Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Stock de coque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Stock de coque
Imaxe
 Instancia de
 Título
Coke en stock (fr)Editar o valor en Wikidata
 Xénero artístico
 Lingua
Obras e produtos
 Universo ficticio
Implicados
 Autor/a
Organizacións
 Editorial
Datas
 Data de comezo
31 de outubro de 1956Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1958Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Parte da serie
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 País de orixe
Identificadores
Open LibraryOL151066WEditar o valor en Wikidata
Freebase/m/0f9pwEditar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

Stock de coque (francés:Coke en stock), é o décimo noveno álbum deAs aventuras de Tintín, escritas e ilustradas polohistorietistabelgaHergé. Publicouse enfrancés en1958.

A historia foi inicialmente serializada semanalmente na revista Tintín dende outubro de 1956 ata xaneiro de 1958 antes de ser publicada nun volume recompilado porCasterman en 1958. A narración segue ao novo reporteiroTintín, ao seu canMilú, e o seu amigo oCapitán Haddock mentres viaxan ao medio ficticio reino doOriente Medio de Khemed coa intención de axudar ao emir Ben Kalish Ezab a recuperar o seu reino despois dungolpe de estado polos seus inimigos, que son financiados por comerciantes de escravos dirixidos polo antigo inimigo de TintínRastapopoulos.

Stock de coque é a primeira aventura de Tintín que integra a un gran número de personaxes de anteriores números: oXeneral Alcázar (A orella rota) os personaxes do ficticio país deKhemed (Tintín no país do ouro negro),Rastapopoulos (Os xarutos do faraón), Dawson (O Loto Azul),Allan Thompson (O caranguexo das tenaces de ouro), e o DrMüller (A illa negra).

Stock de coque é unha aventura na cal Tintín descobre queSheikhBab el Ehr está detrás do derrocamento deMohammed Ben Kalish Ezab, oemir doKhemed.

Seguindo o volume anterior da serie,O caso Tornasol,Stock de coque creouse coa axuda do equipo de artistas de Hergé nosStudios Hergé. Influído porHonoré de Balzac A comedia humana, Hergé usou a historia como un vehículo no que para reintroducir unha ampla gama de personaxes que apareceron en anteriores álbums da serie. A historia trata do continua comercio de africanos escravizados en todo o mundo árabe. Non obstante, na década de 1960 a historia xerou polémica xa que Hergé foi acusado repetidamente de ter retratado aos africanos dun xeito racista. Estivo molesto por estas afirmacións e modificou a representación dos africanos nas reedicións posteriores. Hergé continuouAs aventuras de Tintín conTintín no Tíbet, e a serie no seu conxunto converteuse nunha parte definitiva da tradiciónbanda deseñada franco-belga. Stock de coque tivo unha boa acollida da crítica, con varios comentaristas que a describiron como unha das mellores aventuras de Tintín. A historia adaptouse para a serie de animación de 1991 Ellipse /Nelvana As aventuras de Tintín".

Argumento

[editar |editar a fonte]

Tras ver unha película, Tintín e o Capitán Haddock dobran unha esquina e chocan coXeneral Alcázar, a quen lle cae a carteira. Tintín trata de devolverlla, pero nohotel din non saber nada sobre ese hóspede, e cando Tintín chama a un número de teléfono que encontra na carteira, quen responde di non querer falar con ninguén. Cando Tintín e Haddock volven a casa, descobren que o consentido e insoportable fillo do EmirAbdullah foi enviado aMoulinsart para a súa protección, xunto cun séquito de serventes e gardiáns que se instalan no vestíbulo do castelo.

Hernández e Fernández informan a Tintín que saben de Alcazár porque están investigando a un home chamado Dawson. Dinlle o verdadeiro hotel onde se hospeda o xeneral. No hotel Tintín e Haddock ven a Alcázar falando con Dawson, antigo inimigo de Tintín durante o asunto deO Loto Azul.

Haddock devólvelle a carteira a Alcázar, mentres Tintín segue a Dawson e óelle falar da exitosa venda de aviónsDe Havilland Mosquito para ogolpe de estado deKhemed. Tintín decide ir a Khmed e rescatar ao emir; de mala gana como de costume, o Capitán decide ir con el, ademais non quere quedar só con Abdullah e as súas bromas de mal gusto.

O emir doKhemed refúxiase nun templo escavado en pedra similar aPetra

Dawson vai como Tintín se entremete de novo nos seus asuntos e decide eliminalo. No Aeroporto de Wadesdah Tintín e Haddock son rexeitados na aduana, mentres alguén pon unha bomba no avión. O estalido en pleno voo frústrase debido ao incendio dun motor, o cal forza a tomar terra co aparello xusto antes de que a bomba estale. Tintín e Haddock camiñan a través do deserto e entran sen ser vistos en Wadesdah. Alí encontran outro vello amigo, o mercante portuguésOliveira da Figueira, que lles axuda a escapar da cidade vestidos como muller. Unha vez extramuros un guía con cabalos condúcelles ata o refuxio do deposto Emir (baseado na antiga cidadeXordana dePetra).

Con todo o seu escape é advertido e as figuras do novo réxime envían patrullas de carros blindados e "Mosquitos" para interceptalos. Ó mando está Mull Pasha, que é en realidade oDoutor Müller, vello inimigo de Tintín cando o dea illa negra eTintín no país do ouro negro. Grazas ás confusas ordes, os "Mosquitos" atacan aos seus propios tanques no canto da Tintín e os seus amigos.

O Emir ponlles ao corrente datrata de escravos polo Marqués de Gorgonzola. Tintín e Haddock embarcan clandestinamente cara aA Meca para investigar. Son atacados polos Mosquitos de novo, Tintín arránxallas para derrubar unStG-44alemán pero a goleta na que viaxan sofre numerosos danos e finalmente naufragan xunto aPiotr Skut, o pilotoestoniano do avión derrubado. Son recollidos polo iate de Gorgonzola, oScheherazade, e transferidos ao SS Ramona, un cargueiro. Este barco resulta ser un dos barcos de Gorgonzola, usado para o tráfico de escravos.

Esa noite son encerrados por Allan, o antigo primeiro oficial de Haddock, cando subitamente a tripulación do Ramona escapan do barco por un incendio a bordo e o medo a que este estale. Os prisioneiros forzan a porta e conseguen apagar o lume, sen entender que toda a proa esta cargada de explosivos. É entón cando liberan a un gran número de negros africanos retidos nas adegas e que pagara para ir aA Meca, pero ían ser vendidos como escravos. Haddock inténtalles explicar a situación (quen falanioruba). Ao principio non poden ou non saben entendelo, pensando que Haddock lles mente. Tras algunhas discusións, aceptan non ir á peregrinación (Hajj) da que din os vellos que hai moitos que non volven. Os africanos aceptan axudar a Haddock a navegar ata o porto seguro deDjibuti, mentres Tintín e Skut intentan arranxar as radios, que foron danadas.

Tintín encontra un anaco de papel coa mensaxe de "coke", pero non consegue entendelo. En navegación, "coke" refírese normalmente a fuel decarbón, pero non é o que cargan. Entón aproxímase undhow e sobe ao barco un árabe que desexa inspeccionar o "coke", Haddock sen entender, comunícanlle que non levan. O home empeza a inspeccionar aos africanos. Co termo de coke, referíanse ao tráfico de escravos, e ao entender isto Haddock bota ao árabe do barco, e un dos africanos frustra un intento do árabe de acoitelar ao Capitán.

USSLos Angeles da mariña de guerra dosEEUU

Gorgonzola (que é realemteRastapopoulos, traficante de drogas e arqui-inimigo de Tintín desdeOs xarutos do faraón eO Loto Azul) descobre que Haddock tomou o control do barco, e envía unsubmarino para afundilo. Tintín decátase do submarino por accidente xusto antes do ataque. Haddock arránxallas para sortear os primeirostorpedos con manobras, pero non sabe canto máis aguantarán. Neste crucial momento cando o Ramona é salvado por avións do cruceiro daUS Navy, oUSSLos Angeles, que fora advertido vía radio por Tintín. Desde o submarino fai un último intento de facer estalar o Ramona mediante unhabomba lapa encostada preto de onde se gardan os explosivos, pero fracasa cando se solta o áncora do Ramona. Unha quenlla trágase a mina e nada lonxe. Máis tarde, cando oOs Angeles intenta deter a Gorgonzola, finxe a súa propia morte facendo que se afunda a súa lancha motora mentres o escapa nun mini-submarino, pero Tintín, Haddock e Skut son recibidos en Europa como uns heroes.

Historia

[editar |editar a fonte]

Antecedentes e publicación

[editar |editar a fonte]

Hergé inspirouse en desenvolver a trama paraStock de coque despois de ler un artigo nuha revista detallando a existencia continuada do comercio de escravos dentro do mundo árabe, no que se afirmaba que peregrinos africanos que ían áMeca eran escravizados durante a viaxe.[1] Hergé incluíu unha referencia a este comercio de escravos no título orixinal francés da historia,Coke en Stock, ao que se refería o uso polos contrabandista de escravos de " coque" como palabra clave para as persoas escravizadas.[2]

Antes de escribir a historia, Hergé leraBalzac et son monde ("Balzac e o seu mundo"), un libro de 1955 escrito polo seu amigoFélicien Marceau.[3] Intrigado polo traballo deHonoré de Balzac, Hergé inspirouse na forma en que Balzac seguía reutilizando personaxes das súas historias anteriores, adoptando posteriormente este trazo paraSrock de coque, no que unha ampla gama de personaxes deAs aventuras de Tintín reaparecen.[4] Hergé tamén introduciu un novo personaxe, o piloto estoniano Piotr Skut, que despois aparecería noVoo 714 para Sidney.[5]

Para producir ilustracións precisas para o 'Ramona', Hergé e o seu axudanteBob de Moor viaxaron a bordo dun buque de carga sueco, o MS 'Reine Astrid', desdeAnveres ataGotemburgo e viceversa, durante os cales fixeron fotografías e debuxaron bosquexos.[6] Hergé tamén recolleu recortes de prensa que representaban oChristina, un iate a motor propiedade do magnate marítimo gregoAristóteles Onassis, e usounos como base para a súa representación do barco de Rastapopoulos, oSheherezade.[7]Os avións, coches e maquinaria que aparecen na historia foron deseñados porRoger Leloup, un dos membros deStudios Hergé.[8] Nunha escena da última parte da historia, Hergé incluíu unmergullador, cuxa representación obtivo dun recorte de prensa deLionel Crabb.[9] A súa representación do palacio escondido do emir cortado na rocha baseouse noAl Khazneh enPetra,Xordania, que vira nun número deNational Geographic.[10]

O crecente interese de Hergé pola arte reflectiuse na historia, xa que incluíu unha copia deLe Canal du Loing deAlfred Sisley no salón deMoulinsart.[11] Tamén incluíu pinturas dePablo Picasso eJoan Miró a bordo do iate de Rastapopolous, oScheherazade.[7] O pseudónimo de Müller na historia, Mull Pasha, baseouse no soldado británico Glubb Pasha.[12] Na escena final, Hergé incluíu cameos de si mesmo e do seu amigo e compañeiroEdgar P. Jacobs.[13]

A historia comezou a ser serializada naTintín en Bélxica en outubro de 1956,[14] antes de ser serializada na edición francesa da revista desde decembro de 1956.[14] Despois publicouse en forma de libro porCasterman en 1958.[14]

Acusacións de racismo

[editar |editar a fonte]

Stock de coque foi criticado polo seu estereotipado dos africanos, tanto en aparencia como en comportamento, aínda que obviamente de bo corazón, os personaxes negros son mostrados como infantís e simples. Hergé xa fora acusado de mostrar unha actitude de racista cara aos africanos nunha historia anterior,Tintín no Congo, e esperaba potencialmente exonerarse de tales críticas ao representar a Tintín e Haddock liberando escravos africanos enStock de coque.[15] Na preparación desta última historia, consultou a un colega que traballaba para unha revista de temática africanaL' Afrique et le Monde ("África e o mundo"), traduciron algunhas das pasaxes que Hergé quería incluír na historia álingua ioruba.[16] Non obstante, en xaneiro de 1962 un artigo na revistaJeune Afrique criticou a Hergé por unha representación racista dos africanos na historia,[17] unha acusación que se faría eco noutras publicacións.[18] Estas afirmacións centráronse no uso simplista dos caracteres africanos da linguaxepidgin, que foi semellante aos patróns de voz usados ​​enTintín no Congo.[19]

Africano: "Falas ben, Effendi. Árabe malo, moito malo. Pobres negros non querer ser escravos. Pobres negros só querer ir á Meca".
Haddock: "Por suposto, decátome diso. Pero repito se vades alí, os venderan como escravos. ¿É o que queredes?"
Africano: "Non somos escravos, Effendi. Somos bos musulmáns. Nos querer ir á Meca."[19]

O biógrafo de Hergé Benoît Peeters expresou a opinión de que "na maior parte destes ataques foron extremadamente inxustos".[19]Hergé viuse afectado emocionalmente polas acusacións, e fixo cambios no libro para a súa reimpresión de 1967 en consecuencia, aquí cambiou os patróns de fala dos africanos, dándolles unha gramática mellorada.[20]Non obstante, deixou a Haddock falando pidgin en resposta aos africanos.[19]

Para esta versión tamén fixo cambios na carta do emir a Tintín. Hergé tamén mostrou o seu pesar por representar a morte dun tiburón na historia, máis tarde afirmou que "aínda cría que os tiburóns eran grandes bestas malvadas" ao escribir 'Stock de coque'.[13]

Notas

[editar |editar a fonte]
Referencias
  1. Thompson 1991, p. 165;Lofficier & Lofficier 2002, p. 71;Assouline 2009, p. 177;Goddin 2011, p. 72.
  2. Thompson 1991, p. 165;Farr 2001, p. 152;Responsable & Responsable 2002, p. 70;Goddin 2011, p. 74.
  3. Goddin 2011, p. 63;Peeters 2012, p. 256.
  4. Farr 2001, p. 151;Peeters 2012, p. 256.
  5. Farr 2001, p. 151.
  6. Thompson 1991, p. 165;Farr 2001, p. 155, 157;Goddin 2011, pp. 79 80.
  7. 7,07,1Farr 2001, p. 158.
  8. Thompson 1991, p. 165;Farr 2001, p. 157.
  9. Farr 2001, pp. 157 158.
  10. Thompson 1991, p. 166;Farr 2001, p. 152;Goddin 2011, p. 82.
  11. Farr 2001, p. 158;Goddin 2011, p. 82.
  12. Thompson 1991, p. 165;Farr 2001, p. 152.
  13. 13,013,1Farr 2001, p. 155.
  14. 14,014,114,2Lofficier & Lofficier 2002, p. 70.
  15. Farr 2001, p. 152.
  16. Goddin 2011, p. 93.
  17. Peeters 1989, pp. 106 107;Thompson 1991, p. 166;Farr 2001, p. 152.
  18. Peeters 1989, p. 106;Thompson 1991, p. 166.
  19. 19,019,119,219,3Peeters 1989, p. 107.
  20. Peeters 1989, p. 107;Thompson 1991, p. 167;Farr 2001, p. 155.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Stock de coque

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
The Adventures
of Tintin
Personaxes
Lugares
Televisión
Cinema
Documentais
Videoxogos
Outras series
Colaboradores
Nomes relacionados
Miscelánea
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Stock_de_coque&oldid=7136104»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp