| Peixe anxo Squatina squatina | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Squatina squatina noAquarium Finisterrae (A Coruña) | |||||||||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Crítico | |||||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||||
| Squatina squatina (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||
Antiga área de distribución dopeixe anxo. | |||||||||||||||||||||
| Sinonimia | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Opeixe anxo[1][2][3][4][5] (Squatina squatina) é unhaespecie detiburón dafamilia dosescuatínidos (coñecidos xeralmente comopeixes anxo), o de maiores dimensións da familia e o único representante dela en augasgalegas.
Ben adaptado para a camuflaxe no fondo domar, ten o corpo ancho e groso de forma aplanada, con grandesaletas pectorais epelvianas, e coloración dorsal gris ou parda con numerosas manchas pequenas escuras.
Como os outros membros da súa familia, o peixe anxo é undepredador de emboscada nocturno que espera enterrado nosedimento á súapresa, xeralmentepeixes óseosbentónicos, pero taménraias einvertebrados.
Éovovivíparo, e as femias paren de 7 a 25 crías cada dous anos.
Normalmente é considerado como pouco perigoso para os seres humanos; porén, cando se provoca, morde.
Capturado para a alimentación xa naGrecia Antiga, este tiburón vendíase habitualmente nos mercados europeos. Pero desde mediados doséculo XX a pesca comercial intensiva na súa área de distribución produciu un enorme declive das súas poboacións, estando localmente extinto en toda a zona norte do seu hábitat histórico (é moi raro encontralo xa máis ao norte deInglaterra),[6] e as poboacións restantes encóntranse moi fragmentadas, facendo a súa situación moi precaria debido ao seu lento ritmo de reprodución. Por iso aUnión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) cualificouno como CR (especie en perigo crítico).[7]
No litoral galego é pouco abundante, pescándose incidentalmente con artes dearrastre, xa que carece de interese comercial.[2]

As características máis salientábeis do peixe anxo son:[3]
O peixe anxo foi orixinalmente descrito polo suecoCarl Linnaeus, "o pai dataxonomía", en1758, comoSqualus squatina. Este autor non designou ningún espécime tipo.[8]
A palabrasquatina é o nome do peixe anxo enlatín, e foi nomeado así oxénero dos peixes anxo polozoólogo francésAndré Duméril en1806.[11]
Un estudofiloxenético baseado noADN mitocondrial, do ano2010, demostrou que a especie máis próxima aSquatina squatina eraS. aculeata. Ambas as especies forman unclado con algúns peixes anxo asiáticos.[12]
Historicamente o peixe anxo encontrábase na franxa do nordeste doAtlántico, desde o sur deNoruega eSuecia até oSáhara occidental e asIllas Canarias, incluíndo asIllas Británicas e osmaresMediterráneo eNegro. En tempos recentes foi erradicado domar do Norte e de grandes rexións do norte do Mediterráneo.[7]
Este tiburónbentónico habita naplataforma continental, preferindo substratos brandos (areosos ou lamacentos), onde repousa totalmente cuberto, con só os ollos asomando por fóra. Pódese encontrar desde a costa até os 150 m de profundidade.[3] En ocasións adéntrase en augas salobres.
Algunhas poboacións do norte realizanmigracións cara ao sur en inverno e cara ao norte en verán.[8]

Durante o día o peixe anxo normalmente permanece inmóbil enterrado no sedimento do fondo de forma que só mostra os seus ollos.[8] Durante o verán observáronse, enGran Canaria, grupos de até un cento de individuos.[13]
Coñécense variosparasitos desta especie, como asteniasGrillotia smaris-gora,G. angeli eChristianella minuta,[14] otrematodoPseudocotyle squatinae,[15] omonoxéneoLeptocotyle minor,[16] e oisópodoAega rosacea.[17]
O peixe anxo é un cazador nocturno de emboscada que se alimenta principalmente depeixes óseos que habitan no fondo, como oslinguados e outrospleuronectiformes, pero tamén deinvertebrados eraias. Está documentada a súadepredación sobre apescada (Merluccius merluccius),espáridos (ollomol,dourada etc.), peixes planos do xéneroBothus,Citharus linguatula, eSolea solea,luras (Loligo vulgaris),sepias (Sepia officinalis eSepiola spp.), e oscangrexosMedorippe lanata,Geryon trispinosus,Dromia personata,Goneplax rhomboides,Liocarcinus corrugatus eAtelecyclus rotundatus. O estómago dalgúns espécimes estudados contiña pasteiros mariños eaves (nun caso uncorvo mariño enteiro).[7]
Squatina squatina é unha especieovovivípara, o que significa que os ovos eclosionan noútero da nai e as crías aliméntanse dunsaco vitelino até o seu nacemento. As femias teñen dousovarios funcionais, aínda que o dereito contén máisoocitos. Esta asimetría funcional non se presenta noutras especies de peixes anxo. A diferenza da maioría dostiburóns, a formación da xema do ovo non ocorre simultaneamente co inicio daxestación, senón que se atrasa até a súa metade. Os óvulos maduros miden uns 8 cm e non están envoltos en ningunha cápsula. O ciclo reprodutivo estímase en 2 anos, aínda que non está ben definido. A ovulación ten lugar enprimavera. O número de crías relaciónase co tamaño da nai e oscila entre 7 e 25, sendo xestadas durante 8 ou 10 meses. O parto ocorre entre decembro e febreiro no Mediterráneo, e en xullo en Inglaterra, medindo as crías 30 cm de longo. Os machos e as femias maduran cando alcanzan respectivamente 0,8 m e 1,3 m de lonxitude.[7][18]

O peixe anxo xeralmente non é agresivo cos seres humanos, pero pode producir severas mordedelas se é molestado.[8] Cando un se acerca a un peixe anxo baixo a auga este normalmente queda inmóbil ou se afasta nadando, aínda que hai un rexistro sobre un exemplar que reaccionou ao acercamento dunmergullador nadando ao seu redor coa boca aberta.[13]
Os pescadores deben tratar a esta especie con especial coidado; na edición de 1776 deBritish Zoology, Thomas Pennant escribiu que é "extremadamente fero e perigoso". Coñécese o caso dun pescador ao que un exemplar especialmente grande desta especie que caera nas súas redes en augas pouco profundas, cando ía a collelo coas mans, lle arrincou unha perna."[19]
Os seres humanos explotaron o peixe anxo durante séculos.Aristóteles recolleu na súa obra zoolóxica datos como o feito de que dera a luz a crías vivas, e recoñeceu correctamente que se trataba dun tiburón, a pesar do seu parecido coas raias.[20][21] Outros autores daGrecia Antiga describen a carne dol peixe anxo como "lixeira" e "facilmente dixeríbel", ePlinio o Vello escribiu na súaNaturalis Historia (77–79 a.C.) que a súa pel áspera era moi valorada polos artesáns para puírmadeira emarfil.
A utilización desta especie para a alimentación humana mantívose até os tempos modernos, vendéndose fresca ou seca e salgada. Tamén se usou como fonte de aceite de fígado de tiburón e de fariña de peixe.[22]
Fontes dosséculos XIX eXX indican que o peixe anxo fora abundante por todas as partes das costas deEuropa Occidental. Yarrell (1836), Día (1880-1804) e Garstang (1903) sinalan que era común en torno ásillas Británicas, e Rey (1928) rexistrou que a especie era común en toda aPenínsula Ibérica e noMediterráneo. Porén, desde a segunda metade do século XX en adiante, o peixe anxo foi obxecto dunha intensa presión pesqueira comercial en gran parte da súa área de distribución. Debido aos seus hábitos bentónicos, e vivindo preto da costa, é susceptíbel de capturas incidentais porarrastre de fondo,trasmallos epalangres de fondo. A baixa taxa de reprodución deste tiburón limita a súa capacidade para soportar o esgotamento da poboación.[7]
O número de peixes anxo diminuíu notabelmente na maior parte do seu hábitat. Crese que está extinguido nomar do Norte e na maior parte do norte domar Mediterráneo, converténdose en moi pouco frecuente noutros lugares. Datos de pesca recompilados polo Grupo de Traballo de Elasmobranquios (GTPE) mostran que non se capturaron peixes anxo no Atlántico nordeste desde1998. Pero subpoboacións saudábeis aínda persisten en zonas donorte de África e ao redor dasillas Canarias.[7][23]
Como resultado destes abruptos descensos da poboación e a ameaza constante da pesca, aUICN avaliou o peixe anxo como "especie en perigo crítico de extinción". A especie está protexida dentro de tres reservas mariñas nasillas Baleares, aínda que non existen informes sobre a súa situación na zona desde mediados da década de 1990.[7] En 2008, o peixe anxo tamén recibiu protección legal completa ante as actividades humanas nas augas fronte aInglaterra eGales, desde a costa até unha distancia de 11 km.[24][25] Un programa de cría en catividade iniciouse enDeep Sea World, enNorth Queensferry, cos primeiros exemplares nacidos vivos en 2011.[26]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peixe anxo |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Peixe anxo |