Osumo[1] (相撲 sumō ou 大相撲 Ōzumō - enxaponés) é unha loita de competición de orixexaponesa, onde édeporte nacional.[2][3] Dous atletas chamadosrikishi compiten nunha area circulardohyō e forzan ao seu opoñente a saír desta. O primeiro en saír fóra dodohyō ou en tocar o chan con calquera parte do corpo excepto os pés, xeralmente debido as accións como empuxóns e agarres, perde a loita.
En Xapón o sumo considérase ungendai budō , que se refire ásartes marciais xaponesasmodernas, pero o deporte ten unha historia que abrangue moitos séculos. A primeira mención do sumo pódese atopar nun manuscritoKojiki que data do ano712, que describe como a posesión das illas xaponesas se decidiu nun combate de loita libre entre oskami coñecidos comoTakemikazuchi eTakeminakata. Conserváronse moitas tradicións antigas no sumo e, mesmo hoxe en día, o deporte inclúe moitos elementos rituais doxintoísmo, como o uso da purificación consal.
A vida dun loitador é moi rigorosa, con regras reguladas polaAsociación Xaponesa de Sumo. A maioría dos loitadores de sumo deben vivir en ximnasios comunais de adestramento de sumo, coñecidos en xaponés comoheya, onde todos os aspectos da súa vida diaria, desde as comidas ata a súa forma de vestir, están ditados por unha estrita tradición. Este estilo de vida ten un efecto negativo na súa saúde, xa que os loitadores de sumo teñen unha esperanza de vida moito menor que a do home xaponés medio.
De2008 a2016, unha serie de controversias e escándalos sacudiron o mundo do sumo, cun efecto asociado na súa reputación e venda de entradas. Estes tamén afectaron á capacidade do deporte para atraer recrutas.[4] A pesar deste revés, a popularidade e a asistencia xeral do sumo recuperáronse debido á presenza de variosyokozuna (ou "grandes campións") por primeira vez en varios anos e a outros loitadores de alto perfil que chamaron a atención do público.[5]
A xerarquía dos practicantes de sumo dáse nos seguintes grupos (en orde decrecente):Makuuchi, Juryo, Makushita, Sandanme, Jonidan eJonokuchi. Só osrikishi das dúas categorías superiores reciben salarios.[Cómpre referencia]