| Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Supercopa de España de fútbol |
| Tipo | super copa de fútbol |
|---|
| Organizador | Real Federación Española de Fútbol |
|---|
| Número de participantes | 4 |
|---|
| Localización e Datas |
|---|
| País | Arabia Saudita eEspaña |
|---|
| Vixencia | 1982 – |
|---|
| Calendario da tempada | xaneiro – |
|---|
| Período de ocorrencia | 1 ano |
|---|
| Número de edición | 30+ |
|---|
| Competición |
|---|
| Primeiro posto | FC Barcelona (1983, 1991, 1992, 1994, 1996, 2005, 2006, 2009, 2010, 2011, 2013, 2016, 2018, 2023, 2025)
Real Madrid CF (1988, 1989, 1990, 1993, 1997, 2001, 2003, 2008, 2012, 2017, 2020, 2022, 2024)
Deportivo da Coruña (1995, 2000, 2002)
Athletic Club (1984, 2015, 2021)
Atlético de Madrid (1985, 2014)
Valencia CF (1999)
Real Zaragoza (2004)
Sevilla FC (2007)
RCD Mallorca (1998)
Real Sociedad (1982)
 |
|---|
|
|
|
|
|
|
ASupercopa de España é unha competición defútbol, organizada polaReal Federación Española de Fútbol. Foi creada en 1982 coma unha competición de dous equipos: o campión de liga dePrimeira División contra o campión daCopa do Rei. En 2019 adoptou o seu actual formato de catro equipos: os gañadores e subcampións de Liga e Copa. OFC Barcelona é o seu actual campión e equipo máis laureado (15 títulos).
A Supercopa dispútase desde 2020 a modo de eliminatoria con semifinais e final entre os dous equipos finalistas daCopa do Rei e os dous mellores clasificados no campionato de liga dePrimeira División. En caso de que algún equipo copase praza en ambas competicións, accederá á Supercopa o ou os mellores clasificados no campionato de liga que non disputaran a final da Copa do Rei. O campión de copa enfróntase ao subcampión de liga, e o campión de liga enfróntase ao subcampión de copa, coa excepción se deben participar os mellores clasificados de liga, en cuxo caso os partidos decídense mediante sorteo.[1][2]
Anteriormente xogouse desde os seus inicios por eliminación directa a dobre partido (excepto en 2018, que se disputou a partido único en territorio neutral): o primeiro encontro no estadio do campión de Copa e o partido de volta no campo do campión de Liga. As únicas edicións nas que a orde dos partidos invertíronse foi nas de 1983, 1988 e 1992. O equipo que lograba maior diferenza de goles en ambos encontros proclamábase campión del torneo. En caso de empate, os goles anotados en campo contrario tiñan maior valor xerando así un punto a favor do equipo visitante. Se aínda así persistía o empate, disputábase unha prórroga e, en última instancia, o título decidíase mediante lanzamentos de penalti.
A actual Supercopa de España ten os seus antecedentes históricos en tres torneos que enfrontaban aos campións daLiga Española e daCopa do Xeneralísimo:
- Copa de Campións (1939–1940)
- Copa de Ouro Arxentina (1944–1945)
- Copa Eva Duarte (1946–1953)
En xullo de1982 a asemblea daReal Federación Española de Fútbol, a proposta do entón presidente doFC Barcelona,Josep Lluís Núñez, aprobou a creación dunha Supercopa que enfrontase anualmente aos campións deLiga eCopa[3].
Nos seus inicios o torneo disputábase a metade da tempada. A dificultade de atopar datas libres no calendario obrigou a suspender algunhas edicións, como en 1986]] e1987. Tampouco houbo final en1984 e1989, xa que o campión deLiga e daCopa nesas tempadas foi o mesmo equipo, adxudicándose o título automaticamente.
Para potenciar o torneo, a partir de 1994 aRFEF decidiu adiantar a Supercopa no calendario, situándoa entre o final da pretemporada e o inicio do campionato de Liga[4].
Así mesmo, en 1996 a Federación Española acordou que, no caso que un equipo lograse o dobrete, o título da Supercopa disputaríano o campión deLiga fronte ao subcampión deCopa. Esta situación produciuse en 1996, 1998 e 2009[5], 2016 e 2018.
En xuño de 2021 anunciouse unha extensión do acordo co reino deArabia Saudita por 10 anos, polo que a Supercopa seguirase disputando nese país alo menos até 2029.[6]
Excepto nas edicións de1983,1988 e1992, o primeiro partido xogouse sempre no estadio do campión de Copa. A edición de2018 foi a primeira que xogouse a partido único e nun campo fóra de territorio español (Tánxer).
| Ano | Campión | Gañador da | Subcampión | Gañador da | Resultado |
|---|
| 1982 | Real Sociedad | Liga 1981–82 | Real Madrid | Copa do Rei 1981–82 | 0–1, 4–0 |
| 1983 | Barcelona | Copa do Rei 1982–83 | Athletic Club | Liga 1982–83 | 3–1, 0–1 |
| 1984 | Athletic Club | Liga eCopa 1983–84 | Outorgado automaticamente ao gañar os dous torneos. |
| 1985 | Atlético de Madrid | Copa do Rei 1984–85 | Barcelona | Liga 1984–85 | 3–1, 0–1 |
| 1986 | Real Madrid eZaragoza non xogaron. |
| 1987 | Real Madrid eReal Sociedad non xogaron. |
| 1988 | Real Madrid | Liga 1987–88 | Barcelona | Copa do Rei 1987–88 | 2–0, 1–2 |
| 1989 | Real Madrid | Liga eCopa 1988–89 | Outorgado automaticamente ao gañar os dous torneos. |
| 1990 | Real Madrid | Liga 1989–90 | Barcelona | Copa do Rei 1989–90 | 1–0, 4–1 |
| 1991 | Barcelona | Liga 1990–91 | Atlético de Madrid | Copa do Rei 1990–91 | 1–0, 1–1 |
| 1992 | Barcelona | Liga 1991–92 | Atlético de Madrid | Copa do Rei 1991–92 | 3–1, 2–1 |
| 1993 | Real Madrid | Copa do Rei 1992–93 | Barcelona | Liga 1992–93 | 3–1, 1–1 |
| 1994 | Barcelona | Liga 1993–94 | Zaragoza | Copa do Rei 1993–94 | 2–0, 4–5 |
| 1995 | Deportivo da Coruña | Copa do Rei 1994–95 | Real Madrid | Liga 1994–95 | 3–0, 2–1 |
| 1996 | Barcelona | Finalista daCopa 1995–96 | Atlético de Madrid | Liga eCopa 1995–96 | 5–2, 1–3 |
| 1997 | Real Madrid | Liga 1996–97 | Barcelona | Copa do Rei 1996–97 | 1–2, 4–1 |
| 1998 | Mallorca | Finalista daCopa 1997–98 | Barcelona | Liga eCopa 1997–98 | 2–1, 1–0 |
| 1999 | Valencia | Copa do Rei 1998–99 | Barcelona | Liga 1998–99 | 1–0, 3–3 |
| 2000 | Deportivo da Coruña | Liga 1999–00 | Espanyol | Copa do Rei 1999–00 | 0–0, 2–0 |
| 2001 | Real Madrid | Liga 2000–01 | Zaragoza | Copa do Rei 2000–01 | 1–1, 3–0 |
| 2002 | Deportivo da Coruña | Copa do Rei 2001–02 | Valencia | Liga 2001–02 | 3–0, 1–0 |
| 2003 | Real Madrid | Liga 2002–03 | Mallorca | Copa do Rei 2002–03 | 1–2, 3–0 |
| 2004 | Zaragoza | Copa do Rei 2003–04 | Valencia | Liga 2003–04 | 0–1, 3–1 |
| 2005 | Barcelona | Liga 2004–05 | Betis | Copa do Rei 2004–05 | 3–0, 1–2 |
| 2006 | Barcelona | Liga 2005–06 | Espanyol | Copa do Rei 2005–06 | 1–0, 3–0 |
| 2007 | Sevilla | Copa do Rei 2006–07 | Real Madrid | Liga 2006–07 | 1–0, 5–3 |
| 2008 | Real Madrid | Liga 2007–08 | Valencia | Copa do Rei 2007–08 | 2–3, 4–2 |
| 2009 | Barcelona | Liga eCopa 2008–09 | Athletic Club | Finalista daCopa 2008–09 | 2–1, 3–0 |
| 2010 | Barcelona | Liga 2009–10 | Sevilla | Copa do Rei 2009–10 | 1–3, 4–0 |
| 2011 | Barcelona | Liga 2010–11 | Real Madrid | Copa do Rei 2010–11 | 2–2, 3–2 |
| 2012 | Real Madrid | Liga 2011–12 | Barcelona | Copa do Rei 2011–12 | 2–3, 2–1 |
| 2013 | Barcelona | Liga 2012–13 | Atlético de Madrid | Copa do Rei 2012–13 | 1–1, 0–0 |
| 2014 | Atlético de Madrid | Liga 2013–14 | Real Madrid | Copa do Rei 2013–14 | 1–1, 1–0 |
| 2015 | Athletic Club | Finalista daCopa do Rei 2014–15 | Barcelona | Liga 2014–15 eCopa do Rei 2014–15 | 4–0, 1–1 |
| 2016 | Barcelona | Liga 2015–16 | Sevilla | Copa do Rei 2015–16 | 0–2, 3–0 |
| 2017 | Real Madrid | Liga 2016–17 | Barcelona | Copa do Rei 2016–17 | 1–3, 2–0 |
| 2018 | Barcelona | Liga 2017–18 | Sevilla | Copa do Rei 2017–18 | 2–1 |
- ↑1,01,1O resultado da final da Copa do Rei 2020 non se coñecía no momento de xogarse a Supercopa de España 2020-21, chegando a outorgar a clasificación a ambos finalistas.
| Pos. | Equipo | Campión | Subcampión | Títulos (anos) |
|---|
| 1 | Barcelona | 13 | 10 | 1983, 1991, 1992, 1994, 1996, 2005,2006,2009,2010,2011,2013,2016,2018 |
| 2 | Real Madrid | 10 | 5 | 1988, 1989, 1990, 1993, 1997, 2001, 2003,2008,2012,2017 |
| 3 | Deportivo | 3 | 0 | 1995,2000,2002 |
| 4 | Atlético de Madrid | 2 | 4 | 1985,2014 |
| 5 | Athletic Club | 3 | 2 | 1984,2015, 2021 |
| 6 | Valencia | 1 | 3 | 1999 |
| 7 | Zaragoza | 1 | 2 | 2004 |
| Sevilla | 1 | 2 | 2007 |
| 8 | Mallorca | 1 | 1 | 1998 |
| 10 | Real Sociedad | 1 | 0 | 1982 |
| 11 | Espanyol | 0 | 2 | |
| 12 | Betis | 0 | 1 | |