O anglicismosubvertising refire a práctica deparodiar osanuncios políticos, corporativos ou comerciais co obxecto de manifestar a propia posición respecto das empresas, corporacións ou institucións anunciantes que se serven da publicidade como arma ideolóxica.
Ossubverts forman parte do mundo dacontrapublicidade pero este último concepto publicitario, usual no contexto hispánico, non describe nin connota o que no mundo anglosaxón se refire por medio dos neoloxismos "subvert" e "subvertising".
Como manifestación publicitaria de denuncia, os "subverts" poden tomar a forma dunha nova imaxe que se corresponde parcialmente co anuncio orixinario ou pode alterar ou manipular máis ou menos drasticamente a imaxe existente.
SegundoAdBusters, unha emblemática revista da contraculturacanadense,"un 'subvert' ben producido imita a forma e aparencia do anuncio orixinario, promovendo o clásico 'dobre sentido' pois os espectadores ou receptores adquiren de repente consciencia de que foron 'manipulados'. Os subverts creandisonancia cognitiva. Son capaces de transcender ahipérbole e a brillantez darealidade mediatizada e de revelar súbita e momentaneamente unha verdade subxacente máis profunda".
O anglicismosubvertising procede doentrecruzamento das palabras "subvert" 'subverter' e "advertising" 'publicidade'. Un dos principais obxectivos dos "subvertisements", coñecidos normalmente comosubverts (cf. adverts 'anuncios'), é moitas veces asabotaxe política de candidatos ecampañas políticas e decorporacións e empresasmultinacionais. Do mesmo xeito que se creou o termo de contrapublicidade (en contraste con publicidade) podería recrearse un substantivo deverbal novo como "denuncio" a partir de "denunciar" que xogase con "anuncio" a través do cambio do prefixo.(cf. "anuncio" vs "denuncio" a maneira de "advert" vs "subvert").
Os puntos de vistaliberal eradical son xeralmente os predominantes no mundo do "subvertising", pois unha das ideas agochadas detrás do concepto é a de incitar ócambio ó presentar imaxes facilmente recoñecibles e intelixibles que poden chegar a ser chocantes e inquietantes na súa franqueza. Por outra parte, hai xente que cre que os subverts son parodias que recordan demasiado ossímbolos políticos e comerciais que refiren e que non fan máis que darlle unha maior publicidade da que xa teñen. Desde esta perspectiva, os subverts máis que desafiar as imaxes e iconas que critican acaban por dar soporte ó que están intentando destruír.
Segundo subvertise.org: "O subvertising é a arte da resistencia cultural. É a 'pintada do muro', a 'pegata do poste da luz', o refraseo corrixido dosvalos publicitarios, aparodia, acamiseta con mensaxe; pero participa ademais do desafío do sentir das opinións políticas da rúa. A idea básica implica redefinir ou mesmo reivindicar o medio en que vivimos fronte a 'bestia corporativa'."
A contrapublicidade tamén é ás veces usada por publicitarios de campañas políticas para difamar ós seus opoñentes ou chegar ás mentes dos votantes e gañar o seu apoio. Foi utilizada por exemplo poloBloque Nacionalista Galego na última campaña electoral cando refraseou un anuncio en prensa co eslogan "Pensa en todos nós" doPartido Popular de Galicia cun "Pensa e lembra" no que se listaban os supostos fracasos da política deFraga fronte ás promesas de futuro do anuncio dos conservadores.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Subvertising |