OStaples Center é un pavillón multiúsos situado na cidade dosÁnxeles, enCalifornia (Estados Unidos). É un dos máis modernos e luxosos do mundo, situado no 1111 S de Figueroa Street. Financiouse por completo de maneira privada, tendo un custo final de 375 millóns dedólares. O seu nome débese a un dos seus patrocinadores, Staples Inc., unha cadea de establecementos con máis de 2.000 tendas en todo o mundo, a cal paga unha importante suma de diñeiro para dar nome ao pavillón.
Inaugurouse o17 de outubro de1999 e moi pronto obtivo o recoñecemento de todo o mundo, gañando en dúas ocasións o premio ao mellorPavillón do Ano. Alberga máis de 250 eventos, tanto deportivos como de calquera índole, ademais de facer as funcións de centro comercial e de lecer ofrecendo servizos de toda clase. O Staples Center recibe máis de 4 millóns de visitas ao longo do ano.
O Staples Center pode albergar 20.000 espectadores para concertos, 18.997 para obaloncesto, e 18.118 para ohóckey sobre xeo e ofútbol americano indoor. As dúas terceiras partes dos asentos sitúanse no nivel inferior. Ademais, conta con 160 palcos de luxo e 15 suites para eventos.
O pavillón é compartido polos seguintes equipos profesionais:
O7 de xullo de2009 realizouse no Staples Center o funeral deMichael Jackson, quen había falecido doce días antes na súa residencia desa cidade. Durante o concorrido evento, para o cal se sortearon 17.500 billetes de balde entre as persoas previamente rexistradas no sitio web do recinto, participaron diversos familiares e amigos do cantante, compartindo vivencias e interpretando algunhas das súas cancións máis populares. O cadaleito pechado de Jackson estivo presente entre o escenario e o público as dúas horas que durou a cerimonia, a cal foi transmitida en directo e de xeito gratuíto por Internet e tódalas canles de televisión que desexasen subscribirse.