o valor en Wikidata
Facebook: ToshkenthokimligiInstagram: toshshaharhokimlikTelegram: poytaxt_uzYoutube: UC0lSmuOGz7tujTQIoop4UbABNE: XX451366Editar o valor en Wikidata

Tashkent[1][2] (enruso:Ташкент; enuzbeko:Тошкент/Toshkent) é a capital deUzbekistán, unha cidade de 2 073 000 habitantes, aínda que datos extraoficiais falan de que se achega aos tres millóns.

Áchase situada nun oasis irrigado polos ríosChirchik eKeles. O nome da cidade mudou máis dunha vez: so o dominiochinés, durante adinastía Han, era chamadaBeitan. Máis tarde pasou a ser denominadaChachkand, que evolucionou paraTashkand e logo Tashkent. O seu nome significa "cidadela de pedra" (taš : pedra en turco + kand, kent : cidade, vila, palabra centro-asiática).

Actualmente Tashkent non só é a capital da república, senón tamén o maior centro económico e cultural.

Clima

[editar |editar a fonte]

O clima da cidade é de tipo clima continental|continental, con invernos moi fríos e veráns moi calorosos. O mes máis cálido é o de xullo, cunha media de 27,1 °C, pero as temperaturas poden exceder os 40 °C á sombra. O mes máis frío é xaneiro cunha media de -1,1 °C. Porén as temperaturas medias anuais son de 13,5 °C. As precipitacións anuais só atinxen 417 mm anuais de media. As chuvias caen sobre todo nos meses primaverais, e o verán é longo e sen precipitacións.

Historia

[editar |editar a fonte]

Tashkent ten unha antiga orixe. Foi fundada polos árabes no ano750 no oasis dorío Chirchik. Durante moito tempo foi controlada polos nómades doTurquestán, en tanto non era ocupada poloschineses. No ano1219 a cidade foi destruída porXenxis Khan, sendo reedificada posteriormente. No1809 foi anexionada aoKhanato de Kokand, do cal formaría parte até o1865, ano no que foi incorporada aRusia. En1889 foi unida ao resto deRusia coa construción do camiño de ferro transcaspiano.

O século XX

[editar |editar a fonte]
Vista dunha avenida de Tashkent

Tras a caída do imperioruso, Tashkent viuse incorporada áURSS, como parte primeiro daRepública Socialista Soviética Autónoma do Turquestán e logo daRepública Socialista Soviética de Uzbekistán. Durante asegunda guerra mundial foron deslocadas para a cidade moitas industrias da zona occidental da Unión Soviética, que estaban ameazadas polo avance das tropas alemás, o que fixo medrar Tashkent con rapidez.

O25 de abril de1966, a cidade sufriu os efectos dun forteterremoto (7.5 graos daescala de Richter), que deixou sen vivenda máis de 300 000 persoas.

No1991, da cando a caída daUnión Soviética, Tashkent pasou a formar parte doUzbekistán, do que se tornou a capital.

Principais monumentos

[editar |editar a fonte]
  • Madrasa e mesquita de Khazret (Khast) Imam

De fins do século XVI; conserva fragmentos do máis antigo exemplar do Corán do mundo, que pertenceu ao segundo califa directo, Osmán.

  • Mausoleo de Kaffal Chachi

Edificación de1541.

  • Madrasa Koukeldach

Construída a fins do século XVI.

  • Pazo do Príncipe Romanov

Construído noséculo XIX polo Gran DuqueNikolai Konstantinovich, curmán doTsarAlexandre III de Rusia. Unha parte do pazo está ocupada por un museo, e a outra polo Ministerio de Asuntos Exteriores.

  • Museo de Belas Artes do Uzbekistán

Conserva unha estesa colección artística relativa ao período pre-ruso, parte procedentes da antigaSogdiana, obras relixiosaszoroástricas ebudistas. Conserva tamén moitas obras do período ruso, sobre todo de artes aplicadas.

  • Museo de Amir Timur

Está dedicado aTamerlán.

Medios de comunicación de masas

[editar |editar a fonte]

En Tashkent edítanse variosxornais, dos que 9 saen enlingua uzbeka, 4 eninglés e 9 enruso. Posúe tamén medios emisores detelevisión; cómpre destacar a torre da televisión, erguida en época soviética, e que atinxe unha altura de 375 metros.

Transporte

[editar |editar a fonte]

Tashkent é das poucas cidades daAsia Central que ten metro. Comezado a construír en1977, na actualidade ten tres liñas. Hai tamén autobuses e trolebuses para moverse no interior da cidade. Está unida por ferrocarril coas cidades máis importante de Asia Central e mesmo da China. Posúe un aeroporto internacional.

Irmandamentos

[editar |editar a fonte]

Tashkent, está irmandada con:

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Rodríguez, Anaír; Davila Ventura, Montserrat (2004). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed.Lingua galega. Dúbidas lingüísticas(PDF). p. 108.ISBN 84-8158-266-2. 
  2. «Tashkent».Diciopedia do século 213. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 2008.ISBN 9788482893600. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  TashkentModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Unha vista aérea de Tashkent
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tashkent&oldid=6879707»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp