Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Suspense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O director cinematográficoAlfred Hitchcock, que foi chamado omestre do suspense.

Osuspense[1] outhriller é un amplo xénero literario, cinematográfico, de televisión e, recentemente, de videoxogos.[2] Abarca numerosos, e frecuentemente solapados, subxéneros. O termo inglésthriller, usado adoito, deriva do verbothrill (asustar, estremecer, emocionar).

Este xénero caracterízase por un ritmo rápido, acción frecuente e con heroes enxeñosos que deben frustrar os plans dos máis poderosos e mellor equipados malvados. Utiliza tamén unha gran cantidade de "dispositivos", como as pistas falsas e oscliffhangers.[3]

O cineastaAlfred Hitchcock está frecuentemente considerado como o mestre do xénero, conobras mestras comoCoa morte nos talóns ePsicose. Despois do asasinato dopresidente Kennedy, osthrillers políticos e de paranoicos fixéronse moi populares.

Sobre o suspense

[editar |editar a fonte]

O suspense é un xénero narrativo que ten a súa expresión nocinema, aliteratura, ashistorietas, atelevisión asfotonovelas e osvideoxogos. Actualmente está moi influído poloterrorpsicolóxico.

Unha película de suspense é basicamente unha historia deintriga que se caracteriza por ter ritmo rápido, acción,heroes enxeñosos emalvados poderosos e influentes. O relato usualmente ten maior consistencia e argumentación que outros xéneros cinematográficos, e a súa principal característica é que todos os elementos propios dun guión (personaxe principal, antagonista, meta, conflito, ritmo etc.) están ao servizo dunha intriga, é dicir, ao servizo dunha acción que se executa con astucia e ocultamente.

Estes filmes tamén se coñecen como de "terror intelixente". Utilizan técnicas como oscliffhangers.

Así como a función do xénero deterror é provocar o interese a través de emocións fortes que poñen en estado de "alerta" ao público, o xénero de suspense quere provocar un interese a través da emoción pero, ao mesmo tempo, suma un interese de carácter mental. Por tanto, unha película de suspense funciona na medida de que emociona e interesa cognitivamente ao espectador.[4]

Estrutura

[editar |editar a fonte]
  • Argumento: teses ben fundamentadas e xeralmente máis consistentes que as doutros xéneros.
  • Protagonista: un personaxe duro, enxeñoso, acostumado ao perigo.
  • Protagonistas habituais: policías, espías, detectives, mariñeiros, oficiais militares, pilotos, personaxes perturbados mentalmente etc.
  • Antagonistas: malvados moi preparados, poderosos e influentes.
  • Antagonistas habituais: asasinos, políticos corruptos, mafiosos.
  • Elementos omniscientes: enerxías, microbios, entidades, axentes químicos, especies sobrenaturais, zombis etc.
  • Meta do protagonista: debe frustrar os plans dun inimigo poderoso, descubrir a resposta aos interrogantes que dan inicio á trama, como resolver un crime, encontrarlle explicación a sucesos estraños etc.
  • Dessenvolvemento: o relato debe posuír elementos de perigo, confrontacións de diversa intensidade e elementos sorpresa.
  • Temáticas comúns: frustrar asasinatos, evitar derrocamentos de gobernos, revelar enganos políticos, sociais ou relixiosos.
  • Locacións habituais: desertos, rexións polares, selvas, cidades estranxeiras etc. Escenarios que sexan descoñecidos para unha determinada audiencia; mellor se desperta algún tipo de misterio.

Características

[editar |editar a fonte]

As películas de suspense suceden frecuentemente completa ou parcialmente en lugares exóticos tales como cidades estranxeiras, desertos, rexións polares, selvas ou en mar a fóra. Os heroes na maioría dosthrillers son frecuentemente "tipos duros" acostumados ao perigo, oficiais de policía, detectives privados, espías, soldados, mariñeiros ou pilotos. De todos modos, tamén poden seren cidadáns ordinarios arrastrados ao perigo por accidente. Aínda que tales heroes eran tradicionalmente homes, as mulleres están sendo cada vez máis frecuentes.

Os filmes de suspense solápanse frecuentemente con historias demisterio, aínda que se distinguen pola estrutura do seu argumento. Ensuspense, o heroe debe frustrar os plans dun inimigo, en lugar de descubrir un crime que xa sucedeu. Ossuspenses tamén suceden a unha escala moito maior: os crimes que deben preverse son asasinatos masivos ou en serie, accións terroristas ou derrocamentos de gobernos. Perigo e confrontacións violentas son elementos estándar no argumento. Mentres unmisterio alcanza o clímax cando o misterio se resolve, unsuspense alcanza o clímax cando oheroe finalmente vence aomalvado, salvando a súa propia vida e, frecuentemente, as vidas doutros. Nossuspenses influídos polocine negro e atraxedia, o heroe comprometido é frecuentemente asasinado no proceso.[5]

FoiEdgar Wallace a quen se lle concedeu a etiqueta de crear o xénero"thriller" coa súa novelaOs catro homes xustos (1905). Gran parte das súas novelas foron levadas ao cine, converténdose nun dos escritores máis famosos daInglaterra de comezos doséculo XX.

En anos recentes, cando ossuspenses foron cada vez máis influídos polo horror ou a exposición popular do terror psicolóxico (Hide and Seek,Shutter Island) a entidades omniscientes ou monstruosas convertéronse en elementos comúns para aumentar a tensión. O monstro pode ser calquera cousa, incluso unha forza física inferior feita superior só polo seu intelecto (como na serie de películasSaw), pode ser unha entidade sobrenatural (Drácula,Christine,The Amityville Horror ouFinal Destination), extraterrestres (libros deCthulhu deH.P. Lovecraft,A cousa de John Carpenter, asasinos en serie (Stepfather,A matanza de Texas), microbios ou axentes químicos (Cabin Fever,The Last Man On Earth de Richar Matheson), ou mesmo só perigos froito da imaxinación mesturados enxeñosamente coa realidade (Perfect Blue). Algúns autores fixeron a súa "marca" incorporando todos estes elementos (Richard Laymon,Francis Paul Wilson) a través das súas bibliografías.

Distincións similares separan osuspense doutros xéneros (ás veces solapados):aventuras,espías,asuntos legais,guerra,ficción marítima e outros.

Osuspense non se define polo seu tema, senón pola forma de acercarse a el. Moitossuspenses involucran espías e espionaxe, pero non todas as historias de espías sonsuspenses. As novelas de espías deJohn Le Carré, por exemplo, explicita e intencionadamente rexeitan as convencións dothriller. Polo contrario, moitos suspenses cruzan a outros xéneros que tradicionalmente tiveron poucos ou ningún elemento desuspense.Alistair MacLean,Hammond Innes eBrian Callison son máis coñecidos polos seussuspenses, pero tamén son notábeis escritores de historias do home contra o mar. Libros de fantasía, como a saga deHarry Potter da autora británicaJ. K. Rowling, poden catalogarse neste xénero con mestura de fantasía, suspense policíaco e suspense político.

Ossuspenses poden definirse pola atmosfera que exhiben: emoción, que dá orixe ao nome do xénero.

Algúns exemplos

[editar |editar a fonte]

Literatura

[editar |editar a fonte]
  • Dan Brown:O código Da Vinci -2003. Robert Langdon, un simboloxista estadounidense, e Sophie Neveu, unha criptóloga francesa, investigan sobre oPriorado de Sión.
  • Éliette Abécassis:Qumran -1996. David Cohen, un arqueólogo, debe encontrar un dos célebres rolos dos Manuscritos do mar Morto, perdido ou, máis verosimilmente, roubado.
  • Katherine Neville:Le Huit -1988. A heroína, Catherine Velis, debe afrontar un mundo de perigo e conspiracións para encontrar as pezas dun xogo dexadrez lendario que pertencera aCarlomagno.
  • Umberto Eco:O nome da rosa1980. Guillaume de Baskerville, un monxefranciscano, antigoinquisidor, e o seu novizo Adso, narrador da intriga, van a unha abadía beneditina, situada entre a Provenza e Liguria. Encargado oficialmente dunha misión diplomática, Guillaume de Baskerville ten, en realidade, a encarga de investigar sobre os crimes cometidos no seo da comunidade de monxes, e tamén buscar un misterioso manuscrito na biblioteca secreta e prohibida da abadía.

Filmes

[editar |editar a fonte]

Non foi realmente co cinema cando comezou othriller, senón máis ben que a literatura proporcionoulle escenarios e motivos en cantidade.

  • The Bourne Identity é así unha adaptación dunha novela deRobert Ludlum: encóntrase un home ferido de bala no Mediterráneo e, cando acorda, sofre de amesia; a única conexión coa súa historia son os informes da súa conta bancaria que leva consigo e a gran capacidade para os combates de todo tipo.Matt Damon ten o papel principal desta adaptación segundo os estándares dothriller, en particular a aceleración da intriga debida ao feito que os seus adversarios saben máis del que o propio heroe, e así poden anticiparse. As dúas continuacións,The Bourne Supremacy eThe Bourne Ultimatum, xorden da trama de Ludlum das novelas de títulos correspondentes, pero seguindo o estilo dothriller de conspiración.
  • Un crime dans la tête (1962) é un clásico no contexto daguerra fría: uns soldados secuestrados convértense enaxentes dormentes pola manipulación psicolóxica e electrónica. Esta película deu lugar a unremake en 2004, obviamente trasposto para o contexto da posguerra fría: un escuadrón de soldados estadounidense é secuestrado e sometido a unlavado de cerebro. Isto failles ter recordos falsos, o que unido a un microchip que se lles implanta, convérteos en robots (posibelmente asasinos). Un dos soldados dase de conta de que algo anda mal, e fai fallar a manipulación antes de que outro membro do escuadrón se converta en presidente dos Estados Unidos, o que daría a unha forza oculta o poder total sobre o país.
  • Ronin presenta unha historia chea desuspense sobre un conflito entre diferentes lealdades: un equipo de mercenarios da posguerra fría monta unha emboscada en Francia para recuperar unha maleta negra da que non sabemos nada desde o principio até o final, pero pola que paga a pena matar. A emboscada fracasa, e o equipo se encontra nunha situación decada un mira para si, ou incluso un contra o outro.
  • Orixe presenta unthriller psicolóxico a nivel da arquitectura da mente. O heroe, Dom Cobb (interpretado porLeonardo DiCaprio) debe implantar unha idea a unha persoa sen que se dea de conta. Isto poderá manipular a esta persoa en soños preconstruídos polo seu equipo. Máis adiante na trama os espectadores comprenden como Cobb sabe mucho acerca daincepción. A película é de moito suspense xa que é a primeira que manexa 4 estratos de tempo simultaneamente, cada un dos cales está a punto de vacilar. A final da película deixa un sinfín de hipóteses para o espectador non só polo plan da buxaina senón tamén pola película desde un punto de vista global e sobre o que o directorChristopher Nolan pretendía significar. Moitos cren que a película é a terapia psicolóxica de Dom Cobb. Oimplante, por tanto, sería de Cobb e non o que parece ao principio.

Un certo número dethrillers tiveron éxito á vez como novela e como filme como, por exemplo,Chacal deFrederick Forsyth,The Hunt for Red October (A caza ao Outubro Vermello) (1990) deSam Neill, a serie de aventures deJack Ryan,O silencio dos cordeiros deThomas Harris a serie deJurassic Park eCongo deMichael Crichton,O código Da Vinci deDan Brown eKnowing deAlex Proyas.

Televisión

[editar |editar a fonte]
  • 24 é unhaserie de televisión que segue en tempo real as fazañas do axente federalJack Bauer na súa loita contra as ameazas terroristas, na que cada temporada de episodios se desenvolve en 24 horas; a serie inspírase nos acontecementos que trastornaron os Estados Unidos despois dosatentados do11 de setembro de2001.
  • Matalobos, achega galega ao xénero enmarcada no narcotráfico enGaliza e a loita contra el,serie cuxos personaxes se definen en función do seu aliñamento moral e do lado da lei en que se atopan: por unha banda, están os "bos" (Sara, Pedro, Lola, Pepe, Marcos, a xuíza Olaia e o tenente Santiago Táboas), que queren acabar coa familia Matalobos e os seus negocios mafiosos e non pararán até destruílos, e por outra, os "malos" (Dona Carme, Diego, Carmelo, Campos e Adriana Calderón), que basean o seu poder nos cartos e en todo tipo de negocios ilegais.
  • Outrasseries:

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parasuspense.
  2. "Xénero:Thriller".Illiterarty.com. Consultado o 26/3/2012. (eninglés)
  3. Serie melodramática en capítulos co final de cada un delesen suspenso, "ganchos" para que o público espere o próximo capítulo ou episodio.
  4. Detective-Mystery Films(eninglés)
  5. Thriller-Suspense Films(eninglés)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Martínez Martínez, Elisa María (2011):Hitchcock: imágenes entre líneas. Universitat de València: Biblioteca Javier Coy d'estudis Nord-americans.ISBN 978-94-370-8105-2.
  • Patterson, James (ed.) (2006):Thriller. Ontario, Canadá: MIRA Books.ISBN 0-7783-2299-8.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Suspense&oldid=6402481»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp