Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Steven Spielberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde decembro de 2015.)
Modelo:BiografíaSteven Spielberg
KBEEditar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1946Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Cincinnati (Estados Unidos de América)Editar o valor en Wikidata
Presidente do xurado do Festival de Cannes

← Nanni MorettiJane Campion →Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónXudaísmoEditar o valor en Wikidata
EducaciónCalifornia State University, Long Beach(en)Traducir (–2002)
Saratoga High School(en)Traducir (–1965)
Arcadia High School(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Altura170 cmEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilme,dirección de cine,produción de cinema,guión cinematográfico eescritura de guiónsEditar o valor en Wikidata
Lugar de traballoHollywoodEditar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, produtor de televisión, montador, realizador, escritor, produtor, emprendedor, produtor delegado, escritor de ciencia ficción, produtor de cinema, actor de cinema, actor, empresario, coleccionista de arte, guionista de cinemaEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1969Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido DemócrataEditar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoFilme de suspense,cinema dramático,cinema de ciencia ficción,cinema de terror,filme de acción,cinema de aventuras,cinema de terror psicolóxico,cinema bélico,filme sobre crime,cinema de suspense psicolóxico,filme de fantasía,cinema de comedia,cinema de terror da natureza,cinema de ciencia ficción de terror efilme de misterioEditar o valor en Wikidata
Patrimonio estimado7.100 M$(2025)Editar o valor en Wikidata
Participou en
2016commencement at the Harvard University(en)Traducir
Reto do balde de xeoEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeKate Capshaw(1991–)
Amy Irving(1985–1989)Editar o valor en Wikidata
FillosJessica Capshaw
 ()Kate Capshaw
Max Spielberg
 ()Amy Irving
Theo Spielberg
 ()Kate Capshaw
Sasha Spielberg
 ()Kate Capshaw
Sawyer Spielberg
 ()Kate Capshaw
Destry Spielberg
 ()Kate CapshawEditar o valor en Wikidata
PaiArnold SpielbergEditar o valor en Wikidata
IrmánsAnne SpielbergEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia
Obálky knih,
NFF ArchiefEditar o valor en Wikidata
Sitio webamblin.com…Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000229Allocine: 471Rottentomatoes: celebrity/steve_spielbergAllmovie: an33860Metacritic: person/steven-spielbergTV.com: people/steven-spielbergIBDB: 82244
BNE: XX911658Last fm: Steven+SpielbergMusicbrainz: b3721f66-4379-44d1-947a-79d1c95b6b9fDiscogs: 918431Allmusic: mn0001018438WikiTree: Spielberg-15Editar o valor en Wikidata

Steven Allan Spielberg, nado enCincinnati (Ohio) o18 de decembro de1946, é undirector decineestadounidense. Foi sete veces candidato aoÓscar ó mellor director, obténdoo en dúas ocasións, cos filmesA lista de Schindler (1993) eSaving Private Ryan (1998). Tres das súas películas lograron converterse no filme de maior recadación no seu momento:Tiburón (1975),E.T. the Extra-Terrestrial (1982) eParque Xurásico (1993). Foi condecorado coaOrde do Imperio Británico e aNational Humanities Medal.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Criouse nos suburbios deHaddonfield (Nova Jersey) eScottsdale (Arizona). Spielberg estivo sempre abraiado coa industria do cine. De neno, cobraba entradas para as súas películas caseiras (que incluían accidentes de trens que el representaba co seu xogo de trens Lionel). Con 12 anos xa tiña rematada a súa primeira produción con guión e actores incluídos. Un ano despois, Spielberg gañou un premio por unha película de guerra de 40 minutos de duración tituladaEscape to Nowhere. En1963, con 16 anos, a súa produción de 140 minutosFirelight, que tempo despois lle inspiraría para realizarEncontros na terceira fase, foi presentada no teatro local e deulle 100$ de ganancias.

Logo de que se lle negara a entrada a escolas cinematográficas tradicionais, Spielberg entrou na universidade deCalifornia enLong Beach para estudar inglés. Posteriormente obtivo unBachelor of Arts en inglés e estudou cine. A súa carreira cinematográfica comezou cando baixou dun bus turístico nos estudios Universal enHollywood e deambulou ata atopar unhas oficinas abandonadas e que converteu en súas. Co paso do tempo ata os gardas de seguridade saudábano sen preguntar quen era.

Inicios da carreira profesional

[editar |editar a fonte]

Co tempo, Spielberg comezou a producirAmblin'. Esta película de só 24 minutos converteuno no director máis novo en obter un contrato co estudio deHollywood máis grande (Universal). A película tivo un orzamento de 15.000$ postos por un amigo.Amblin gañou varios premios en diferentes festivais e incluso foi presentada no Festival de cine de Atlanta en1969. Daquela Spielberg xa tiña firmado un contrato de 7 anos para a división de televisión. Despois de catro anos e varios programas de televisión, dirixiu unha película para televisión chea de suspense chamadaO demo sobre rodas, que foi aclamada tanto por críticos como pola audiencia. Finalmente, a película estreouse nos cines.

Porén, Spielberg non acadou a entrada definitiva na industria do cine ata dirixirViaxe a Sugarland en1974. FoiTiburón (Jaws) a película que o converteu nun dos directores máis famosos e importantes do mundo. En1977 dirixeEncontros na terceira fase, película pola que obtivo un nomeamento óÓscar como mellor director.

Malia os seus primeiros éxitos, Spielberg fracasa ó dirixir1941, unha comedia sobre asegunda guerra mundial. Despois disto, únese co seu amigoGeorge Lucas para rodarNa busca da arca perdida, coa personaxe deIndiana Jones encarnada porHarrison Ford. A película deulle outro nomeamento óÓscar como mellor director.

Volvendo aciencia ficción e a exploración de vida extraterrestre, Spielberg dirixe en1982E.T. the Extra-Terrestrial, converténdose na película máis exitosa do momento e nun clásico do cine. Por esta película recibiu premios coma o da Sociedade Nacional de Críticos de Cine (National Society of Film Critics) como mellor director e tamén por parte da Asociación de Críticos de Cine dosÁnxeles.

Drama

[editar |editar a fonte]

Despois de dirixir as continuacións de Indiana Jones,Indiana Jones e o templo maldito eIndiana Jones e a última cruzada, Spielberg dirixiuA cor púrpura (The Color Purple) en1985, en resposta a aqueles que pensaban que non podería dirixir un drama. A pesar de non ser unha película de éxito na billeteira, recibiu 11 nomeamentos ós premiosÓscar.

En1987 rodouO imperio do sol, mentres queAlways, para sempre foi lanzada en1989, seguíndolle dous anos máis tardeHook, o capitán Garfo, todas elas películas de pouco éxito.

En1993 Spielberg sorprendeu ó mundo conParque Xurásico (Jurassic Park), unha historia de dinosauros creados por manipulación xenética, e cunha película tributo aOskar Schindler,A lista de Schindler. Mentres que a primeira recadou 100 millóns de dólares en tan só 9 días, coa segunda obtivo oÓscar a mellor película e ó mellor director.

En1997 Spielberg estreou a segunda parte deParque Xurásico,The Lost World: Jurassic Park, e tamén dirixiuAmistad, pola que recibiu unha nomeamento ó Globo de Ouro ó mellor director. En1998 dirixiuSalvar ó soldado Ryan (Saving Private Ryan), un drama protagonizado porTom Hanks eMatt Damon. Por esta película conseguiu outroÓscar ó mellor director.

En2001 dirixeA.I. Artificial Intelligence, conJude Law eHaley Joel Osment, película baseada na posibilidade de que os robots poden ser tan reais como para ter a capacidade de sentir coma os humanos. En2002 estreouMinority Report, conTom Cruise, outra película futurista na que se combina a tecnoloxía co fantástico. O seu argumento trata dunha tecnoloxía que pode descubrir a asasinos antes de que cometan os seus crimes.

En2002 dirixeCatch Me If You Can, coas actuacións deLeonardo DiCaprio eTom Hanks, baseada na historia real dun home que estafou e enganou a moita xente facéndose pasar por multitude de persoas.

Producións

[editar |editar a fonte]
Steven Allan Spielberg.

Spielberg produciuPoltergeist,Back to the Future,Os Picapedra,Casper,Men in Black (Homes de negro),Deep Impact eA máscara do Zorro, entre outras.

Tamén durante a década dos noventa produciu debuxos animados comaAs aventuras dos Tiny Toons eAnimaníacos.

Ademais de fundar a súa propia produtora (Amblin Entertainment), Spielberg fundouDreamWorks SKG conJeffrey Katzenberg eDavid Geffen en1994. Este estudio é responsable de películas comoAmerican Beauty,Gladiator,Cast Away e a de animación por ordenadorShrek, entre outras.

Entre a lista de premios que Spielberg recibiu están: oDistinguished Public Service Award da Mariña dosEstados Unidos porSaving Private Ryan e oPremio ós logros dunha vida doAmerican Film Institute.

Spielberg non é soamente recoñecido polo seu traballo como director, senón tamén polas súas accións de caridade para organizacións dasegunda guerra mundial e aRighteous Persons Foundation (a cal concede diñeiro a varios proxectos xudeus, especialmente organizacións en memoria doHolocausto. Tamén forma parte da Xunta de Conselleiros da Escola de Cine-Televisión da Universidade do Estado de California.

Steven Spielberg está casado coa actrizCate Capshaw, a quen coñeceu durante as audicións para a películaIndiana Jones e o templo maldito.

Filmografía

[editar |editar a fonte]

Cinema

[editar |editar a fonte]
AnoTítuloDirectorProdutorGuionistaActor
1959The Last GunSiSi
1961Fighter SquadSiSi
Escape to NowhereSiSiSi
1964FirelightSiSi
1968Amblin'SiSi
1971DuelSi
1972O influxo do malSi
1974Viaxe a SugarlandSiSi
1975TiburónSi
1977Encontros na terceira faseSiSi
1978I Wanna Hold Your HandSi
19791941Si
1980The Blues BrothersSi
Used CarsSi
1981Continental DivideSi
Na busca da arca perdidaSi
1982E.T. the Extra-TerrestrialSiSi
PoltergeistSiSi
1983Twilight Zone: The MovieSiSi
1984GremlinsSiSi
Indiana Jones e o templo malditoSi
Room 666Si
1985FandangoSi
Back to the FutureSiSi
A cor púrpuraSiSi
Os GooniesSiSi
Young Sherlock HolmesSi
1986Fievel e o novo mundoSi
The Money PitSi
1987Os nosos marabillosos aliadosSi
O imperio do solSiSi
BigfootSi
InnerspaceSi
Three O'Clock HighSi
1988The Land Before TimeSi
Quen enganou a Roger Rabbit?Si
1989Always, para sempreSiSi
Regreso ó futuro IISi
DadSi
Indiana Jones e a última cruzadaSi
1990ArachnophobiaSi
DreamsSi
Back to the Future Part IIISi
Gremlins 2: The New BatchSi
Joe Versus the VolcanoSi
Roller Coaster RabbitSi
1991A Wish for Wings That WorkSi
An American Tail: Fievel Goes WestSi
Cape FearSi
Hook, o capitán GarfoSi
Tiny Toon Adventures: How I Spent My VacationSi
A Brief History of TimeSi
1993Parque XurásicoSiSi
We're Back! A Dinosaur's StorySi
A lista de SchindlerSiSi
1994The FlintstonesSi
1995CasperSi
BaltoSi
1996TwisterSi
1997The Lost World: Jurassic ParkSiSi
Men in BlackSi
AmistadSiSi
1998Saving Private RyanSiSi
The Last DaysSi
A máscara do ZorroSi
Deep ImpactSi
1999Wakko's WishSi
2000Shooting WarSi
2001A.I. Artificial IntelligenceSiSiSi
Jurassic Park IIISi
Stanley Kubrick: A Life in PicturesSi
Vanilla SkySi
2002Minority ReportSi
Homes de negro IISi
Austin Powers in GoldmemberSi
Catch Me If You CanSiSi
2003Double DareSi
2004The Cutting Edge: The Magic of Movie EditingSi
The TerminalSiSi
2005Directed by John FordSi
War of the WorldsSi
The Legend of ZorroSi
Memorias dunha gueixaSi
MunichSiSi
2006Bandeiras de nosos paisSi
Cartas de Iwo JimaSi
Monster HouseSi
The Shark Is Still WorkingSi
2007TransformersSi
2008Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal SkullSi
Eagle EyeSi
2009Transformers: Revenge of the FallenSi
The Lovely BonesSi
2010Hollywood Don't Surf!Si
Alén da vidaSi
Valor de leiSi
2011PaulSi
Super 8Si
Transformers: Dark of the MoonSi
Cowboys & AliensSi
Real SteelSi
The Adventures of TintinSiSi
War HorseSiSi
2012Men in Black 3Si
LincolnSi
2013The Delivery ManSi
2014Jurassic Park IVSi
Transformers: a era da extinciónSiSi
2015The Adventures of Tintin: Prisoners of the SunSi
Jurassic WorldSi
Bridge of SpiesSiSi
2016The BFGSiSi
Finding OscarSi
2017Transformers: o último cabaleiroSi
Os arquivos do PentágonoSiSi
2018Ready Player OneSiSi
Jurassic World: Fallen KingdomSi
BumblebeeSi
2021West Side StorySiSi
2022The FabelmansSiSiSi

Televisión

[editar |editar a fonte]

Filmografía sen acreditar

[editar |editar a fonte]

Spielberg ten traballado como produtor ou como produtor executivo en sete producións cinematográficas nas que non saíu nos créditos.[1][2]

AnoTítuloNotas
1998The Prince of Egypt
1999The Haunting
2001Shrek
2001Evolution
2002Road to Perdition
2005Just Like Heaven
2007Disturbia

Filmes máis rendíbeis

[editar |editar a fonte]

Esta é unha listaxe dos dez filmes máis rendíbeis dirixidos por Spielberg. Os filmes de Spielberg teñen acumulado máis de$8,5 billóns cunha media de $236 millóns por filme.

ClasificaciónTítuloRecadación mundialAno
1Parque Xurásico$915 millóns1993
2E.T. the Extra-Terrestrial$793 millóns1982
3Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull$787 millóns2008
4The Lost World: Jurassic Park$619 millóns1997
5War of the Worlds$592 millóns2005
6Saving Private Ryan$482 millóns1998
7Indiana Jones e a última cruzada$474 millóns1989
8Tiburón$471 millóns1975
9Na busca da arca perdida$390 millóns1981
10The Adventures of Tintin$374 millóns2011

Galardóns e nomeamentos

[editar |editar a fonte]
AnoTítuloNomeamentos
ós
Óscar
Premios
Óscar
Nomeamentos
ós
Globos de Ouro
Premios
Globos de Ouro
Nomeamentos
ós
BAFTA
Premios
BAFTA
1975Tiburón434131
1977Encontros na terceira fase824
197919413
1981Na busca da arca perdida9512
1982E.T. the Extra-Terrestrial94512
1984Indiana Jones e o templo maldito211
1985A cor púrpura1151
1987O imperio do sol6263
1989Indiana Jones e a última cruzada3113
1991Hook, o capitán Garfo51
1993Parque Xurásico3321
1993A lista de Schindler12763117
1997The Lost World: Jurassic Park1
1997Amistad44
1998Saving Private Ryan11553102
2001A.I. Artificial Intelligence231
2002Minority Report11
2002Catch Me If You Can2141
2005War of the Worlds3
2005Munich52
2008Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull1
2011The Adventures of Tintin1111
2011War Horse625
2012Lincoln12271101
Total1233354116216

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Goodreads.com (ed.)."If Only It Were True by Marc Levy – Reviews, Discussion, Bookclubs, Lists". Consultado o 14 de maio de 2013. 
  2. Steven Spielberg - IMDb

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Steven SpielbergModificar a ligazón no Wikidata
Filmes dirixidos
Filmes escritos
Filmes producidos
Televisión
Véxase tamén
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Steven_Spielberg&oldid=7287568»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp