TV Tokyo Corporation (株式会社テレビ東京,Kabushiki Gaisha Terebi Tōkyō?) é unhacanle de televisión comercial de ámbito nacionalxaponés que transmite dendeToquio. Foi fundada en1964, e o seu principal accionista de referencia é o xornalNihon Keizai Shimbun, sendo a canle principal da rede de emisorasTX Network (TXN).
A canle, que tamén se coñece popularmente comoTeleto (テレ東,Teretō?), é a máis pequena das canles de televisión nacionais que emiten dende Toquio, e salienta pola alta presenza doanime na súa programación.
Oficina principal de TV Tokyo enMinato (Toquio).Vista aérea das oficinas de TV Tokyo enMinato,Toquio.
A emisora comezou as súas transmisións o12 de abril de1964, como unha canle educativa posta en marcha pola Japan Science Promotion Foundation. Durante os seus primeiros anos realizaba emisións de poucas horas e con programas especializados, aínda que en 1968 comezou a transmitir programas en cor.
O1 de xullo de1968 a canle pasou a denominarse "Tokyo Channel 12 Production Limited". Máis tarde, o xornal Nihon Keizai Shimbun decide comprar a canle, e tentará convertela nunha emisora xeneralista.
En outubro de1973 a canle pasa a chamarse "Tokyo Channel 12" e afronta unha transición a canle de carácter xeneralista e comercial coa posta en marcha de novos espazos e realizando unha ampliación de capital.
En1981, pasa a chamarse "Television Tokyo Channel 12", e en1983 a canle forma unha rede de emisoras chamada Mega TON Network, actual TXN, na que tamén entraronTV Osaka eTV Aichi e que contaría con TV Tokyo como emisora principal.
En decembro de1985 TV Tokyo traslada as súas oficinas principais de Shibakoen a Toranomon (Minato, Toquio).[1]
O logotipo actual de TV Tokyo empezouse a utilizar dende o1 de outubro de1998. O12 de decembro de1999, inaugúrase o segundo estudio situado en Tennozu. No ano2000 emprega o uso do formatoHDTV na maioría dos seus programas.