Tadao Ando (enxaponés 安藤忠雄 Andō Tadao), nado enOsaca o13 de setembro de1941, é un arquitectoxaponés cuxo estilo arquitectónico se clasifica ás veces comaCritical Regionalism (Rexionalismo Crítico).
Traballou coma camioneiro e boxeador antes de ser arquitecto e sen contar coa formación académica da profesión, é un dos arquitectos xaponeses con máis recoñecemento dentro e fóra do seu país. Foi galardoado coPremio Pritzker no ano1995.
Traballa primeiramente con formigón para encofrados "in situ", sendo recoñecido o seu traballo por unha exemplar artesanía que invoca o sentido xaponés de materialidade, unión e narrativa espacial a través da simple estética do modernirmo internacional. Os seus edificios caracterízanse por complexos camiños tridimensionais. Estes camiños líganse entre espazos exteriores e interiores, formados ambos a grande escala xeométrica e nos espazos entre eles.
No ano1969 estableceu a firmaTadao Ando Architects & Associates.
A súa "Row House" (Casa en fila), unha pequeda casa de dous plantas, feita con formigón in situ e rematada no ano1976, é un dos seus primeiros traballos que amosa elementos do seu característico estilo. Consiste en tres volumes rectangulares iguais: dous volumes interiores separados por un patio aberto. Pola natureza da posición do patio entre os dous volumes interiores, este convértese nunha parte integral do sistema de circulación da casa.
No1995, Ando gañou o prestixioso Premio Priztker da Arquitectura. Doou os 100.000 dólares aos nenos orfos do terremoto deKobe dese mesmo ano.