A doscértidos[1] (Certhiidae) é unhafamilia deavespaseriformes, cuxasespecies son coñecidas co nome desubidores, debido ao seuhábito de gabear polostroncos dasárbores na busca do seualimento.
A estas aves tamén se lles chamou agauñadeiras ou gabeadores, pero eses nomes tamén os recibiron especies de paseriformes doutras familias, tamén caracterizadas porgabearen polos troncos ou, nalgúns casos, especialmente polasrochas, como a agatuñadeira eurasiática (Sitta europaea), a agatuñadeira rupestre (Sitta neumayer), ambas da familia dossítidos, ou o gabeador vermello (Tichodroma muraria), da familia dosticodromádidos (a única que actualmente recibe oficialmente[2] o nome de gabeador).[3][4]
Os subidores típicos da familia dos certíidos son todos de aspecto moi semellante, e non é doado diferenciar as diferentes especies.
Son aves de pequenas dimensións que viven enhábitatsboscosos e que teñen aplumaxe da parte superior do corpo de cor parda e, a da inferior, branca.
Teñenbicos finos e curvados cara a abaixo, que usan para extraereninsectos da casca dasárbores.[5]
Nacola teñen unhasplumas moi tesas que usan, ao xeito dospetos, para suxeitarse en árbores de tronco vertical.[5]
Fan osniños en fendas dos troncos ou entre o casqueiro das árbores.
A familia foi descrita en1820 polozoólogoinglésWilliam Elford Leach.
Onome científicoCerthiidae está formado, como é usual, sobre a raíz do nome doxénero tipo,Certhia, coa adición do sufixo dolatín científico´-idae, neutro plural de´-ideus, tirado do sufixo patronímico dogrego antigo -ίδης-ídēs (indicando semellanza), co que se forman os nomes da familias de animais.
Na fammilia recoñécense dousxéneros, coas seguintesespecies:
- FamiliaCerthiidaeLeach, 1820[6]
Segundo as investigacións máis recentes, que teñen en conta estudos das secuencias deADN e da estrutura do canto (Tietzeet al., 2006),[10] estas especies forman dúas liñas evolutivas. As primeiras catro son o resultado dunha irradiaciónholoártica, mentres que o resto de especies do xéneroCerthia están distribuídas nunha área ao sur e o leste doHimalaia, sendo o subidor de Hodgson o único representante do antigo antecesor do subidor común presente ao sur destes montes.
As especies deSalpornis teñen unha plumaxe manchada, que as distinguen claramente do resto da familia.Salpornis spilonotus vive no norte daIndia, eS salvadori, naÁfrica subsahariana.
- ↑cértidos no dicionario daRAG.
- ↑"Denominación das aves".Real Academia Galega. Consultado o2024-12-05.
- ↑gabeador -ra 1adx Que gabea.21 s m ANIMAL/ORNIT Ave da orde dos paseriformes que se alimenta especialmente de invertebrados.2gabeador azul[Sitta europaea] ANIMAL/ORNIT Gabeador da familia dos sítidos, forestal, coa plumaxe de cor azul cinsento no dorso e branco ocráceo no centro e cunha lista negra desde o peteiro ata os lados do pescozo.3gabeador común[Certhia brachidactila] ANIMAL/ORNIT Gabeador forestal, da familia dos cértidos, de plumaxe cor castaña co manchas escuras e peteiro longo, fino e curvado.4gabeador vermello[Tichodroma muraria] ANIMAL/ORNIT Gabeador, da familia dos ticodromádidos, de peteiro fino, longo e lixeiramente curvado, de cor cinsenta, coas as ás negras e vermellas, e a gorxa e a parte superior do peito negras na plumaxe estival. NoDicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004,ISBN 84-7680-504-7.
- ↑GABEADOR -ORAadx.1. Que gabea. //s. m.2. Subidor, ave paseriforme da familia dos cértidos (Certhia branchydactyla -sic-), de pequeno tamaño, cor parda, peteiro longo, fino e curvado [que vive nos xardíns, sebes e bosques das rexions montañosas de case toda Europa].G. azulloc. s., ave paseriforme (Sitta europaeae) duns 14 cm de lonxitude que se distingue por ter o píleo e as partes superiores dun gris azulado, as partes inferiores ocráceas, os flancos castaños, as meixelas e a gorxa brancas e unha marcada liña negra que lle cruza o ollo (sic). NoGran dicionario Xerais da lingua, Vigo, Xerais, 2009, Volume I,ISBN 978-84-9914-071-1.
- ↑5,05,1Penas patiñoet al. (1991), p. 276.
- ↑Certhiidae Leach, 1820 noITIS.
- ↑Certhia Linnaeus, 1758 no ITIS.
- ↑8,08,18,28,38,48,58,68,78,8A Chave (2024).Os nomes galegos das aves (5 ed.). A Chave.
- ↑Salpornis G. R. Gray, 1847 no ITIS.
- ↑Tietze, Dieter Thomas; Martens, Jochen & Sun, Yue-Hua (2006):"Molecular phylogeny of treecreepers (Certhia) detects hidden diversity" Resume, enIbis,148 (3): 477-488.
- Harrap, Simon & David Quinn (1996):Chickadees, Tits, Nuthatches, and Treecreepers. Pinceton: Princeton University Press.ISBN 978-0-6910-1083-0.
- Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (1991):Guía das aves e Galicia. A Coruña: Bahia Edicións.ISBN 84-8767-406-2.
- Peterso, Roger; Guy Mountfort & P. A. D. Hollom (1973):Guía de campo de las aves de España y demás países de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A.ISBN 84-2820-334-2.
- Svensson, Lars, & Peter J. Grant (2001):Guía de aves. La guía de campo de aves de España y de Europa más completa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A.ISBN 84-2821-218-X.