Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Suecia

Coord.:61°N15°L / 61,15
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde decembro de 2018.)
Modelo:Xeografía políticaSuecia
Sverige (sv)Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Imaxe

HimnoDu gamla, du friaEditar o valor en Wikidata

EpónimoSuiones(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 61°N15°L / 61,15
CapitalEstocolmoEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación10.609.460(2025)Editar o valor en Wikidata (23,71hab./km²)
Lingua oficiallingua suecaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie447.425,16 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Báltico,Kattegat eÖresundEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoKebnekaise (2.096,8 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoKristianstad (−2 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creacióndécada de 900Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional
democracia representativaEditar o valor en Wikidata
• ReiEditar o valor en WikidataCarlos XVI Gustavo(1973–)Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoberno de SueciaEditar o valor en Wikidata
• Primeiro ministroEditar o valor en WikidataUlf Kristersson(2022–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoRiksdag ,(Escano: 349)Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal Supremo de SueciaEditar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal636.856.236.396 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
MoedaCoroa suecaEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.seEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+46Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112Editar o valor en Wikidata
Código de paísSEEditar o valor en Wikidata
Código NUTSSEEditar o valor en Wikidata

Sitio websweden.seEditar o valor en Wikidata
Facebook: swedenseTwitter: swedenInstagram: ru.sweden.seTelegram: swedenofficialVK: swedenofficialYoutube: UCDxRH_wOCO1LDcQlK3F8_HABNE: XX451526Editar o valor en Wikidata

Suecia[1] (ensuecoSverige[ˈsværjɛ] (AFI)Sv-Sverige.oggescoitar), oficialmente Reino de Suecia, é unpaís nórdico situado napenínsula escandinava. Limitado ao norte e oeste conNoruega e ao leste conFinlandia, está conectado conDinamarca polaponte-túnel de Oresund, cruzando o estreito deÖresund. Bañada tamén polas costas doMar Báltico, forma oGolfo de Botnia xunto con Finlandia.

Pertencente áUnión Europea dende o1 de xaneiro de1995, é o terceiro estado membro maior dela e o quinto deEuropa, que xunto cunha poboación de pouco máis de nove millóns de habitantes, supón unha das menores densidades de poboación do mundo. Con todo a meirande parte da poboación vive na parte sur do país, o 85% deles en zonas urbanas. A capital,Estocolmo, é ademais a cidade máis poboada, e chega aos dous millóns de habitantes na súaárea metropolitana. As dúas seguintes cidades máis poboadas sonGotemburgo eMalmö.

A poboación de Suecia goza dun alto nivel de vida, e é un país xeralmente percibido como moderno e liberal. A conservación da natureza, protección dosecosistemas e a eficacia enerxética son polo xeral prioridade na formulación de políticas e contan con acollida por parte da poboación sueca en xeral. Suecia ten sido durante moito tempo un importante exportador deferro,cobre emadeira. Ademais, na década de1890 a escolarización universal e a industrialización permitiron ao país desenvolver unha grande industria manufactureira. Noséculo XX foi clasificada constantemente entre os países con mellorÍndice de Desenvolvemento Humano, e en2017 ocupaba osétimo posto a nivel mundial.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O nome suecoSverige significa literalmente 'Reino do pobo sueco', excluíndo osGautas deGötaland. A etimoloxía dos suecos, e polo tanto de Suecia, considérase habitualmente que deriva doprotoxermánico Swihoniz, que significa 'propio dun', referíndose á propiedade dunha tribo xermánica.

A maioría das linguas utilizan nomes semellantes,Sweden en inglés ouSvezia en italiano. Endanés enoruegués utilizanSverige como en sueco. Porén, destacan as excepcións daslinguas ugrofinesas, que utilizanRuotsi, enfinés eRootsi, enestoniano, nomes que xeralmente se consideran etimoloxicamente relacionados coa mesma raíz que a palabraRusia, que se refire aopobo rus', orixinario das zonas costeiras deUppsala.

Historia

[editar |editar a fonte]

Prehistoria

[editar |editar a fonte]
Runa de Aspa, enCondado de Södermanland, onde se atopa a primeira referencia a Suecia,suiþiuþu,século XI.

A prehistoria en Suecia comeza no período chamadoOscilación de Allerød, ao redor do ano 12000 a.C., durante opaleolítico superior, coa chegada de grupos nómades de cazadores-recolledores na zona sur do país, caracterizados polo uso de puntas de frecha feitas de pedra. A agricultura e a gandaría, xunto coa construción de monumentos megalíticos, chegaron do continente coa cultura dos vasos de embude ao redor do ano 4000 a.C. O sur de Suecia foi parte da área onde se desenvolveu aIdade de Bronce nórdica. Este período comezou preto do ano1700 a.C. co inicio da importación dobronce do centro de Europa. A minería non foi practicada durante este período, e comoEscandinavia non posúe grandes depósitos, tódolos metais eran importados. A Idade de Bronce Nórdica foi completamente pre-urbana, xa que a xente vivía en pequenas aldeas e granxas, en casas comunais feitas de madeira.

Na ausencia da dominación doImperio Romano, aIdade de Ferro sueca é considerada a partir da introdución da arquitectura de pedra e de ordes monásticas ao redor do ano1100 a.C. Como os rexistros escritos desta época son de baixa credibilidade, este período é consideradoprotohistórico, é dicir, que aqueles rexistros apareceron despois do período en cuestión, foron escritos en distintas áreas, ou que os rexistros locais e contemporáneos son extremadamente curtos. Durante esta época o clima empeorou, forzando aos granxeiros a resgardar os seus animais dentro durante os longos invernos. Isto levou a unha acumulación anual de esterco, que puido ser usado por primeira vez de xeito sistemático para o enriquecemento do chan.

Un intentodos romanos por tentar levar o seu imperio máis aló dos ríosRío Rin eElba foi abortado no ano9 d.C., cando os xermanos derrotaron as lexións romanas baixo o mando de Publio Quintilio Varo cando os emboscaron naBatalla da fraga de Teutoburgo. Ao redor desta época houbo un gran cambio en materia de cultura en Escandinavia, resultado dun maior contacto cos romanos. A comezos doséculo II, gran parte do chan cultivado ao sur de Suecia foi dividido en lotes con bardas pequenas feitas de pedra. Dun lado do muro estarían os plantíos permanentes e prados para a forraxe de inverno, mentres do outro estaría o bosque e a terra que era usada para pastar o gando. Esta división da terra foi usada até oséculo XIX. O período romano tamén viu a primeira grande expansión da agricultura cara á costa norte domar Báltico.

Suecia entra á protohistoria co libroXermania deTácito no ano98. Aínda que a pouca información que reporta sobre esta distante área foi atopada como incerta, fai mención de varias tribos como os swedes (suiones) e ossaamis de séculos posteriores. En canto áescritura en Suecia, oalfabeto rúnico foi inventado entre a elite do sur de Escandinavia noséculo II, mais todo o que chegou ao presente do período romano, son breves inscricións en artefactos, principalmente nomes masculinos, pondo en evidencia que os pobos do sur de Escandinavia falabanproto-nórdico naquela época, unha linguaxe do que se derivou o sueco e outraslinguas nórdicas.

Época viquinga e Idade Media

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Viquingos e Unión de Kalmar.
Cidade medieval de Visby, enGotland, declaradaPatrimonio da Humanidade en1995.

Aépoca viquinga sueca abrangue osséculos VIII eXI. Durante este período, crese que os suecos se expandiron cara ao leste de Suecia, mesturáronse cosgautas do sur.[2] Os viquingos suecos e os viquingosguter viaxaban principalmente cara ao leste e cara ao sur, indo aFinlandia, ospaíses Bálticos,Rusia, oMediterráneo e a cidades tan afastadas comoBagdad. As súas rutas atravesaban os ríos de Rusia até chegar á capital doImperio Bizantino,Constantinopla (actualmenteIstanbul,Turquía), de onde partían por distintas direccións. O emperador bizantinoTeófilo notou as súas destrezas para a guerra, e convidounos a servilo como os seus gardacostas persoais, coñecidos como aGarda varega. Tamén se cre que os viquingos suecos, chamados "rus", son os pais fundadores deRusia. As aventuras destes viquingos suecos son conmemoradas en moitas pedras rúnicas en Suecia, tales como as pedras rúnicasgregas evaregas. Houbo tamén considerables participacións viquingas en expedicións ao oeste, que son conmemoradas nas pedras rúnicas inglesas. A última grande expedición viquinga foi a errada viaxe que dirixiu Ingvar o Viaxeiro, á rexión do sueste doMar Caspio. Os seus expedicionarios son conmemorados nas pedras rúnicas de Ingvar, ningunha das cales menciona a algún sobrevivente. Descoñécese o que sucedeu á expedición, pero crese que foron vítimas dalgunha epidemia.

Non se sabe cando nin como se creou o reino de Suecia, pero a lista de monarcas suecos só nomea a aqueles que reinaronSvealand (Suecia) eGötaland (Gothia) ao mesmo tempo, sendo o primeiroErik o Vitorioso. Previamente, Suecia e Gothia permaneceran como nacións separadas. Con todo, non se sabe dende cando existían aqueles reinos, mais "Beowful" descríbeos nas semi-lendarias guerras entre suecos egautas doséculo VI.

Durante os primeiros anos da era viquinga en Escandinavia, Ystad enEscania e Paviken enGotland, foron grandes centros do comercio daquela época. Existen ruínas do que se pensa era un gran mercado en Ystad, que data de entre os anos600 e700. En Paviken, un importante centro de comercio da rexión Báltica durante osséculos IX eX, atopáronse restos dun gran peirao da era viquinga con talleres de construción de barcos e industrias artesanais. Entre os anos800 e1000, o comercio levou unha abundancia de prata a Gotland e de acordo con varios especialistas, os guter daquela época tiñan máis prata que todo o resto da poboación deEscandinavia xunta. San Óscar introduciu ocristianismo no ano829, mais a nova relixión non comezou a substituír as crenzas tradicionais senón até oséculo XII. Durante oséculo XI, o cristianismo converteuse na relixión predominante, e cara ao ano1050 Suecia era contada como unha nación cristiá. O período entre1100 e1400 estivo caracterizado por loitas internas polo poder e a competencia entre os reinos nórdicos. Os reis suecos tamén comezaron a expandir o seu territorio cara aFinlandia, creando conflitos cosrus, que xa non tiñan ningunha conexión con Suecia para ese momento.

Noséculo XIV, Suecia foi afectada polapeste negra (peste bubónica). Durante este período as cidades suecas tamén comezaron a adquirir mellores dereitos e foron fortemente influenciadas polos mercadores alemáns daLiga Hanseática, activos especialmente en Visby. En1319, Suecia eNoruega foron unidos polo reiMagnus Eriksson e en1397 a raíñaMargarida I de Dinamarca efectuou unha unión persoal de Suecia, Noruega eDinamarca, nacendo así aUnión de Kalmar. Con todo, os sucesores de Margarita, cuxo poder só estaba situado en Dinamarca, non podían controlar a nobreza sueca. O poder real tíñano por longos períodos de tempo, rexentes elixidos polo parlamento sueco. O rei Christian II de Dinamarca, quen fixo valer a súa condición a Suecia por medio das armas, ordenou un masacre da nobreza sueca enEstocolmo. A matanza foi coñecida como o "Baño de sangue de Estocolmo" e incitou á nobreza sueca a formar unha nova resistencia e, o6 de xuño, hoxe a festa nacional de Suecia, de1523, nomearon aGustavo I de Suecia como o seu rei. Este feito a miúdo é considerado como a fundación do estado moderno de Suecia. Pouco despois, Gustavo I rexeitou ocatolicismo e introduciu a Suecia áReforma protestante. Por estes acontecementos Gustavo I é considerado como o "Pai da Nación".

Imperio Sueco

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Imperio Sueco.
Formación doImperio sueco,1560-1660.

Durante oséculo XVII Suecia emerxeu como unha potencia europea. Antes de xurdir oImperio Sueco, Suecia era un país moi pobre, escasamente poboado, pouco coñecido no norte de Europa e sen ningún poder importante nin reputación. Con todo, foi repentinamente convertido nunha das nacións líderes en Europa porAxel Oxenstierna e o reiGustavo II Adolfo de Suecia, grazas á conquista de territorios deRusia ePolonia-Lituania, mais tamén grazas á súa participación naguerra dos 30 anos, a cal converteu a Suecia no líder continental doprotestantismo até o colapso do imperio en1721.

A guerra de Gustavo II Adolfo en contra doSacro Imperio Romano Xermánico tivo un alto custo para este último, morrendo un terzo da súa poboación, e conquistando Suecia preto da metade dos estados que o compuñan. O plan de Gustavo II Adolfo era converterse no novo emperador do Sacro Imperio, sobre a base da unidade entreEscandinavia e os estados xermánicos. Porén, despois da súa morte en1632 na batalla de Lützen, os reveses comezaron a sucederse. Despois da batalla de Nördlingen a esperanza de controlar os estados xermánicos volveuse improbable, e as provincias conquistadas separáronse do dominio sueco unha a unha, deixando a Suecia con só un par de territorios ao norte deAlemaña:Pomerania Sueca,Bremen-Verden eWismar.

Suecia alcanzou a súa máxima expansión territorial baixo o reinado deCarlos X de Suecia (1622-1660) despois do Tratado de Roskilde en1658.[3][4] O reiGustavo I, a mediados doséculo XIV converteu ao país aoprotestantismo e fixo unha reforma con éxito na economía.[5] Oséculo XVII viu a Suecia envolvida en varias guerras, como a que sostivo en contra dePolonia-Lituania, con ambos os bandos competindo polos territorios dosPaíses Bálticos, sendo a batalla de Kircholm unha das peores derrotas suecas.[6] Este período tamén foi testemuña de "A Inundación", a invasión sueca da Unión dePolonia-Lituania. Despois de máis de medio século dunha guerra case constante, a economía sueca deteriorouse seriamente. Reconstruír a economía e recuperar o poder militar converteríase nun labor que se estendería durante toda a vida do sucesor de Carlos X,Carlos XI de Suecia. O legado para o seu fillo, o seguinte rei de SueciaCarlos XII, foi un dos mellores arsenais no mundo, un exército numeroso e unha gran frota.

Gustavo II Adolfo de Suecia.

Despois da batalla de Narva en1700, unha das primeiras batallas da gran guerra do Norte o exército ruso, peor equipado e adestrado, e moi desmoralizado pola retirada dePedro I antes da batalla, foi severamente danado, dándolle a Suecia a oportunidade de invadir Rusia. Con todo, Carlos XII non perseguiu o exército ruso, senón que se dirixiu para Polonia-Lituania e derrotou o reipolaco Augusto II e os seus aliados saxóns na batalla de Kliszow en1702. Despois da exitosa invasión a Polonia, Carlos XII tiña preparado o terreo para invadir Rusia atacando a súa capital,Moscova, dendeUcraína. Ademais do seu exército contaba coa axuda de preto de dous milcosacos ucraínos, mais nesta ocasión o exércitotsarista estaba mellor preparado e motivado, e despois de acosar os invasores cos xinetescosacos e minguar as súas subministracións con técnicas de terra queimada,Pedro I derrotou decisivamente os suecos na batalla de Poltava en1709. Os suecos foron perseguidos rendéndose tres días despois en Perevolochna. Esta derrota significou o comezo do fin do Imperio sueco.

Carlos XII tentou invadirNoruega en1716, con todo acabou morrendo no sitio da fortaleza Fredriksten en1718. Os suecos non foron derrotados militarmente en Fredriksten, pero a organización e estrutura da campaña norueguesa levaron á morte ao rei e ao retiro do exército. Forzada a ceder grandes extensións de terra no Tratado de Nystad en1721, Suecia tamén perdeu o seu lugar como imperio e como o estado dominante domar Báltico. Coa perda da influencia sueca, Rusia emerxeu como unimperio e converteuse nunha das nacións dominantes en Europa.

Noséculo XVII, Suecia xa non tiña os suficientes recursos para manter os seus territorios fóra de Escandinavia, debido ao cal perdeu a maioría, culminando na perda do leste de Suecia con Rusia, territorios que se converterían no semi-autónomoDucado de Finlandia naRusia Imperial. Despois de que Dinamarca-Noruega fose derrotada nasguerras napoleónicas, Noruega foi cedida a Suecia o14 de xaneiro de1814 a cambio das provincias do norte deAlemaña, noTratado de Kiel. Os intentos de Noruega de manterse como unha nación soberana foron repelidos polo reiCarlos XIII de Suecia, lanzando unha campaña militar contra ese país o27 de xullo de1814, terminando coa Convención de Moss, a cal forzou a Noruega a unha unión persoal con Suecia baixo o poder sueco, que permaneceu até1905. A campaña de1814 foi a última guerra na que Suecia participou como belixerante.

A modernización

[editar |editar a fonte]
August Palm, figura clave na introdución dosocialismo en Suecia.

Osséculos XVIII eXIX viron un importante crecemento demográfico, que o escritor Esaias Tegnér en 1833 atribuíu a"a paz, avacina (contra avaríola), e aspatacas".[7] Entre1750 e1850 a poboación sueca duplicouse. De acordo a algúns especialistas, a emigración en masa cara aEstados Unidos converteuse na única forma de evitar a fame e a rebelión; máis do 1% da poboación emigraba anualmente durante a década de1880, así pois entre1850 e1910 máis dun millón de suecos migraron cara aosEstados Unidos e a comezos doséculo XX, vivían máis suecos enChicago que enGotemburgo, a segunda cidade maior de Suecia.[8] A maioría dos inmigrantes suecos radicáronse noMedio Oeste estadounidense, alcanzando unha grande incidencia na poboación deMinnesota. Como destinos secundarios, outras correntes suecas dirixíronse aDelaware, aoCanadá, aChile e con menor intensidade áArxentina.

Aínda que o proceso de industrialización de Suecia desenvolveuse lentamente, a agricultura experimentou cambios importantes debido ás innovacións tecnolóxicas e ao crecemento da poboación. Estas innovacións incluían programas do goberno de cercamento, sobre-explotación das terras agrícolas e a introdución de novas especias. Tamén debido ao feito de que os campesiños suecos foran explotados como en ningún outro lugar en Europa,[9] a cultura granxeira sueca adquiriu un papel destacado na política, característica que se mantivo no tempo, co Partido Agrario, actualmente chamado Partido do Centro. Entre1870 e1914, Suecia comezou a industrializarse nun proceso que se mantería en diante.

Durante a segunda metade doséculo XIX, producíronse fortes movementos sociais e sindicais, así como de grupos abstinentes e relixiosos independentes, que comezaron a pular por un Estado democrático e en1889 fundouse o Partido Socialdemócrata Sueco. Estes movementos levaron o país a unha moderna democracia parlamentaria, acadada na época daprimeira guerra mundial. Como aRevolución Industrial avanzaba durante oséculo XX, a poboación rural comezou a migrar ás cidades para traballar nas fábricas e comezaron a ser incluídos ensindicatos. En1917 fracasou unha revoluciónsocialista, mais para iso debeuse establecer unhamonarquíaparlamentaria de tipodemocrático.

Guerras mundiais

[editar |editar a fonte]
Soldado sueco durante asegunda guerra mundial.

Suecia mantívose oficialmenteneutral durante ambas as guerras mundiais, aínda que a súa neutralidade nasegunda guerra mundial foi debatida moitas veces, estando baixo a influenciaalemá a maior parte da guerra e illados do resto do mundo por medio de bloqueos. Inicialmente, o goberno sueco considerou que non estaba en posición de oporse aAlemaña, posteriormente colaborou conHitler.[10] Os voluntarios suecos nas unidadesnazisSchutzstaffel (SS) estiveron entre os primeiros en invadir aUnión Soviética durante a Operación Barbarroxa. Suecia tamén proporcionou aceiro, rodamentos e maquinaria a Alemaña durante a guerra. No final da contenda, cando a derrota alemá parecía inminente, Suecia comezou a ter un papel relevante nos esforzos humanitarios e acoller refuxiados, entre eles os moitosxudeus da Europa ocupada polos nazis que foron salvados en parte porque Suecia participou en misións de rescate encampos de concentración, sendo o principal centro de refuxiados deEscandinavia e ospaíses Bálticos. Con todo, críticas internas e externas aseguran que Suecia puido facer máis para resistir as ameazas dos nazis, mesmo se corría o risco dunha ocupación.

Desde aproximadamente1934 até1975, Suecia esterilizou a máis de 62.000 persoas levando á práctica as teoríaseuxenéticas que supoñen que existe unha relación a etnia e a raza coa saúde mental e física. En1996 os socialdemócratas rexeitaron o pago de compensacións ás vítimas, porén en1999 o goberno sueco comezou a indemnizar as vítimas e os seus familiares.[11]

Historia recente

[editar |editar a fonte]

Durante aguerra fría Suecia adoptou publicamente unha posición deneutralidade, mais de xeito non oficial os líderes suecos mantiveron conexións estreitas cosEstados Unidos. A principios de1960, Suecia e os Estados Unidos acordaron despregar submarinos nucleares fóra da costa leste sueca e ese mesmo ano ambos os países fixeron un pacto secreto de defensa que foi dado a coñecer recentemente en1994.

Despois dasegunda guerra mundial, Suecia tomou vantaxe da súa base industrial intacta, estabilidade social e dos seus recursos naturais para expandir a súa industria e apoiar a reconstrución deEuropa. Suecia foi parte doPlan Marshall e participou naOrganización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE). Durante a maior parte da posguerra, o país foi gobernado polo Partido Socialdemócrata Sueco (ensueco:Socialdemokraterna). Este partido estableceu un modelocorporativista que favoreceu as grandes empresas capitalistas, pero tamén aos sindicatos, organizados na Confederación de Sindicatos Suecos (LTC), afiliada ao mesmo partido.[12]

Carlos XVI Gustavo é o xefe de estado e Rei de Suecia dende 1973.

O Estado sueco adquiriu un rol decisivo e a cantidade de empregados públicos aumentou notablemente entre1960 e1980.[12] Finalmente, o país abriuse ao comercio internacional e orientouse ao competitivo sector manufactureiro internacional, obtendo boas taxas de crecemento até a década de1970.

Como outros países do mundo, entrou nun período de declinación económica, logo dos embargos depetróleo de1973-1974 e1978-1979. Na década de1980 os alicerces da industria sueca foron fortemente reestruturados. A construción de barcos foi descontinuada, a talla de bosques foi integrada á produción moderna de papel, a industria do aceiro foi concentrada e especializada, e a enxeñaría mecánica foi robotizada.Entre1970 e1990 case tódolos impostos foron elevados máis do 10%, e o crecemento foi moi lento comparado coa maioría dos países deEuropa Occidental. O imposto de límite de ingresos para os traballadores alcanzou a máis do 80% e o gasto público superou a metade doPIB nacional, á vez que a súa política económica era cuestionada polos economistas clásicos.[12]

A principios da década de1990 Suecia caeu nunha crise fiscal. A resposta do goberno foi reducir os gastos e instituír unha serie de reformas para impulsar a competitividade de Suecia, entre as que se atopaban reducir o estado de benestar sueco e privatizar bens e servizos públicos. As reformas permitíronlle entrar naUnión Europea, á cal Suecia pertence dende o1 de xaneiro de1995, aínda que sen adoptar oeuro, mantendo acoroa sueca como a súa moeda nacional.

Actualmente Suecia é un dos países con máis altoÍndice de Desenvolvemento Humano, atopándose entre as vinte economías maiores do mundo. Suecia tamén adoita participar en operacións militares internacionais, incluíndoAfganistán, onde as tropas suecas están baixo o mando daOTAN; e na Unión Europea apoiando operacións das "forzas de paz" en países comoKosovo,Bosnia e Hercegovina eChipre. Ademais, varias empresas suecas exportan armamento que é utilizado polo exército estadounidense enIraq.[13]

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Lapporten, a "Porta deLapland".
Igrexa de Kiruna, a cidade sueca máis setentrional.

Situada nonorte deEuropa, Suecia limita ao leste coMar Báltico e oGolfo de Botnia, dando ao país unha longa liña costeira, que forma a parte leste dapenínsula Escandinava. O país mide 1.600 km ao longo e 500 ao ancho. Na zona oeste atópanse osAlpes escandinavos (ensueco:Skaderna), os cales forman unha fronteira natural conNoruega, cubertos de neves eternas, nos que ademais teñen a súa orixe infinidade de fluxos de auga que cruzan o país de oeste a leste.

A altitude mínima de Suecia atópase na baía do Lago Hammarsjön, preto de Kristianstad con 2,41 metros baixo o nivel do mar. A altitude máxima do país está no monteKebnekaise con 2.111 m dealtitude. No centro do país concéntranse os lagos, sendo o Vättern e o Vänern os máis extensos de Suecia, sendo este último o lago maior do norte de Europa e o terceiro maior do continente europeo, despois dos lagos Ladoga eOnega enRusia.

Con 449.964 km², Suecia é o57° país maior do mundo, sendo o quinto maior de Europa e o maior deEuropa do norte. Ao nordés limita conFinlandia, ao suroeste cos estreitos deSkagerrak,Kattegat eÖresund. Ademais, posúe límites mariños conDinamarca,Alemaña,Polonia,Rusia,Lituania,Letonia eEstonia, estando conectada con Dinamarca polaponte de Oresund.Condado de Gotland eÖland son as dúas maiores illas de Suecia, inda que hai ademais unha gran cantidade de illas máis pequenas como as que forman a capital,Estocolmo.

Suecia conta con vinte e cincoprovincias históricas chamadaslandskap, baseadas en cultura, xeografía e historia:Bohuslän,Condado de Blekinge,Condado de Dalarna,Dalsland,Condado de Gotland,Gästrikland,Condado de Halland,Hälsingland,Härjedalen,Condado de Jämtland,Lappland,Medelpad,Norrbotten,Närke,Skåne,Småland,Condado de Södermanland,Uppland,Condado de Värmland,Condado de Västmanland,Condado de Västerbotten,Västergötland,Ångermanland,Öland eCondado de Östergötland. Estas provincias teñen importancia na identidade da xente que as habita. As provincias habitualmente son agrupadas en tres grandes rexións: o norteNorrland, o centroSvealand e o surGötaland. A escasamente poboada Norrland ocupa case o 60% do país. Preto do 15% do territorio de Suecia esta dentro doCírculo polar ártico. O sur de Suecia é predominantemente agrícola, mentres no norte a actividade forestal é ampla. As rexións máis densamente poboadas sonÖresund no sur, e o val do lago Mälaren preto de Estocolmo.

Clima

[editar |editar a fonte]
Foto satélite deEscandinavia, cuberta pola neve, eGolfo de Botnia. Tomada o15 de marzo de2002.

A maior parte de Suecia posúe un clima tépedo, a pesar da súa latitude, con catro estacións diferentes e temperaturas tépedas todo o ano. O país pode ser dividido en tres tipos de clima: a parte sur cunclima oceánico, a parte central cunclima húmido continental e a parte norte cun clima boreal. Con todo, Suecia é máis cálida e seca que outros lugares de latitudes similares e doutras mesmo máis ao sur, debido principalmente ácorrente do Golfo.[14][15] Por exemplo, o centro e sur do país teñen invernos máis cálidos que moitas partes de Rusia, o Canadá e os Estados Unidos.[16] Debido á súa localización, a duración do día varía enormemente. Ao norte doCírculo polar ártico, o sol nunca se pon nalgúns días do verán, e nalgúns días do inverno nunca amence. O día en Estocolmo dura máis de 18 horas no final de xuño, pero só ao redor de 6 horas no final de decembro. Gran parte do territorio sueco recibe entre 1.600 e 2.000 horas de luz solar anualmente.

A temperatura varía de norte ao sur. A parte central e sur do país ten veráns cálidos e invernos fríos, con temperaturas máximas entre 20 a 25 °C e mínimas entre 12 e 15 °C durante o verán; e unha temperatura media de -4 a 2 °C no inverno. Pola súa banda, a parte norte do país ten veráns máis curtos e frescos, e invernos máis longos e fríos con temperaturas usualmente baixo o punto de conxelación desde setembro até maio. Ondas de calor ocorren ocasionalmente, e temperaturas por encima dos 25 °C preséntanse durante varios días no verán, ás veces até na parte norte do país. A temperatura máis alta rexistrada en Suecia foi de 38 °C en Målilla, en1947, mentres a temperatura máis baixa foi de -52,6 °C en Vuoggatjålme en1966.[17]

De media, a maior parte de Suecia recibe entre 500 e 800 mm de precipitación cada ano, facendo o país considerablemente máis seco que a media mundial. O suroeste é a rexión do país con máis precipitacións, entre 1000 e 1200 mm, e nalgunhas zonas montañosas do norte estímase que se reciben máis de 2000 mm de precipitacións. As nevadas ocorren de decembro a marzo no sur, de novembro a abril no centro e de outubro a maio no norte de Suecia. A pesar da súa situación xeográfica, a parte central e sur do país tenden a estar virtualmente libres de neve.

Temperaturas máximas e mínimas (°C)[18]
CidadeXanFebMarAbrMaiXunXulAgoSetOutNovDec
Kiruna-10/-16-8/-15-4/-132/-78/014/617/814/69/21/-4-5/-10-8/-15
Östersund-5/-10-3/-90/-65/-212/316/818/1017/1012/66/20/-3-3/-8
Estocolmo1/-21/-34/-211/316/820/1223/1522/1417/1010/65/21/-1
Gotemburgo2/-14/-16/011/316/819/1222/1422/1418/1012/67/33/-1
Visby1/-21/-33/-29/114/618/1021/1320/1316/910/65/22/0
Malmö3/-13/-16/012/317/819/1122/1322/1418/1012/68/44/1

Política e goberno

[editar |editar a fonte]
O Riksdag enEstocolmo.
A Asemblea sueca en2006.
Trono doRei de Suecia, datado de1650.

Suecia é unhamonarquía constitucional parlamentaria, sendo o poder do rei constantemente reducido. A constitución de1974 restrinxiu a actuación da realeza a funcións cerimoniais, mais o rei conserva aínda a función de xefe de estado. A sociedade e a opinión pública sueca nunca expresaron un forte desexo pola instalación dunharepública, porén o Partido Social-Demócrata e o Partido de Esquerda manteñen nas súas propostas políticas a abolición da monarquía.

Constitucionalmente, os 349 membros do Riksdag (Parlamento) teñen a autoridade suprema de goberno. O Riksdag é responsable da elección doPrimeiro Ministro, quen dirixe o goberno (os ministerios). Opoder lexislativo é compartido entre oParlamento e oPrimeiro Ministro. Opoder executivo é exercido polo gobernante, mentres opoder xudicial é independente. Conta cun organismo chamado Lagrådet (Consello de Leis), que ten a facultade de examinar a constitucionalidade das leis e decisións do goberno, aínda que as súas resolucións non son obrigatorias; con todo, debido ás restricións desta forma de control de constitucionalidade e a unha débil xurisdición, os seus labores tiveron pouca actividade.

Os proxectos de lei deben ser presentados polo gabinete ou polos parlamentarios. Os membros doParlamento son elixidos en base deescrutinio proporcional plurinominal para un período de catro anos. AConstitución pode ser modificada polo Riksdag, para o que se require que a decisión sexa aprobada por unha maioría absoluta entre períodos de eleccións xerais. Suecia ten outro tres leis constitucionais: A Acta de Sucesión Real, a Acta de Liberdade de Prensa e a Lei Fundamental para a Liberdade de Expresión.

En Suecia o número de votantes sempre foi alto a comparación de moitos países, aínda que ha ir en descenso en décadas recentes, e actualmente é de ao redor do 80% (80,11% en2002 e 81,99% en2006). Os políticos suecos gozaban dun alto grao de confianza dos cidadáns na década de1960, mais co paso dos anos esta foi diminuíndo até alcanzar o nivel de confianza máis baixo dos países da rexión. En canto a movementos políticos, Suecia ten unha longa historia dos chamados Folkrörelser ("movementos populares"), sendo os máis notables ossindicatos, o movemento independente cristián, o movemento de abstinencia, o movemento feminista e, máis recentemente, o movemento deportivo.

Polas décadas de1960 e1970 xurdiu por primeira vez en Suecia un movemento que agora se coñece como a "revolución sexual", especialmente promovendo a igualdade de xénero. Actualmente, a porcentaxe de persoas solteiras é un dos máis altos no mundo. En décadas recentes, Suecia converteuse nun país tolerante coa homosexualidade e dende2009 está permitido o matrimonio entre persoas do mesmo sexo.

Os principais partidos políticos do país son o Socialdemócrata (SAP), o Partido da Esquerda (V), o Partido Verde (MP), o Partido da Coalición Moderada (M), o Partido Demócrata cristiá (Kd) e Partido Popular Liberal (FP). En setembro do ano2006, os seguintes partidos tiñan asentos no Riksdag:

  • Socialdemokraterna (Social Demócratas): 130 asentos, 35% dos votos.
  • Moderaterna (Moderados): 97 asentos, 26.2% dos votos.
  • Centerpartiet (Partidos de Centro): 29 asentos, 7.9% dos votos.
  • Folkpartiet liberalerna (Partido Liberal): 28 asentos, 7.5% dos votos.
  • Kristdemokraterna (Demócratas Cristiáns): 24 asentos, 6.6% dos votos.
  • Vänsterpartiet (Partido de Esquerda): 22 asentos, 5.8% dos votos.
  • Miljöpartiet (Os Verdes): 19 asentos, 5.2% dos votos.
Vehículo da Policía, fabricado pola casa suecaVolvo (modelo Volvo V70).

A Suprema Corte de Suecia é a terceira e última instancia en todos os casos civís e criminais en Suecia. A Suprema Corte consiste en dezaseis Conselleiros de Xustiza ou Justitieråd os cales son apoiados polo goberno sueco, pero a corte como unha institución é independente do Parlamento, e o goberno non pode interferir nas decisións da corte.

A aplicación da lei en Suecia é levada a cabo por varias institucións gobernamentais. O Servizo Policial Sueco (encargado da organización da policía), a Forza Operante Nacional (semellante á unidade SWAT dosEstados Unidos), o Departamento Nacional de Investigación Criminal e o Servizo de Seguridade Sueco (responsables de actividades anti-terroristas e de contraespionaxe) son algunhas das axencias do goberno encargadas de facer cumprir a constitución e protexer o país.

De acordo cun estudo de vitimización feito a 1.201 suecos en2005, Suecia ten un alto índice de delincuencia comparado con outros países daUnión Europea. Os delitos máis frecuentes son asaltos, crimes sexuais, crimes de odio e fraudes. Con todo, Suecia presenta baixos niveis de roubos a vivendas e de automóbiles, problemas de adiccións e corrupción.

Subdivisións administrativas

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Condados de Suecia.

Suecia está dividida en tres grandes partes,Götaland, ao sur, englobando a cidade deMalmö,Svealand, na parte central, que englobaGotemburgo,Estocolmo eNorrland, que fica ao norte. Cada unha desas tres partes está subdividida en rexións menores chamadaslandskaps. Oslandskaps non teñen máis significado administrativo ningún, mais sen un significado histórico. Actualmente, oslandstings son os equivalentes aolandskaps con significado administrativo de aproximadamente o mesmo deseño dos antigoslandskaps.

Imaxe do norte daLaponia.
Arquipélago enGotemburgo.
Imaxe deSkåne.
SueciaIdentificaciónEscudoCondadoCapital
ABEstocolmoEstocolmoEstocolmo
ACVästerbottenVästerbottenUmeå
BDNorrbottenNorrbottenLuleå
CUppsalaUppsalaUppsala
DSödermanlandSödermanlandNyköping
EÖstergötlandÖstergötlandLinköping
FJönköpingJönköpingJönköping
GKronobergKronobergVäxjö
HKalmarKalmarKalmar
IGotlandGotlandVisby
KBlekingeBlekingeKarlskrona
MEscaniaEscaniaMalmö
NHallandHallandHalmstad
OVästra GötalandVästra GötalandGotemburgo
SVärmlandVärmlandKarlstad
TÖrebroÖrebroÖrebro
UVästmanlandVästmanlandVästerås
WDalarnaDalarnaFalun
XGävleborgGävleborgGävle
YVästernorrlandVästernorrlandHärnösand
ZJämtlandJämtlandÖstersund

Demografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Demografía de Suecia.
Castelo Kalmar

Suecia ten unha das maiores esperanzas de vida do mundo. O4 de agosto do ano2004, a poboación de Suecia pasou a barreira dos nove millóns segundo o SCB. En setembro do2013, a poboación era de 9.625.444[19]. O 86.7% da poboación era de etnia Sueca.

As maiores comunidades de non-suecos están formadas polosfineses os cales fan o 2% da poboación. Outros importantes proveñen doutrospaíses Escandinavos, da antigaIugoslavia, e do Oriente Medio. Outro importante grupo son osindíxenas saami que viven no norte de Suecia nunha comunidade de 17.000 persoas.

Suecia transformouse dunha nación de emigrantes ó acabar aprimeira guerra mundial a unha nación de inmigrantes ao acaba-lasegunda guerra mundial. Hoxe en día o 12% dos habitantes naceu no estranxeiro, e un quinto da poboación son fillos ou netos de inmigrantes. Os maiores grupos veñen deFinlandia, daantiga Iugoslavia, doOriente Medio e doutrospaíses nórdicos nesa orde.

As intervencións Soviéticas contra a Revolución Húngara de1956 e a liberación deChecoslovaquia en1968 resultou na primeira chegada de refuxiados políticos. Algúns americanos desertores da guerra deGuerra de Vietnam tamén atoparon refuxio entre os Suecos, os cales estaban encontra do imperialismo feito polaUnión Soviética e osEstados Unidos de América. Despois do golpe militar de1973 enChile, e as seguintes ditaduras de Chile e outros países suramericanos, os refuxiados políticos cambiaron a imaxe da inmigración en Suecia , incluídos os refuxiados deIrán,Iraq ePalestina.

Cidades máis importantes

[editar |editar a fonte]
Lista das 30 cidades máis poboadas deSuecia
Datos do ano 2010, segundo a Oficina Central de Estatísticas de Suecia.[1]
1.Estocolmo1.372.565
2.Gotemburgo549.839
3.Malmö280.415
4.Uppsala140.454
5.Västerås110.877
6.Örebro107.038
7.Linköping104.232
8.Helsingborg97.122
9.Jönköping89.396
10.Norrköping87.247
11.Lund82.800
12.Umeå79.594
13.Gävle71.033
14.Borås66.273
15.Eskilstuna64.679
16.Södertälje64.619
17.Karlstad61.685
18.Täby61.272
19.Växjö60.887
20.Halmstad58.577
21.Sundsvall50.712
22.Luleå46.607
23.Trollhättan46.457
24.Östersund44.327
25.Borlänge41.734
26.Tumba37.852
27.Upplands Väsby37.594
28.Falun37.291
29.Kalmar36.392
30.Kristianstad35.711

Idiomas

[editar |editar a fonte]
Área de distribución da lingua sueca.
Artigo principal:Idiomas de Suecia.

Osueco é unhalingua xermánica falada no norte deEuropa , en concreto en Suecia e na costa deFinlandia (falada por un 5% dos fineses) , é moi similar ódanés e aonoruegués, mais diferénciase deles na pronunciación e ortografía. Suecia non ten ningunha lingua oficial aínda que o Sueco tende facto o status de lingua oficial. A lingua dominante sempre foi o sueco por iso nunca houbo unha necesidade política de facela oficial Aínda así con recoñecemento de cinco linguas minoritarias (finés,meänkieli,saami,romaní eyiddish) o1 de abril do ano2000, a necesidade de facer o sueco oficial faise cada vez máis popular e o7 de decembro do ano2005, o parlamento votou para este recoñecemento, porén non tivo éxito.

A maioría dos suecos, especialmente aqueles menores de 60 anos , son capaces de entender e falaringlés grazas ó comercio e a popularidade de viaxar ó estranxeiro xunto co a forte influencia Anglo-americana e tamén a tradición de subtitular as series detelevisión e osfilmes. O inglés se converteu nunha materia obrigatoria na escola secundaria para os estudantes de Ciencias Naturais en 1849 e para o resto dos estudantes suecos dende1940. Dependendo da escola, o Inglés é unha materia obrigatoria dende terceiro ata noveno grao, todos os estudantes continúan estudándoo tamén no primeiro curso da escola secundaria.

Relixión

[editar |editar a fonte]
Catedral de Uppsala.

Suecia é un dos países onde existe menos sentimento relixioso, entre 46 e un 85%, segundo diversos estudos sociolóxicos, da poboación sueca pódese categorizar comoateos,agnosticos ou que non cren en ningún tipo de deus.[20] Non obstante o anterior no ano 2011 o 68,8% dos suecos son formalmente membros daIgrexa de Suecia, de tradiciónluterana e que ata o ano 2000 tiña o rango de igrexa de estado. Así e todo a alta porcentaxe de bautizados, un 65%, a participación en actos relixiosos é moi baixa, salientando tan só a porcentaxe de funerais, un 84% fanse no seo da igrexa.[21] Aproximadamente un 0,7% dos membros da igrexa abandónana cada ano.[22] En Suecia existen outras confesións relixiosas, moitas son numerosas por efecto dos inmigrantes chegados á Suecia ao longo da súa historia, así teñen tradición no país oscatólicos,ortodoxos,musulmáns e outras denominacións protestantes, coñecidas no país co termo de Igrexa Libre, por oposición á antiga Igrexa oficial, a Igrexa de Suecia. No ano 2006 había 400.000 musulmáns no país[23] calculándose un 5% os practicantes.[24] Outras confesións presentes en Suecia pero cun número de membros máis reducido son osbudistas,xudeus,hindús ebahaítas e nos últimos anos apareceron taménneopaganos e reviviuse arelixión tradicional saami.

Economía

[editar |editar a fonte]
Sede deVolvo, enGotemburgo.
Sede de Ericsson, enEstocolmo.
IKEA, en Elmhult.
Artigo principal:Economía de Suecia.

Suecia ten unha economía de mercado fortemente regulada polo Estado, que foi coñecida comomodelo sueco e presentada como exemplo do proposta socio-económica dasocialdemocracia europea.[25] Orientada principalmente á exportación, conta cun moderno sistema de distribución, suficientescomunicacións externas e internas e unha forza de traballo especializada. Amadeira, aenerxía hidráulica e oferro constitúen a base da súa economía altamente enfocada cara aocomercio internacional. Aenxeñaría achega o 50% da produción e exportacións. As telecomunicacións e as industrias automotriz e farmacéutica son tamén de grande importancia. Aagricultura conta co 2% doPIB e emprego.

No final do2007 as vinte compañías maiores rexistradas en Suecia eranVolvo, Ericsson, Vattenfall, Skanska, Sony Ericsson Mobile Communications AB, Svenska Cellulosa Aktiebolaget, Electrolux,Volvo Personvagnar, TeliaSonera, Sandvik, Scania, IKEA, Hennes & Mauritz, Nordea, Preem, Atlas Copco, Securitas, Nordstjernan e SKF.[26]

Case toda a produción industrial sueca é realizada por empresas privadas, feito que contrasta con outros países industrializados, comoAustria eItalia, onde asempresas do Estado teñen maior presenza. O goberno de centro-dereita doprimeiro ministroFredrik Reinfeldt instalado en2006, anunciou que privatizaría a maioría das empresas estatais e até2008 vendera Vin & Sprit (V&S), produtora dovodka Absolut, a aseguradora Vasakronan e as accións en OMX, empresa que controla a Bolsa de Valores.[27]

A poboación economicamente activa (PEA) é duns 4,5 millóns de persoas, dos cales ao redor dun terzo contan con estudos deeducación superior. A economía do país crece a un ritmo de 2% por ano. O traballador medio recibe 40% do seu salario despois do cobro deimpostos e achegues á seguridade social, polo que a presión impositiva en Suecia é alta comparada cos demais países desenvolvidos, alcanzando o 51,1% doPIB en2007, case o dobre que a de países comoEstados Unidos ouIrlanda. Os empregados públicos suman case un terzo da forza de traballo, unha taxa máis alta que a maioría dos países. O crecemento do PIB acelerouse desde as reformas realizadas na década de 1990, especialmente no sector manufactureiro.[28]

OForo Económico Mundial de2008 considerou a Suecia como o terceiro país máis competitivo do mundo.[29] Pola súa banda, o Índice de Liberdade Económica situouna no posto 27 entre 162 países avaliados, e 14 entre os 41 países europeos. Finalmente, ocupou o posto número 9 do Anuario IMD de Competitividade 2008.[30] Suecia rexeitou oeuro como moeda a través de voto popular e actualmente a moeda oficial do país é acoroa sueca (SEK). O Banco Central Sueco (Sveriges Riksbank), fundado en1668 o que o fai o banco central máis antigo do mundo, ocúpase da estabilidade dos prezos, mantendo ainflación nun 2% anual, un dos máis baixos entre os países europeos dende mediados da década de1990. Os países cos que efectúa a maior parte da actividade financeira sonAlemaña,Estados Unidos,Noruega,Reino Unido,Dinamarca eFinlandia.

Ciencia e tecnoloxía

[editar |editar a fonte]
Sede daReal Academia das Ciencias de Suecia.

Sendo unpaís desenvolvido moi avanzado, as investigacións científicas teñen un papel clave para o desenvolvemento económico e para a sociedade en xeral, e a alta calidade no desenvolvemento científico e tecnolóxico de Suecia é recoñecida ao redor do mundo. Xuntos, o sector público e privado destinan preto do 4% doPIB á investigación e desenvolvemento, o cal converte a Suecia nun dos países que máis inviste en I+D+I en termos de porcentaxe do PIB. O estándar das investigacións suecas é alto e o país é líder mundial en múltiples campos importantes. Estatisticamente, Suecia é o primeiro enEuropa en canto ao número de traballos científicos publicados per cápita.[31]

Aínda que é un país relativamente pequeno, Suecia estivo dende hai moito tempo na vangarda de I+D+I. Por varias décadas, o goberno decidiu poñer como prioritarias algunhas actividades científicas de investigación. Este forte apoio axudou a Suecia a converterse nun país líder en termos de innovación. As estatísticas demostran que dende1970 a2003, o sistema nacional de innovación sueco estaba entre os mellores dos países membros daOCDE en canto á xeración de invencións tecnolóxicas e o número de patentes rexistradas de acordo co tamaño da poboación. SóSuíza reportou un maior índice de patentes en relación á súa poboación. Alén diso, Suecia atopábase entre os países co maior número de publicacións científicas nos campos deciencia médica,ciencias naturais eenxeñaría no2001.

En termos de estrutura, aeconomía de Suecia é caracterizada polas súas grandes exportacións orientadas cara ao sector tecnolóxico e industrial, así como os comparativamente pequenos sectores de servizos e finanzas. Así a ciencia e tecnoloxía volvéronse unha parte importante para a economía do país, principalmente para as grandes organizacións industriais e de servizos que a dominan.

Inventos

[editar |editar a fonte]
Alfred Nobel

Foi noséculo XVIII cando tivo lugar aRevolución científica. Previamente, os avances tecnolóxicos chegaran da man de profesionais que inmigraran doutros países europeos. En1739 fundouse aReal Academia das Ciencias de Suecia, con personaxes comoCarl von Linné eAnders Celsius entre os seus primeiros membros. Dende1870, moitas compañías de enxeñaría foron creadas a un ritmo nunca antes visto e os enxeñeiros convertéronse nos heroes da época. Moitas das compañías fundadas por estes pioneiros son aínda recoñecidas a nivel internacional.

Alfred Nobel inventou a dinamita e instituíu oPremio Nobel.Gustaf Dalén fundou a compañía de gas AGA e gañou oPremio Nobel de Física polas súas válvulas solares.Lars Magnus Ericsson comezou a empresa que leva o seu nome,Ericsson, que hoxe en día é unha das compañías de telecomunicacións maiores do mundo.Jonas Wenström foi un pioneiro nacorrente alterna e xunto co inventorcroataNikola Tesla, inventou o sistema electrónico de tres fases.

A tradicional industria e enxeñaría son aínda unha das principais fontes de invencións suecas, pero a electrónica, farmacéutica e outras industrias de alta tecnoloxía comezan a gañar terreo. O Tetra pack foi inventado polo sueco Erik Wallenberg. Håkan Lans inventou o Automatic Identification System, unha ferramenta usada por buques e avións civís a nivel mundial. Losec, un medicamento contra as úlceras, foi a medicina máis vendida na década de1990 e foi desenvolvida por AstraZeneca, unha compañía anglo-sueca. Gran parte das industrias suecas multinacionais tiveron as súas orixes no enxeño de múltiples inventores suecos.[32] Suecia tiña un total de 33.523patentes até o ano2007, de acordo coa Oficina de Patentes e Marcas Rexistradas dos Estados Unidos, con só dez países superando este número.[33]

Cultura

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Premios Nobel.
Tradicional casa rural en Suecia.

A cultura de Suecia é percibida tipicamente como igualitaria, sinxela e aberta a influencias doutros países. O país recibiu a influencia cultural doutros países e institucións: aIgrexa católica eAlemaña durante aIdade Media,Francia durante oséculo XVIII, de novo Alemaña noséculo XIX e os países de cultura anglosaxoa despois dasegunda guerra mundial.

Outro aspecto cultural destacado a nivel internacional é a entrega doPremio Nobel, instituídos polo inventor suecoAlfred Nobel. Este galardón outorgase cada ano dende1901 a persoas que fixeron investigacións sobresalientes, inventado técnicas ou equipamento revolucionario ou contribucións notables á sociedade.

Suecia foi berce de varios escritores recoñecidos a nivel mundial incluíndo a August Strindberg,Astrid Lindgren,Stieg Larsson e os gañadores do Premio NobelSelma Lagerlöf eHarry Martinson. En total entregáronse setePremios Nobel de Literatura a escritores suecos. Entre os artistas máis coñecidos do país atópanse pintores como Carl Larsson eAnders Zorn, e os escultores Tobias Sergel e Carl Milles.

Música

[editar |editar a fonte]
Agnetha Fältskog, vocalista deABBA,Oslo (1977)
Amon Amarth

Suecia conta cunha rica tradición musical que abrangue dende as baladas folclóricas medievais até ohip hop. A música nórdica pre-cristiá perdeuse co paso do tempo, aínda que existen recreacións históricas baseadas en instrumentos atopados en sitios arqueolóxicos viquingos. Entre os instrumentos utilizados atópanse olur (unha especie de trompeta), instrumentos de corda sinxelos,frautas de madeira etambores. É posible que algúns trazos da músicaviquinga permanezan até hoxe nas cancións tradicionais suecas.

A música tradicional é un escenario musical importante, tanto no estilo tradicional e no estilo moderno, que a miúdo incorpora elementos doutros xéneros como orock e ojazz. Entre os principais grupos de música sueca tradicional destacan Väsen (único grupo que usa un instrumento sueco chamadonyckelharpa),Garmarna, Nordman e Hedningarna. Tamén está a música deLaponia, chamadayoik, a cal é unha especie de canto que é parte da espiritualidade tradicional dopobo saami, que gañou recoñecemento mundial no eido da música folclórica.

Suecia é un gran mercado para a música de new age e de concienciaambiental, así como para a música pop e rock que conteñen mensaxes deliberalismo e deesquerda. Ademais, o país tamén ten unha prominente tradición en música coral, derivada en parte da importancia cultural da música folclórica. De feito, dos 9,2 millóns de habitantes, estímase que entre 500 e 600 mil acodes cantan en coros.

Suecia é o terceiro exportador de música maior do mundo, con máis de 800 millóns de dólares de ingresos en2007, excedido só polosEstados Unidos e oReino Unido.[34]ABBA foi un dos primeiros grupos musicais de Suecia que se fixo famoso ao redor do mundo, que aínda se atopan entre os artistas con máis éxito, con preto de 370 millóns de discos vendidos.[35] Con ABBA, a música de Suecia entra a unha nova era, na cal opop sueco gañou importancia internacional. Outras bandas que se fixeron mundialmente famosas sonRoxette,Irene,Loveninjas,Mando Diao,The Hives ouThe Cardigans. Por outra banda, Suecia gañou en catro ocasións oFestival da Canción de Eurovisión con ABBA, os Herreys, Carola Häggkvist e Charlotte Perrelli.

Outro tipo de música que cobrou importancia éheavy metal (incluíndo os subséneros death metal, ometal progresivo e opower metal). Algunhas bandas suecas que sobresaen dentro deste xénero sonBathory,Amon Amarth,K2,Opeth ou a vocalista deNightwish,Anette Olzon, entre outros.

Finalmente, ojazz é outro dos xéneros importantes dentro da música sueca. Durante o últimos sesenta anos mantivo un estándar artístico elevado, en gran parte debido ás bandas locais que reciben influencia doutros países comoBélxica,Francia,Reino Unido eEstados Unidos. Lars Gullin é o máximo representante do jazz sueco.[36]

Literatura

[editar |editar a fonte]
Astrid Lindgren en1924.

O primeiro texto literario achado en Suecia é a Pedra de Rök, tallada durante aEra Viquinga preto do ano800. Coa conversión do país ao cristianismo en1100, Suecia entrou naIdade Media, durante a cal os monxes preferiron usar olatín, polo que son escasos os textos escritos en sueco antigo desa época. A literatura sueca floreceu só despois de que oidioma sueco fose estandarizado noséculo XVI, sendo aBiblia un dos primeiros libros traducidos ao sueco en 1541. A miúdo esta tradución é chamada a Biblia de Gustavo Vasa.

Coa implantación do sistema educativo e a liberdade que deu a secularización, oséculo XVII viu o desenvolvemento de múltiples escritores suecos. Exemplo disto son Georg Stiernhielm (século XVII), quen foi o primeiro en escribir poesía clásica en sueco; Johan Henric Kellgren (século XVIII), o primeiro en escribir unha prosa fluída en sueco;Carl Michael Bellman (final doséculo XVIII), o primeiro escritor de baladas de burlesque; e August Strindberg (final doséculo XIX), un escritor a socio-realista dramaturgo que alcanzou a fama mundial. Oséculo XX continuou dando notables autores comoSelma Lagerlöf, (Premio Nobel de Literatura 1909),Verner von Heidenstam (Premio Nobel de Literatura 1916) e Pär Lagerkvist (Premio Nobel de Literatura 1951). Entre outros autores destacados anteriores oséculo XX cómpre sinalar aCarl Jonas Love Almqvist,Per Daniel Amadeus Atterbom,Carl Michael Bellman ouLina Sandell.

En décadas recentes, varios escritores suecos foron recoñecidos internacionalmente, incluíndo aHenning Mankell, escritor de novelas de detectives eJan Guillou, escritor de novelas de espías ouHarry Martinson (Premio Nobel de Literatura 1974) e a súa mullerMoa Martinson. Mais a única autora sueca que deixou unha marca importante dentro do mundo da literatura foi a escritora de contos para nenosAstrid Lindgren, e os seus librosPippi Mediaslongas,Emil of Maple Hills, entre outros. Outros autores destacados deste século sonMaria Gripe ouChristina Lilliestierna. Finalemente cómpre destacar aStieg Larsson, autor da triloxía de novelas policiaisMillenium.

Festividades

[editar |editar a fonte]
Procesión de Luciadagen no ano2007, antiga tradición pagá, hoxe festividade deSanta Lucía.

Á parte das festividades tradicionais da Igrexa, Suecia tamén celebra varias datas senlleiras, algunhas das cales levan a cabo desde a época pre-cristiá. Entre as principais festividades suecas podemos atopar:

  • APascua (Påsk)
  • A véspera de Walpurgis (Valborgsmässoafton)

Festexado o30 de abril este rito marca o comezo daprimavera para moitos suecos. Acéndense grandes cacharelas con pólas secas.

  • Festa nacional (Nationaldagen)

Festexada6 de xuño, foi lexislada en1983 para determinar o día nacional de Suecia. Elixiuse esta data por ser o día no cal Gustavo Vasa foi elixido rei de Suecia. En2005 foi decretado festivo nacional.

  • Midsommarafton: A fin de semana máis próxima ao24 de xuño celébrase o Midsommar (Medio de verán), o día máis longo do ano, que corresponde cosolsticio de verán. É unha das festas máis representativas de Suecia que se adoita celebrar no campo, con bailes e xogos infantís. É unha festa de importancia comparable coNadal.
  • Lucia (Luciadagen)

A festividade deSanta Lucía coroa as celebracións deadvento e celébrase o13 de decembro. Segundo a tradición nenas vestidas de branco percorren as rúas cantando e portando veas, encabezadas por unha delas que realiza o papel de Lucía, portando unha cinta vermella na cintura e unha coroa de luz formada por ramas e follas de arandos sobre a que se fixan unhas candeas. Unha antiga tradición pagá, que adoptou tras os conflitos relixiosos da Reforma, o nome da santaLucía de Siracusa.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. López Martínez,María Cruz (2005).Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445.ISBN 9788482893419. 
  2. Sweden, The Columbia Encyclopedia
  3. "A Political and Social History of Modern Europe". Arquivado dendeo orixinal o 17 de novembro de 2007. Consultado o 15 de decembro de 2009. 
  4. Con todo, a máxima extensión rexistrouse entre 1319 e 1343 con Magnus Eriksson, abarcando os territorios tradicionais de Suecia e Noruega.
  5. "EBConcise-Gustav-I-Vasa Enciclopedia Britannica Online". Arquivado dendeo orixinal o 19 de xaneiro de 2008. Consultado o 15 de decembro de 2009. 
  6. "Batalla de Kircholm 1605". Arquivado dendeo orixinal o 14 de xuño de 2009. Consultado o 15 de decembro de 2009. 
  7. Magocsi, Pasul Robert (1998). Paul Robert Magocsi, ed.Enciclopedia dos Pobos de Canadá. University of Minnesota Press. p. 1220.ISBN 0-8020-2938-8. 
  8. "Emigración europea, American West". Arquivado dendeo orixinal o 03 de agosto de 2008. Consultado o 15 de decembro de 2009. 
  9. Suecia: condicións económicas e sociais, Enciclopedia Britannica
  10. Zubicky, Sioma (1997).Med förintelsen i bagaget(en sueco). Estocolmo: Bonnier Carlsen. p. 122.ISBN 91-638-3436-7. 
  11. Social Democrats implemented measures to forcibly sterilise 62,000 people
  12. 12,012,112,2"Globalization and Taxation, Sven Steinmo". Arquivado dendeo orixinal o 24 de marzo de 2007. Consultado o 15 de decembro de 2009. 
  13. "Novas Armas Suecas en Iraq". Arquivado dendeo orixinal o 17 de xaneiro de 2021. Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  14. BBC Weather
  15. The Gulf Stream Myth
  16. "título Mapa do clima mundial". Arquivado dendeo orixinal o 17 de novembro de 2006. Consultado o 18 de decembro de 2009. 
  17. "Instituto de Meteoroloxía de Suecia". Arquivado dendeo orixinal o 28 de decembro de 2008. Consultado o 18 de decembro de 2009. 
  18. SMHI.se Instituto de Meteoroloxía de Suecia
  19. "Datos de poboación da oficina de estatísticas de Suecia". Arquivado dendeo orixinal o 23 de decembro de 2013. Consultado o 13 de marzo de 2014. 
  20. Zuckerman, Phil (2007),Atheism: Contemporary Rates and PatternsArquivado 12 de xuño de 2009 enWayback Machine. enCambridge Companion to Atheism. Cambridge: Cambridge University Press.ISBN 0-521-60367-6
  21. Döpta, konfirmerade, vigda och begravda enligt Svenska kyrkans ordning år 1970-2010[Ligazón morta]
  22. Svenska kyrkan (2008).Medlemsstatistik 2008Arquivado 13 de agosto de 2010 enWayback Machine.
  23. "Muslims in the EU"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 22 de xullo de 2012. Consultado o 13 de marzo de 2014. 
  24. "Andel praktiserande muslimer". Arquivado dendeo orixinal o 13 de xaneiro de 2012. Consultado o 13 de marzo de 2014. 
  25. "A debilidade dalgunhas críticas ao modelo socialdemócrata de Suecia". Arquivado dendeo orixinal o 17 de setembro de 2008. Consultado o 27 de decembro de 2009. 
  26. "Compañías maiores en Suecia". Arquivado dendeo orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 27 de decembro de 2009. 
  27. "O Estado sueco sen empresas públicas e en déficit". Arquivado dendeo orixinal o 21 de xullo de 2014. Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  28. Inspección económica de Suecia 2005, OCDE[Ligazón morta]
  29. título Reporte Mundial de Competitividade
  30. Anuario de competitividade mundial do 2008 de IMD
  31. "Ciencia e tecnoloxía en Suecia". Arquivado dendeo orixinal o 16 de setembro de 2008. Consultado o 28 de decembro de 2009. 
  32. "Inventos e descubrimentos suecos"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 18 de marzo de 2009. Consultado o 18 de marzo de 2009. 
  33. Patentes por país, estado e ano
  34. "O fenómeno da exportación de música en Suecia". Arquivado dendeo orixinal o 15 de xuño de 2008. Consultado o 28 de decembro de 2009. 
  35. "It's Abba on the phone making a lot more money, money, money". Arquivado dendeo orixinal o 17 de maio de 2011. Consultado o 28 de decembro de 2009. 
  36. "O jazz en Suecia, un repaso". Arquivado dendeo orixinal o 23 de xuño de 2008. Consultado o 28 de decembro de 2009. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Suecia

Ikea

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Membros
Membros asociados
Estados soberanos
Dinamarca
Reino Unido
Áreas especiais de
soberanía interna
Finlandia
  • Illas Åland
    • rexión autónoma suxeita á convención de Åland de 1921
Noruega
Reino Unido
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Suecia&oldid=7269771»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp