Suid-Afrika (af) South Africa (en) uMzantsi Afrika (xh) iNingizimu Afrika (zu) iNingizimu Afrika (ss) iSewula Afrika (nr) Aforika Borwa (tn) Afrika Borwa (st) Afrika Borwa (nso) Afurika Tshipembe (ve) Afrika-Dzonga (ts)
Suráfrica é coñecida pola súa variedade de culturas e linguas, sendo recoñecidos pola súaconstitución once idiomas oficiais, dos que dous son de orixeeuropea: oafrikaans, unha lingua que xurdiu principalmente doneerlandés, e oinglés surafricano. Aínda que o inglés é a lingua máis utilizada na vida pública e de negocios, é tan só a quinta lingua máis falada nos fogares.
Ademais das linguas, o país é tamén etnicamente diverso. Ao redor do 79,2% da poboación surafricana é de orixenegraafricana, dividida nunha gran variedade de grupos étnicos que falan diferentes linguas bantús, nove das cales teñen carácter oficial. En Suráfrica tamén viven grandes comunidades deeuropeos,hindús e etnicamante mixtas. Ao redor dunha cuarta parte da poboación carece de emprego e vive con menos duneuro ao día. Suráfrica é tamén un dos membros fundadores daUnión Africana, da cal posúe a economía máis grande de tódolos membros. Tamén foi membro fundador dasNacións Unidas e é membro entre outras organizacións daCommonwealth de Nacións, daOrganización Mundial do Comercio ou doFondo Monetario Internacional.
O nome "Suráfrica" provén da situaciónxeográfica do país no extremosur docontinenteafricano. Trala constitución do país chamouseUnión Surafricana, reflectindo así a súa orixe pola unión de catro antigascoloniasbritánicas. Dende1961 a forma longa do nome é "República de Suráfrica". Eninglés coñécese comoRepublic of South Africa, mentres que enneerlandés chamouseRepubliek van Zuid-Afrika até1983, cando foi substituído pola forma enafrikaansRepubliek van Suid-Afrika. Dende1994 a "República de Suráfrica" ten nome oficial en cada unha das súas11 linguas oficiais, que son os seguintes:
África do Sur é un dos estados-nacións máis antigos deÁfrica. Cando os primeiros colonosneerlandeses chegaron a ela no1652, África do Sur estaba habitada por tribos africanas como oskhoi, ossan, osxhosa e oszulús.Inglaterra foi conquistando progresivamente o poder aos neerlandeses, contra os cales trabaron tres guerras: aguerra Anglo-Holandesa e mailas dúasguerras dos Boers. No1910 as catro repúblicas da rexión uníronse para formar a Unión da África do Sur. No1931 África do Sur tornouse un Dominiobritánico totalmente soberano. No1961 tornouse nunharepública.
África do Sur ten unha paisaxe variada. Na parte occidental, esténdese unha gran meseta composta en parte pordeserto e en parte por pastos e sabanas, cortada polo curso dorío Orange e do seu principal afluente, oVaal. Ao sur, érguense as cordilleiras doKarroo e, ao leste oDrakensberg, a maior cadea montañosa da África meridional. Ao norte, o curso do ríoLimpopo serve de fronteira conBotswana eZimbabwe.
Oclima varía entre unha pequena zona de clima mediterráneo, no extremo sur, na rexión do Cabo, a desértico ao noroeste. NoDrakensberg hai áreas con clima de montaña.
Cando oapartheid rematou no1994, o goberno surafricano tivo que integrar os antigos ¨Bantustans¨ semi ou independentes na estrutura política de Suráfrica. Para acabaren con isto, aboliron as catro antigas provincias de Suráfrica (Provincia do Cabo,Provincia de Natal,Estado Libre de Orange eTransvaal) e substituíronas por outras nove. As novas provincias son moito máis pequenas cás antigas, teoricamente para dar unha mellor facilidade ao goberno de cada unha sobre os distintos municipios.As nove provincias están dividas en 52 distritos, seis dos cales son áreas metropolitanas ou concellos de clase A e os 46 restantes distritos municipais ou concellos de clase C, á súa vez estes 46 distritos municipais divídense en 231 concellos locais ou concellos de clase B. As novas provincias son:
Ao contrario da maioría dos países pobres do mundo, Suráfrica non ten unhaeconomía informal importante, xa que segundo as estimacións daOCDE, só un 15% dos empregos de Suráfrica pertencen ao sector informal, unha porcentaxe moi baixa cando se compara co 50% doBrasil e aIndia ou o 75% deIndonesia. A OCDE atribúe esta diferenza a que Suráfrica ten un sistema de benestar máis xeneralizado.[5] As investigacións doBanco Mundial amosan que Suráfrica ten unha das maiores diferenzas entre oProduto Nacional Bruto per cápita e oÍndice de Desenvolvemento Humano, fenda só superada porBotswana.[6]
Despois de1994, as políticas do goberno reduciron ainflación, estabilizaron as finanzas públicas e atraeuse capital estranxeiro, aínda que o crecemento económico estivo por debaixo da media.[7] Dende o2004 a economía repuntou de modo significativo, cun consecuente incremento do emprego.[7] Porén, os inmigrantes ilegais están implicados principalmente no comercio informal e a economía somerxida, polo que moitos seguen a vivir en malas condicións. Ademais, as políticas migratorias tornaron máis restritivas a partir de1994.[8]
Suráfrica tamén é un destinoturístico popular e unha boa parte dos ingresos do país proveñen do turismo.[9] Os principais países cos que comercia Suráfrica sen contar outros países africanos sonAlemaña, osEstados Unidos, aChina, oXapón, oReino Unido eEspaña.[10]
Aagricultura contribúe ao 10% do emprego formal do país, sendo esta unha porcentaxe relativamente baixa en comparanza a outras partes de África. Non obstante, tamén dá traballo a moitos temporeiros e supón o 2,6% doPIB do país.[11] Por mor doclima árido, só o 13,5% dosolo pode ser empregado para cultivos e tan só o 3% da terra ten alto potencial de cultivo.[12]
En agosto de2013 Suráfrica foi clasificado como o mellor país africano para o futuro segundo arevistaFDi, tendo en conta o seu potencial económico, o medio laboral, a rendibilidade, as infraestruturas e as estratexias de investimento estranxeiro directo.[13] OÍndice de Opacidade Financeira sitúa a Suráfrica como 36º paraíso fiscal máis seguro do mundo, por diante deFilipinas e por detrás dasBahamas.
Segundo o últimocenso de poboación de2011, Suráfrica contaba con preto de 52 millóns de habitantes con diferentes orixes, culturas, linguas e relixións. Nunha estimación realizada en2014 o número ascendía a 54 millóns.[14]
Na elaboración do censo, o Servizo Nacional de Estatística de Suráfrica pregunta á poboación que se describa a si mesma segundo cinco grupos raciais.[18] No censo de2011, os datos amosaron unha composición da poboación na que o 79,2% da poboación era de orixenegraafricana, o 8,9% de orixeeuropea, outro 8,9% de orixe mixta, o 2,5% daIndia ou dosueste asiático e un 0,5% que se definiu como Outro/Sen especificar.[19] O primeiro censo que se realizou en Suráfrica foi en1911, e nel amosábase que a poboación de ascendencia europea ascendía ao 22%, baixando até un 16% en1980.[20]
Suráfrica tamén acolle un número importante de refuxiados e persoas que precisan asilo político. Segundo oWorld Refugee Survey 2008, publicado polo Comité dos Estados Unidos de América para refuxiados e inmigrantes, está poboación ascendía a 144.700 persoas en 2007.[21] Os diferentes grupos de refuxiados e solicitantes de asilo ascenden a máis de 10.000 persoas, nos que se inclúen 48.400 deZimbabwe, 24.800 daRepública Democrático do Congo e 12.900 deSomalia.[21] A meirande parte viven enXohanesburgo,Pretoria,Durban,Cidade do Cabo ePorto Elizabeth.[21] Algúns refuxiados tamén comezaron a establecerse e vivir en zonas rurais comoMpumalanga,KwaZulu-Natal eCabo Oriental.
Suráfrica posúe un sistema educativo que se estrutura en tres etapas diferentes. A primeira delas e aeducación primaria, seguida daeducación secundaria e a educación universitaria. Hai doce cursos na educación obrigatoria, que van dende o grao 1 até o 12. O Grao R é previo á educación primaria.[22] A educación primaria posúe sete cursos[23] e a secundaria cinco.
As universidades públicas de Suráfrica están divididas en tres tipos: as universidades tradicionais, que ofrecen graos universitarios orientados á teoría; as universidades tecnolóxicas, que ofrecen diplomas e graos vocacionais; e universidades integrais, que ofrecen ámbolos dous tipos de cualificación. Hai 23 universidades públicas en Suráfrica: 11 tradicionais, 6 tecnolóxicas e 6 integrais.
Durante oapartheid, as escolas para os negros eran suxeito de discriminación por medio de financiamentos insuficientes e un programa de estudos chamadoActa de Educación Bantú, que estaba deseñado para ofrecerlles aos estudantes unha formación como traballadores.[24]
No ano 2004 o país comezou a reformar a súa educación superior, incorporando pequenas universidades en institucións meirandes e renomeando todas as institucións de ensino superior como "universidade" para corrixir estes desequilibrios.
Entre os anos2002 e2005 Suráfrica destinou o 5,4% do seuPIB á educación[25] e a taxa de alfabetización en adultos era do 88,7% en2007.[26]
Segundo o Instituto Surafricano de Relacións Raciais, aesperanza de vida no2009 era de 71 anos para os surafricanos brancos e de 48 para os surafricanos negros. O investimento en sanidade no país supón o 9% doPIB e, aínda así, só o 16% da poboación está cuberta nos plans de saúde.[27] Un 20% da poboación recorre á sanidade privada e o resto paga do seu peto ou utiliza plans de caixa hospitalaria.[28] Os tres grupos hospitalarios dominantes, Mediclinic, Life Healthcare e Netcare, controlan en conxunto o 75% do mercado e un 84% da poboación depende do sistema público de saúde, que está condicionado por unha escaseza crónica de recursos humanos e materiais.[29]
De acordo co informe de 2013 daONUSIDA, Suráfrica tiña uns 6,3 millóns de habitantes afectados poloVIH, moitos máis que calquera outro país no mundo.[30] Do total de afectados, uns 360.000 eran menores de 14 anos.
Por outra banda, un estudo realizado no 2008 amosou que a infección deVIH/SIDA na poboación surafricana estaba moi diferenciada en liñas raciais: o 13,6% do surafricanos negros tiña VIH positivo, mentres que tan só o 0,3% dos surafricanos brancos o tiñan.[31] A maioría das mortes danse en persoas en idade laboral, o que supón que moitos orfos daSIDA dependan do estado para subsistir.[32]
A relación entre oVIH, un virus espallado principalmente por contacto sexual, e aSIDA foi negada durante moito tempo polo agora expresidenteThabo Mbeki e pola súa ministra de saúdeManto Tshabalala-Msimang, quen insistía en que moitas das mortes do país se producían por mor da malnutrición e a pobreza, e non polo VIH.[33]
Foi no2007 cando o goberno comezou a facer esforzos para combater aSIDA, principalmente grazas á presión internacional.[34] TralasEleccións Xerais en Suráfrica de 2009, o presidenteJacob Zuma nomeou o doutorAaron Motsoaledi como novo ministro de saúde e comprometeuse a aumentar o financiamento e ampliar o tratamento da SIDA.[35]