Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

T

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Te.
Alfabeto
AaBbCcDdEe
FfGgHhIiLl
MmNnÑñOoPp
QqRrSsTtUu
VvXxZz
 Non galego:Çç -Jj -Kk -Ww -Yy 

OT (te) é a décimo novena letra doalfabeto galego, e representa ofonema consoante obstruínte, oclusivo dental xordo.

Historia

[editar |editar a fonte]

Oshebreos, nas súas inscricións e monumentos epigráficos primitivos, representan por X o signoThau, equivalente ao T dosgregos elatinos. Na inscrición da tumba dos Beni-Hezir a Thau é representada xa pola ת, que subsiste até as inscricións do chamado hebreo cadrado moderno. No hebreo sinástico, nas variantes cúfica, neski antigo, estranghelo, siríaco-nestoriano e peschito, a Thau reviste unhas formas gráficas as máis diversas e raras, que non gardan ningunha analoxía nin semellanza co proceso natural e corrente da Thau exipcia, fenicia nin hebraica.

O nome tau hebreo recordaba a idea dacruz, cuxa forma, efectivamente, é a da mesma letra en antigas medallas dosxudeus. O T é de articulación forte, xorda, momentánea ou explosiva, que corresponde á débil ou sonora d, a cal pode ser tamén á vez lingual e dental. A afinidade natural que existe entre as dúas letras explica a recíproca substitución das mesmas. Nalgúns manuscritos se acha ás vecesquoT por «quod»,hauT por «haud»,adque poratque. Otu do latín ten por equivalente odu do alemán, mentres quegoTT eTag desta última lingua formaronGod eday eninglés. Opobo alemán escribiu o seu propio nome nacional sucesivamente Teutsh e Deutsch.

No grego cadmeo o T confúndese co M, pero nas formas eolodórica e ática volve a tomar a figura de T, en todo semellante á latina clásica, medieval, e na propia de todas as linguas neolatinas. O alfabeto etrusco volve a ofrecer variedades moi diversas de T (desde o M até x, y, ๅ), e nas súas coetáneas o ibérico e turdetano privan as dúas formas x e M. Na epigrafía latina clásica, o T do alfabeto romano adquire a forma emprega aínda nos casos correntes en todas as linguas neolatinas. Outra forma de empregar o T é por códigos.

Usos

[editar |editar a fonte]

Enbioquímica é aabreviatura datimina, unhabase dos ácidos nucleicos (ADN ouARN).

Enfísica, escrito en minúscula, é a abreviatura detempo.

Representacións alternativas

[editar |editar a fonte]

No alfabeto fonético aeronáutico asígnaselle a palabraTango. Nocódigo Morse é: « -»

  • Bandeiras de sinais
    Bandeiras de sinais
  • Alfabeto semáforo
    Alfabeto semáforo
  • Braille
  • Alfabeto manual
    Alfabeto manual

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  TModificar a ligazón no Wikidata
Vexa a entrada doGalizionario acerca de  t
Vexa a entrada doGalizionario acerca de  te

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=T&oldid=4507441»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp