Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Sun Microsystems

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Sun Microsystems
Logotipo
Imaxe
 Parte de
 Nome orixinal
Sun Microsystems (en)Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
Implicados
 Director/a executivo/a
Cadro de persoal34600(2007)Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Forma xurídica
 Matriz
 Ten en propiendade
 Entidades subsidiarias
Economía e industria
 Industria
 Bolsa de valores
Datas
 Fundación / creación
24 de febreiro de 1982Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
27 de xaneiro de 2010Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Sucedido por
Localización
 Sede
 País
Identificadores
VIAF127152758Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000110875693Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL2653809AEditar o valor en Wikidata
Freebase/m/06py2Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Sun Microsystems foi unha empresa informática localizada enSilicon Valley, principalmente fabricou software. Foi adquirida no ano 2010 porOracle Corporation, e formou parte das iconas deSilicon Valley, como fabricante desemicondutores esoftware.

Programas

[editar |editar a fonte]

Algúns dos seus programas foron servidores e estacións de traballo para procesadoresSPARC, os sistemas operativos SunOS eSolaris, o sistema de ficheirosNFS, a plataforma de programaciónJava e conxuntamente con AT&T, a estandarización do Unix System V Release 4. Ademais doutros proxectos quizais menos rendibles coma un novo contorno gráfico, NeWS ou a interface gráfica de usuario OpenLook.Tamén é a creadora desuites ofimáticas coma oStar Office e oOpen Office.org.

Linguaxe de programación Java

[editar |editar a fonte]

A linguaxe de programación Java é unha plataforma virtual desenvolvida por Sun, de tal maneira que os programas creados nela poden executarse sen cambios en diferentes tipos de arquitecturas e dispositivos computacionais.

A plataforma Java consta das seguintes partes:

  • A propia linguaxe de programación
  • A máquina virtual de Java ou JRE, que permite a portabilidade en execución
  • A API Java, unha biblioteca estándar para a linguaxe

Sistema Operativo Solaris

[editar |editar a fonte]

Solaris é unsistema operativo baseado inicialmente no sistemaUNIX BSD da Universidade de Berkeley, do cal un dos fundadores da compañía foi programados nos seus tempos universitarios. Máis adiante incorporou funcionalidades doSystem V, converténdose practicamente nun sistema operativo totalmente baseado en System V. Quizais sexa un dos UNIX comerciais máis usados, principalmente no contorno deInternet.

Desde a versión 10, este sistema operativo é de balde, cunha licenza CDDL aprobada polaOSI e pódese descargar desde a web de Sun.

Star Office

[editar |editar a fonte]

StarOffice é asuite ofimática de Sun Microsystems, baseada no desenvolvementoOpen Source do OpenOffice.org (que patrocinou a propia Sun). Está composta por un procesador de textos (Writer), folla de cálculo (Calc), programa de manexo de base de datos (Base), de presentacións (Impress), e de gráficos (Draw).

Posúe algunhas características adicionais en comparanza co Open Office, ademais do soporte técnico.

Open Office.org

[editar |editar a fonte]

OpenOffice.org (non OpenOffice, debido a unha disputa de marcas), é un proxecto baseado no código aberto para crear unha suite ofimática.

É multiplataforma, existe entre outros paraMicrosoft Windows,GNU/Linux,Solaris eMac OS X.

Deriva á súa vez dunha versión comercial,StarOffice de Sun Microsystems aínda existente. As máis recentes versións de StarOffice están baseadas no código base de OpenOffice.org; de forma similar á relación existente entre Netscape Navigator e Mozilla.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:Sun Microsystems

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Sun_Microsystems&oldid=6651755»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp