OSueste Asiático é unha subrexión deAsia que comprende gran variedade de países cunha certa unidade cultural e histórica. Está situada entre osparalelos 90 e 130 aproximadamente, e entre osmeridianos 30 e 17.
O nome non se comezou a empregar ata oséculo XX. Comprende dúas rexións xeográficas diferenciadas,Indochina eInsulindia, divididas en 11 estados que cobren unha superficie aproximada de 11.000.000 km² no que viven 550.000.000 persoas.
En total, a superficie do Sueste Asiático ascende a uns 4.000.000 km². No ano2004 máis de 593 millóns de persoas habitaban na rexión, a sexta parte (114 millóns) nailla de Xava (Indonesia), unha das illas máis poboadas do mundo.
O principal feito histórico que determinou a vida da rexión foi indubidablemente que se atopa situada entre os dous xigantes asiáticos: aChina e aIndia. Deles houbo influencias de tipocultural,lingüístico,relixioso epolítico que aínda subsisten. A rexión é tamén zona de encontro de dous grupos humanos que se mesturaron pacificamente co pasar do tempo: o tipo malaio que vén do sur e das illas, co tipo asiático do leste que vén do norte.
Cara aoséculo I toda a rexión recibiu unha forte inmigración dos pobos da India, especialmente do norte e da casta dos brahmanas. Tales pobos trouxeron consigo ohinduísmo e moldearon as linguas primitivas con grandes achegas do sánscrito. O hinduísmo perdurou na rexión ata oséculo XV, cando na penínsulaIndochinesa se introduciu obudismo de Theravada desdeSri Lanca e nas illas comezou a introdución doislam. Os séculosXVII eXVIII viron tamén a chegada docolonialismo. O único país que o puido evitar, grazas ás políticas de modernización do seu monarca, foiTailandia (antigaSiam).
Da herdanza hinduísta é testemuña a illa deBalí, que formando parte do meirande país musulmán do mundo (Indonesia), a súa relixión maioritaria é aínda o hinduísmo.