| TUI Airways | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
Instancia de | |||||||
Forma xurídica | |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
Propietario/a | |||||||
Matriz | |||||||
| Actividade | |||||||
Industria | |||||||
Elemento operado | |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
Fundación | |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
Páxina WEB | |||||||
| Wikidata C:Commons |
TUI Airways, acotío coñecida como TUI UK (anteriormenteThomson Airways), é a aeroliña chárter máis grande do mundo. Ofrece voos chárter e regulares dende oReino Unido eIrlanda a destinos enEuropa,África,Asia eNorteamérica. A compañía transportou 10,6 millóns de pasaxeiros no ano2016, sendo a terceira maior aeroliña británica en número de pasaxeiros, traseasyJet eBritish Airways.[1]
A oficina do seu rexistro está na TUI Travel House enCrawley,West Sussex, pero as súas oficinas principais atópanse enLuton,Bedfordshire. TUI Airways Limited ten un certificado de operación aérea da Autoridade de Aviación Civil británica de tipo A, o cal lle permite transportar pasaxeiros, carga e correo en avión de 20 ou máis asentos.
A aeroliña creouse tras a fusión da división de viaxes de TUI AG e de First Choice Holidays plc en setembro de2007 para formar TUI Travel. As respectivas aeroliñas das dúas compañías,Thomsonfly eFirst Choice Airways, fusionáronse en maio de2008 e pasaron a chamarse Thomson Airways en novembro dese ano. TUI Travel fusionouse con TUI AG para formar o TUI Group en decembro de2014.
A compañía cambiou oficialmente o seu nome legal de Thomson Airways a TUI Airways o2 de outubro de2017.[2] Este cambio realizouse para estar acorde coas súas compañías irmásTUI fly Belgium,TUI fly Deutschland,TUI fly Netherlands eTUI fly Nordic. Todas as aeroliñas do grupo, agásCorsair International, utilizan agora a marca TUI.
En decembro de2020 a frota de TUI Airways estaba formada polos seguintes avións:[3]
| Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
|---|---|---|---|---|---|---|
| P | Y | Total | ||||
| Boeing 737-800 | 31 | 8 | – | 189 | 189 | |
| Boeing 737 MAX 8 | 6 | 3 | – | 189 | 189 | Almacenados debido aos problemas co modelo |
| Boeing 737 MAX 10 | – | 14 | TBA | |||
| Boeing 757-200 | 4 | — | — | 221 | 221 | Serán substituídos polos 737 MAX 10 |
| Boeing 767-300ER | 2 | — | — | 328 | 328 | Serán substituídos por Boeing 787-9 |
| Boeing 787-8 | 8 | — | 47 | 253 | 300 | |
| Boeing 787-9 | 6 | — | 63 | 282 | 345 | |
| Total | 57 | 25 | ||||
| Avión | Introducido | Retirado | Notas |
|---|---|---|---|
| Airbus A320-200 | 2008 | 2012 | Herdados deFirst Choice Airways |
| Airbus A321-200 | 2008 | 2013 | |
| Boeing 737-300 | 2008 | 2012 | Herdados deThomsonfly |