Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Suídas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Suda»)
Suídas
Título orixinalΣοῦδα e Σουΐδας
Autor/avarios autores
OrixeImperio Bizantino
Linguagrego medieval
Tema(s)lexicón
Xénero(s)enciclopedia
Editorialvalor descoñecido
editar datos en Wikidata ]

Suídas (Suidas, engrego Σουΐδας) ou aSuda (Σοῦδα,Suda) é unha grande enciclopediabizantina sobre o mundo antigo, escrita en grego sobre oséculo X. Foi probabelmente escrita por varios eruditos, malia que a miúdo se considerou o nome de Suídas como o do autor, pero Suídas ou Suda é tamén unha palabra grega que quere dicirfortín,guía e por iso tanto se pode falar da Suda como de Suídas.

Características

[editar |editar a fonte]

A enciclopedia ten trinta mil entradas e moitos debuxos, unha parte dos cales se perderon; está ordenada alfabeticamente con algunhas irregularidades. A mesma obra menciona como fonte aOnomatologion deHesiquio de Mileto, e outras fontes como os resumos deConstantino VII Porfiroxénito, a crónica deXurxo o Monxe, as biografías deDióxenes Laercio, e as obras deAteneo eFilóstrato.

Non se sabe moita cousa da súa compilación. Xa o mencionaEustaquio de Tesalónica noséculo XII, e di que o autor foi Suídas, un compilador que tratou de recoller todo o saber da época e que viviu entre976 e1028.Estrabón menciona un Suídas que escribiu unha historia deTesalia pero non podería ser o mesmo compilador pola diferenza cronolóxica.

A Suda está a medio camiño entre un dicionario e unha enciclopedia; explica a orixe e a derivación das palabras segundo os coñecementos da época. Os artigos máis valiosos son os da historia da literatura posto que dá datos de autores cuxa obra se perdeu.

Nas edicións da Suda aparece a seguinte nota: Τὸ μὲν παρὸν βιβλίον Σοῦδα, οἱ δὲ συνταξαμἐνοι τοῦτο ἄνδρες σόφοι seguida dunha lista de doce nomes.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  SuídasModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Suídas&oldid=6385338»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp