Stanley B. Prusiner
 |
Nome orixinal | Stanley Benjamin Prusiner |
---|
Biografía |
---|
Nacemento | 28 de maio de 1942 (82 anos) Des Moines, Estados Unidos de América |
---|
Cargos Director do Instituto de Enfermidades Neurodexenerativas da Universidade de California, San Francisco (UCSF) |
Datos persoais |
---|
Residencia | San Francisco |
---|
Formación profesional | Licenciado enCiencias Químicas,Doutor enMedicina |
---|
Educación | Universidade de Pensilvania |
---|
Q89547790 | Ser o descubridor dosprións |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Neuroloxía eBioquímica |
---|
Ocupación | médico, profesor universitario, bioquímico, virólogo, neurólogo |
---|
Empregador | Universidade de California, San Francisco Universidade de California, Berkeley |
---|
Membro de | |
---|
Interesado en | Neurobioloxía |
---|
Familia |
---|
Cónxuxe | Sandy Turk Prusiner[1] |
---|
Fillos | dous[1] |
---|
Pais | Lawrence Prusiner[1] e Miriam Prusiner (nada Spigel)[1] |
---|
Premios |
---|
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih,  |
---|
Stanley Brnjamin Prusiner, nado o28 de maio de1942 enDes Moines,Iowa,[1] é unneurólogo ebioquímicoestadounidense.
É o director do Instituto de Enfermidades Neurodexenerativas daUniversidade de California en San Francisco (UCSF). Descubriu osprións, unha clase depatóxenosinfecciosos autorreprlicábeis compostos principalmente ou unicamente porproteínas.
Recibiu o Premio Albert Lasker de Investigación Médica Básica en1994 e oPremio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en1997 polas investigacións sobre os prións desenvolvida por el e o seu equipo de colaboradores a partir dos principios da década de1970.[2][3]
Prusiner naceu enDes Moines,Iowa, fillo de Miriam Spigel e Lawrence Prusiner, un arquitecto. Pasou a súa infancia en Des Moines eCincinnati,Ohio, onde asistiu ao Walnut Hills High School, onde era coñecido como "o pequeno xenio" polo seu traballo innovador nun repelente paraBoisea trivittata, uninsectohemíptero deNorteamérica. Prusiner recibiu o título deLicenciado enCiencias Químicas polaUniversidade de Pensilvania e máis tarde recibiu o seu M.D. (Doutor enMedicina) na Facultade de Medicina da Universidade de Pensilvania.[1] Prusiner realizou entón as prácticas en Medicina naUniversidade de California en San Francisco (UCSF). Máis tarde trasladouse ao Instituto Nacional de Saúde (NIH), onde estudou as glutaminases (enzimas amidohidrolases que xeranglutamatos a partir daglutamina) enE. coli.
Despois de tres anos no NIH, Prusiner volveu á UCSF para completar unha residencia enneuroloxía. Tras completar a residencia en1974, integrouse no Departamento de Neuroloxía da Facultade de Medicina da UCSF. Desde ese momento, Prusiner ocupou varios postos deprofesorado visitante e permanente tanto na UCSF como naUniversidade de California en Berkeley.
Desde1999 Prusiner é o director do Laboratorio de investigación do Instituto de Enfermidades Neurodexenerativas da UCSF, traballando nas enfermidadespriónicas, aenfermidade de Alzheimer e as tauopatías.[4]
Stanley Prusiner ganou oPremio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en1997 polo seu traballo ao propoñer unha explicación da causa daencefalopatía esponxiforme bovina ("enfermidad das vacas tolas") e o seu equivalente humano, aenfermidade de Creutzfeldt-Jakob. Neste traballo, acuñou o termoprión en1982 para referirse a unha forma deinfección non descrita previamente debido ao pregamento incorrecto deproteínas.[5]
Prusiner foi elixido membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos en 1992 e do seu consello de goberno en 2007. Tamén é membro electo da Academia Estadounidense das Artes e as Ciencias (1993), membro estranxeiro daRoyal Society (ForMemRS) en 1997,[6] da Sociedade Filosófica Estadounidense (1998) e da Academia de Ciencias e Artes de Serbia (2003).
- Premio Potamkin de Investigación sobre aenfermidade de Alzheimer da Academia Estadounidense de Neuroloxía (1991)
- Premio Richard Lounsbery para a Investigación Científica extraordinaria en Bioloxía e Medicina da Academia Nacional de Ciencias (1993)
- Premio Dickson (1993)
- Premio Internacional da Fundación Gairdner (1993)
- Premio Albert Lasker de Investigación Médica Básica (1994)
- Premio Paul Ehrlich e Ludwig Darmstaedter da República Federal de Alemaña (1995)
- Premio Wolf en Medicina da Fundación Wolf / Estado de Israel (1996)
- Gran Premio Charles-Leopold Mayer (1996)
- Premio Internacional de Keio de Ciencias Médicas (1996)
- Premio Golden Plate da Academia Estadounidense de Achievement (1996)[7]
- Premio Horwitz Louisa daUniversidade de Columbia (1997)
- Medalla Benjamin Franklin do Instituto Franklin (1998)
- DoutorHonoris causa polaUniversidade Cardeal Herrera CEU (2005)[8]
- Medalla Nacional de Ciencias (2010)