Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Tarsykiia Matskiv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTarsykiia Matskiv

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1919Editar o valor en Wikidata
Khodoriv, UcraínaEditar o valor en Wikidata
Morte18 de xullo de 1944Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Chervonohrad, UcraínaEditar o valor en Wikidata
Causa da morteferida por arma de fogoEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaKhodoriv(2007–)
cemiterio de Lychakiv, поле 2149°49′55″N24°03′22″L / 49.8319,24.0562Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católicaEditar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónmonxaEditar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa18 de xulloEditar o valor en Wikidata

Tarsykiia Matskiv (ucraíno:Тарсикія Мацьків), nada comoOlha Matskiv (enucraíno:Ольга Мацьків) o23 de marzo de1919 enKhodoriv e finada o17 de xullo de1944 enKrystynopil, foi unha monxa emártirgreco-católica ucraína.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Entrou naCongregación das Servas de María Inmaculada o3 de maio de1938, facendo os primeiros votos o5 de novembro de1940. Xa antes da chegada doExército Vermello fixera a promesa ante o seu director espiritual Volodymyr Kovalyk de dar a súa vida pola conversión deRusia e polaIgrexa católica.

O17 de xullo de1944, arredor das oito da mañá, un soldado ruso chamou á porta do convento. Cando Matskiv atendeu a porta, recibiu disparos e finou. Posteriormente se soubo que dispararon contra ela simplemente "porque era unha monxa".

Culto

[editar |editar a fonte]

O papaXoán Paulo II beatificouna o27 de xuño de2001 na súa visita pastoral aUcraína, xunto aMykolai Charnetskyi e compañeiros mártires.[1] A súa festa individual celébrase o18 de xullo, día no que oMartiroloxio Romano a lembra do seguinte xeito:

Na vila de Krystynopil en Ucraína, beata Tarsicia (Olga) Matskiv, virxe da Congregación de Irmás Servas de María Inmaculada e mártir, que, en tempo de guerra, por ter defendido a fe ante os seus perseguidores conseguiu a dobre vitoria da virxindade e do martirio.[2]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Os outros mártires daIgrexa católica ucraína beatificados canda ela foron: os bisposYosafat Kotsylovskyi,Hryhorii Khomyshyn,Vasyl Velychkovskyi,Ivan Sleziuk,Nykyta Budka,Symeon Lukach eHryhorii Lakota; os presbíterosMykola Konrad,Andrii Ishchak,Roman Lysko,Mykola Tsehelskyi,Petro Verhun eOleksii Zarytskyi; os relixiososYakym Senkivskyi,Severiian Baranyk,Zenon Kovalyk,Vitalii Bairak eIvan Ziatyk; as relixiosasOlimpiia Bida eLavrentiia Harasymiv; e o laicoVolodymyr Pryima. Tamén foron beatificados os bisposgrecocatólicos rusosLeonid Fedorov eKlymentii Sheptytskyi; e o bisporutenoTeodor Romzha.
  2. Calvi, Stefano; Istituto San Clemente I Papa e Martire (eds.)."Martirologio Romano".Vatican.va(en italiano). Consultado o 04/10/2018.Nel villaggio di Krystonopil in Ucraina, beata Tarcisia (Olga) Mackiv, vergine della Congregazione delle Suore Ancelle di Maria Immacolata e martire, che, in tempo di guerra, per avere difeso la fede davanti ai suoi persecutori conseguì la duplice vittoria della verginità e del martirio. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tarsykiia_Matskiv&oldid=6872861»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp