OStade Vélodrome é un recinto deportivo da cidade deMarsella, inaugurado en1937, con capacidade para acoller pouco máis de 67.000 seareiros, no que xoga os seus encontros como local o equipo de fútbolOlympique de Marsella daLigue 1. O Stade Vélodrome ten a máxima consideración no sistema de clasificación daUEFA, pertencendo á categoríaÉlite ou5 estrelas.
NoMundial de Fútbol Francia 1998 o estadio tivo unha grande importancia, acollendo un total de 7 encontros, catro da fase de grupos, un de oitavos de final, outro de cuartos de final e unha das semifinais.
O Stade Vélodrome foi elixido para acoller varios encontros da futuraEurocopa de Fútbol Francia 2016, polo cal será aumentado de capacidade nuns 10.000 asentos e será provisto dun novo tellado que cubrirá tódalas bancadas.