Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Tálero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anverso da primeira moeda con valor duntálero:joachimsthaler de1525 doReino de Bohemia, coa imaxe deSan Xoaquín
Reverso dotálero de 1525 do Reino de Bohemia

Otálero outáler (alemán:thaler -ata1901- etaler-actualmente-;neerlandés:daalder;linguas nórdicas:daler) era unha antigamoeda deprata de granmódulo orixinaria de Alemaña e usada en diversos países deEuropa central en diferentes países, desde oséculo XVI ata oséculo XIX.[1][2]

O seu nome vén daforma abreviada do nomeJoachimstaler Guldengroschen ("florín de ouro do val de San Xoaquín"), dado a unhas moedascuñadas en1484 poloduqueSexismundo de Austria con prata deminas de Sankt Joachimsthal enBohemia, hox eJáchymov, naRepública Checa.[3][4]

Historia

[editar |editar a fonte]

En Alemaña e Austria

[editar |editar a fonte]
Anverso duntálero de María Tareixa de1780

A división política doSacro Imperio Romano Xermánico fixo que que en pouco tempo comezasen a circular moitas moedas de prata de valores diferentes, o que supuña un atranco para os negocio. OReichstag de1559 e1566 deAugsburgo organizou o control das moi numerosascasas de moeda señoriais e prescribiu a unificación dosistema monetario, para o que se escolleu o tálero de Saxonia, que tomou o nome dereichstaler ("tálero imperial"). A nova moeda foi un éxito e axiña se espallou ata se converter nun estándarde facto para o comercio, mesmo alén das fronteiras do Sacro Imperio. Este tálero tiña unpeso de 29,23gramos e estaba batido en prata cunhabn pureza de 889 milésimas.[5]

Undecreto imperial asinado enViena o20 de setembro de1753, consecuencia du acordo conBaviera, deu orixe a unha nova variedade de tálero, chamadakonventionstaler, cun peso de 23,385 gramos, que de camiño estendeu o seu uso por todos osestados alemáns. A máis célebre destas moedas foi a coñecida comoMaria-Theresien-Taler ("Tálero de María Tareixa"), cuñado en Viena a nome deMaría Tareixa I de Austria a partir de1780 e que chegou a ter unha intensa circulación internacional, mesmo nomundo árabe, ata ben entrado oséculo XIX.[6]

Os derradeiros táleros en circulación foron os dePrusia (preussenthaler), creados como resposta économico-financeira de Prusia aoImperio Austríaco, como consecuencia dun tratado deunión monetaria e alfandegueira dos estados alemáns do Norte asinado en1838, denominadoZollverein. O seu peso era de 16,70357 gramos. En1871, logo daguerra franco-prusiana, ao recibir unha importante indemnización pagada enfrancos de ouro, oImperio de Prusia abandonou o tálero e opadrón prata e introduciu omarco conpadrón ouro (goldmark).

Nos Países Baixos

[editar |editar a fonte]
Tálero deBorgoña oupatacón cuñado enBruxelas de1621 a nome deFilipe IV

NosPaíses Baixos españois cuñouse inicialmente o chamadophilipsdaalder durante o reino deFilipe II de Castela, cun peso de 34,27 gramos e unha lei de vintequilates, que deu paso nos principios do século XVII ao tálero deBorgoña, coñecido comopatacón, de menor peso e lei, que foi alternando co do Sacro Imperio en función do difícil equilibrio político na rexión nesa época.[7][8]

En1567, a cidade deNijmegen asumiu oreichstaler. Ao declarar a súa desobediencia aorei de España, en1581, axiña aRepública das Sete Provincias Unidas, que de facto pasaba a formar parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, retomou tamén esa moeda para facilitar os negocios (co nome adaptado ao neerlandés:rijksdaalder) . ODucado de Brabante e oCondado de Flandres mantiveron, no entanto, ophilipsdaalder.

A partir de1840, a palabra foi usada nosPaíses Baixos para designar unha nova moeda de dousfloríns e medio, con 25 gramos e unha lei de 945 milésimas.

En Escandinavia

[editar |editar a fonte]
Anverso dunha peza de dousdalerdaneses de1868 a nome deCristián IX

O tálero introduciuse enEscandinavia baixo o nome dedaler a principios do século XVII e axiña pasou a converterse nunha moeda de uso xeral. Estas variedades de táleros mantivéronse enDinamarca eSuecia ata1873, cando foron substituídos polacoroa dinamarquesa e acoroa sueca, as novas moedas introducidas polaUnión Monetaria Escandinava.Noruega adheriuse en1876 e creou acoroa norueguesa.[9][10]

Herdanza do tálero noutras moedas

[editar |editar a fonte]
Anverso dundólar norteamericano de1884, inspirado notálero

Hoxe en día noi hai ningunha moeda en circulación no mundo coa denominación de tálero. No entanto, algunhas manteñen a súa herdanza nos seus nomes ou naceron en relación coas súascaracterísticas metrolóxicas:

Tálero deEritrea de1891 a nome deHumberto I
  • Eritrea. Nacolonia italiana de Eritrea cuñáronse en1891 moedas de prata a nome deHumberto I equivalentes ao tálero en peso, lei e valor, covalor facial expresado paralelamente como 5liras e 1 tálero (italiano:tallero).[14][15]
  • Eslovenia. O tálero (enesloveno:tolar) inspirou tamén o nome do tolar, que foi a unidade monetaria deEslovenia desde a súaindependencia en1991 ata a fin de2006.
  • Belarús. Tras a independencia deBelarús en 1991, o Sóviet Supremo destarepública considerou a adopción do tálero como unidade nacional, dividida en 100 hrosh, aínda que a maioríacomunista na cámara rexeitou a proposta e acabou por instituír orublo belaruso, máis acorde coa tradición da república dentro dos extintosUnión Soviética eImperio Ruso.
  • Países nórdicos. A propia denominación de "coroa" para as moedas escandinavas que substituíron o tálero provén da forma simplificada dunha das variedades do tálero, okronentaler.
  • Grecia. Cando en1833 se instituíu enGrecia adracma como unidade monetaria, pasou a coñecerse como tálero (engrego:taliro) a moeda de 5 dracmas de prata, xa que coincidía en peso e valor co tálero daquela época. Mesmo despois da desaparición da dracma como unidade, o termo mantense vivo aínda para designar obillete de cincoeuros.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. A reforma ortográfica do alemán de 1901 determinou a escrita detaler no canto dethaler.
  2. Táler é a adaptación á ortografía galega do alemántaler.Tálero é a forma proposta como normativa noDRAG e noPortal das Palabras.
  3. Kluge. Etymologisches Wörterbuch der deutschen Sprache. Bearbeitet von Elmar Seebold. 25. Auflage. De Gruyter, Berlín/Boston, 2011(en alemán)
  4. Arnold, Paul et al,Großer Deutscher Münzkatalog von 1800 bis heute. Augsburg, 2015. [ISBN 978-3866461215](en alemán)
  5. Van Gelder, Enno. "Geschiedenis van de rijksdaalder".Tijdschrift voor Numismatiek, XXIII, n° 2, 1973. Páxinas 23-29(en neerlandés)
  6. "The Maria Theresa Thaler 1780". EnTheresia.name (en inglés)
  7. "Patagones". EnMoneda Hispánica (en castelán)
  8. "Le PatagonArquivado 22 de decembro de 2017 enWayback Machine.".Museo doBanco Nacional de Bélxica(en francés)
  9. "1875 Fra rigsdaler til kroner". Banco Nacional de Dinamarca(en dinamarqués)
  10. Edvinsson, Rodney (2010). "Swedish monetary standards in historical perspective". EnHistorical Monetary and Financial Statistics for Sweden: Exchange rates, prices and wages 1277–2008. Sveriges Riksbank. Páxinas 26-66 [ISBN 978-91-7092-124-7](en sueco)
  11. "Dollar". EnEncyclopaedia Britannica (en inglés)
  12. "Lion Dollar. IntroductionArquivado 10 de xullo de 2018 enWayback Machine.". EnCoins.nd.com (en inglés)
  13. "Dollar". EnOnline Etymology Dictionary (en inglés)
  14. "Tallero". No dicionario en liñaMerriam-Webster (en inglés)
  15. "Eritrean Tallero". EnThe Free Dictionary by Farlex (en inglés)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  TáleroModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Caspar, Helmut.Vom Taler zum Euro. Die Berliner, ihr Geld und ihre Münze. Berlin Story Verlag. Berlín, 2006 [ISBN 3-929829-30-4](en alemán)
  • Klütz, Konrad.Münznamen und ihre Herkunft. Moneytrend Verlag. Viena, 2004 [ISBN 3-9501620-3-8](en alemán)
  • Flandrin, Philippe.Les thalers d'argent. Histoire d'une monnaie commune. Le Félin, 1997 [ISBN 978-2866452797](en francés)

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tálero&oldid=7065425»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp