TF1 é unha canle xeneralista privada detelevisiónfrancesa, que emite enFrancia e tamén é visible enBélxica,Suíza ,Luxemburgo eAndorra. Fundada en1935, é a cadea de televisión máis antiga deFrancia e a de máis audiencia. Foi unha cadea pública dende a súa fundación ata 1987, cando o goberno deFrançois Mitterrand decidiu privatizala. A cadea pertence ao grupo Groupe TF1, con capital maioritario do grupo Bouygues. Non estará dispoñible en analóxico despois do 29 de novembro de 2011.
A primeira canle de televisión francesa naceu o13 de febreiro de1935, emitindo dende un estudo de radio enParís. Meses máis tarde, en novembro, realizaríanse novas probas de emisións e non foi ata o4 de febreiro de1937 cando se iniciaron as emisións regulares da canle. Co estalido dasegunda guerra mundial as emisións da canle cesaron.
As emisións televisivas non retornarían ata o ano1942, cando se creou aFernsehsender Paris (Televisión París) entre unha compañía francesa e o grupo alemánTelefunken. Esta canle comezou a emitir o7 de maio de1943 e estaba destinada aos alemáns residentes enParís, dentro da invasión alemá durante a Guerra. Esta canle deixou de emitir o16 de agosto de1944.
En outubro de1944, no seo daRadiodiffusion française (RDF), comezaron as emisións enVHF dende os estudos da anteriorFernsehsender Paris, e comezou unha programación regular de 12 horas á semana1947. Ademais mostra outros avances como o seu primeiro boletínmeteorolóxico ou o comezo de retransmisións en directo como a chegada doTour de Francia en1948. Ese mesmo ano a televisión francesa pasou a un estándar de 819 liñas VHF durante algúns programas, e máis tarde na maioría da programación.
En1949 a televisión francesa pasa a estar controlada polaRadiodiffusion-télévision française (RTF), ente que substitúe á RDF. O29 de xuño dese mesmo ano comezaron os informativos, e un mes máis tarde o Goberno comezaría a aplicar uncanon sobre cadatelevisor. Sucesivamente a televisión francesa comezou a ofrecer seriais televisados, retransmisións en directo con maior frecuencia como misas ou a marcha militar como conmemoración daToma da Bastilla, uns informativos regulares e a primeira obra de teatro retransmitida para televisión en directo. Enxullo de1952 produciríase outro feito destacable, cando a RTF e aBBC realizaron a primeira emisión internacional de televisión, que serviu para retransmisións deportivas e outros acontecementos como a coroación deIsabel II do Reino Unido.
O Goberno francés realizaría unha campaña importante para mellorar a cobertura e implantación da televisión no país a principios dos anos 50. Durante esa década asentouse o informativo televisado (ás 8 da tarde) engadindo outros elementos como a cobertura das eleccións lexislativas, e acabouse coas 441 liñas de VHF en1956.
Trala aparición dasegunda canle de televisión o21 de decembro de1963, decidiuse renomear á canle comoLa premiere chaine, para atraer aos espectadores que desexarían ver a segunda canle no novo sistemaUHF, e modificáronse os estatutos do grupo que pasou a chamarseOffice de radiodiffusion télévision française, cun carácter autónomo respecto ao Estado e similares aos daBBC. A chegada da publicidade á primeira canle non se produciu ata o1 de outubro de1968. Anos máis tarde a ORTF chegou a modificar os seus estatutos que daban independencia entre as dúas canles e limitaba o recurso á publicidade ao 25%.
O8 de xullo de1974 nace aSociété nationale de télévision Télévison Française 1 (abreviado,TF1), dentro da división da ORTF en 7 organismos e 3 canles de televisión (TF1,Antenne 2 eFR3), e que se faría activa o5 de xaneiro de1975. A principios do ano1976 TF1 comezaría a emitir en cor de forma indefinida porUHF en 625 liñas, algo que xa levaban facendo as outras dúas canles públicas desde había anos.
Despois dunha caída de audiencias por debaixo de Antenne 2 en1983, cambiouse a dirección da cadea e instalouse un novo concepto de programación que incluiría un novo informativo, debates e programas de comedia e diversión franceses de produción propia. Con todo, a primeira en termos de audiencia seguía sendoAntenne 2.
En xuño de1986Jacques Chirac, novoprimeiro ministro, propón a privatización dunha das tres canles públicas de televisión. Despois de ter como opcións aFR3 , que se descartou pola súa estrutura rexional, eAntenne 2, descartada por ser a canle con maior audiencia, optouse por privatizar TF1. A Comisión Audiovisual iniciou en setembro de 1986 o proceso de presentación de candidaturas para a xestión da canle, participando os seguintes grupos:Fininvest deSilvio Berlusconi,BTP Bouygues deFrancis Bouygues, o grupoFilipacchi, o magnate da prensaRobert Hersant, o grupoHachette, o home de negocios Bernard Tapie e o magnate da prensaRobert Maxwell.
Despois de descartar a candidatos como Berlusconi e Hersant (aliados coa cadeaLa Cinq) ou da retirada de Filipacchi, en abril de1987 quedaban na loita pola canle o grupoHachette, conJean-Luc Lagardère á cabeza, e un consorcio encabezado polo grupoBouygues e ao que se sumaron outros candidatos como Bernard Tapie e o apoio de grupos comoCredit Lyonnais. Trala retirada de Hachette en febreiro, o6 de abril de1987 autorizouse a Bouygues a compra do 50% das accións, mentres que outro 40% sería posto a oferta pública de venda en bolsa en xullo do mesmo ano e o 10% restante das accións ían para traballadores da cadea, a un prezo por acción algo menor que a oferta pública.
O primeiro presidente da privatizada TF1 foi Francis Bouygues, mentres que Patrick Le Lay sería o seu vicepresidente. A cadea tivo que enfrontarse a diversos problemas nada máis ser privatizada, como a marcha dos seus principais presentadores e periodistas a outras canles(principalmente, aLa Cinq) ou os salarios do persoal, pero presentou un plan ambicioso para intentar garantir a súa rendibilidade. En1988 Bouygues confía a presidencia a Patrick Le Lay e comézase un plan de novos programas e series coa intención de recuperar a audiencia da canle. Ademais a cadea comeza a cambiar a súa imaxe corporativa en xullo de1989 para facerse completamente oficial o6 de xaneiro de1990, adoptando o seu logo oficial: un rectángulo coas letras «TF1» e as tres cores da bandeira francesa para reafirmarse como a «Televisión Francesa».
Dende1991 é a canle con maior audiencia de Francia, conseguindo o seu obxectivo principal de recuperar esa posición, emitindo programas cunha finalidade bastante comercial como series e programas de produción propia, algunhas series estranxeiras normalmente procedentes deEstados Unidos, e dereitos deportivos como campionatos de fútbol. A concesión de difusión de Télévision Française 1 SA como primeira canle de televisión foi renovada varias veces por parte do Comité Audiovisual Francés cada cinco anos, mantendo o capital da cadea.
TF1 logrou unha concesión detelevisión dixital terrestre en2003 e a través deste sistema comezou a emitir varios dos seus programas en 16:9, ademais de iniciar outros servizos como a «versión multilingua» que permite seguir a través do decodificador algúns programas en versión dobrada ou versión orixinal subtitulada. A canle confirmou que intentaría retransmitir toda a súa programación en 16:9 durante a tempada 2008–2009 coa chegada daTelevisión de alta definición.
- Cine: TF1 emite tanto películas de produtora como realizadas pola produción propia, principalmente sagas.
- Concursos: TF1 ten os dereitos sobre as versións francesas de concursos como¿Quién quiere ser millonario?,Atrapa un millón,La ruleta de la suerte,Une famille en or,Allá tú ou1 contra 100 entre outros.
- Deporte: Ten os dereitos daChampions League, daFórmula 1 e tamén ten os dereitos dosMundiais de fútbol e dasEurocopas. Ás veces, tamén emite osMundiais de rugby.
- Programas informativos: Os seus telexornais son os máis vistos enFrancia e tamén son os máis vistos deEuropa. Existen tres edicións: ás 13h, ás 20h (informativo estrela) e un de madrugada. Ademais dos informativos, TF1 realiza varios programas de debate e foi o creador da fórmula do programaTengo una pregunta para usted.
- Reality shows: Aínda que TF1 non foi a primeira canle en emitirrealities (cousa que corresponde aM6), a cadea emitiu varios durante a súa historia. O máis popular é a versión francesa deOperación Triunfo, chamadaStar Academy.
- Series francesas: Principalmente destacan as novelas de produción propia emitidas despois do informativo das 13 e series de carácter policial.
- Series estadounidenses: Ten os dereitos de series comoHouse,Anatomía de Grey,Heroes,24,CSI,Las Vegas,Ugly Betty, ouLost, entre outras.
A TF1 criticóuselle varias veces ao longo da súa historia. A principal crítica por parte da audiencia foi que a condición de cadea con maior audiencia gañouna na súa maioría con programas de produción propia que puidesen fomentar unha televisión cun carácter menos cultural que o das súas competidoras, ademais de ser unha das primeiras cadeas francesas en introducirreality shows na súa programación. Tamén retira varios dos seus programas se non compren as expectativas da cadea.
En temas informativos, TF1 foi criticada por manter, segundo os seus detractores, unha posición máis favorable a políticos concretos. Concretamente acusóuselle de favorecer aÉdouard Balladur nas presidenciais de1995 ou de que a maioría das aparicións de políticos nos seus informativos sexan os de carácter conservador como oUMP. Tamén foi acusada de favorecer os seus propios contidos sobre os que posuía os dereitos, como a Fórmula 1, nos seus informativos.
- 1935-1939:Radio-PTT Vision
- 1943-1944:Fersehsender Paris
- 1944-1945:Télévision Française
- 1945-1949:RDF Télévision Française
- 1949-1963:RTF Télévision (1949–1963)
- 1963-1974:La première chaîne de l'ORTF (1963–1974)
- Dende o 6 de xaneiro de 1975:TF1
TF1 emite enTDT en todaFrancia. Xa non estará dispoñible en analóxico despois do 29 de novembro de 2011. Recíbese a través dosoperadores de cable eADSL non só en Francia, senón tamén enBélxica,Suíza,Luxemburgo,Mónaco,Andorra etc...Está dispoñible en todaEuropa a través dos satélitesAstra,Hotbird eAtlantic Bird, aínda que o sinal está codificado.
TF1 é a canle con máis audiencia deFrancia, a segunda canle máis vista naSuíza romanda despois daTélévision Suisse Romande, a segunda canle máis seguida polaComunidade francesa de Bélxica por detrás deRTL-TVI e unha das canles máis vistas deEuropa.